11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7. Elementos etimolóxicos

294

Martín Sarmiento

problema etimolóxico? V. g., pídese a etimoloxía da planta

axedrea 13 . Respondo: o A engádese, o X vén do S, polo teorema

cincuenta e cinco do libro primeiro, o D vén do T, e resulta

satureia, que significa a mesma axedrea e en galego

segorella. Nos teoremas faltan algúns e en moitos teoremas faltan

exemplos porque todo o escribín á carreira; co tempo

emendarase todo o dito. No entanto, abondan os teoremas e

os exemplos propostos para que o máis testán se faga cargo

destes Elementos etimolóxicos. [381] Dese modo entrarei

desembarazado a formar e escribir, se Deus quixer, a avultada

obra dun grande Onomástico latino, castelán e galego etimolóxico,

canto ás voces físico, filolóxico canto ás cousas de erudición

e da Historia Natural, e cronolóxico canto ás alteracións

sucesivas das voces e das cousas. Confeso que o título promete

moito, sobre ser algo runfleiro, pero os que saben que o

título do Vocabulario portugués do padre Bluteau ten cincuenta

e sete adxectivos esdrúxulos desde o A ata o Z de Zoolóxico,

non estrañarán o título do meu Onomástico.

382

Non poderá menos de suceder que con tan repetido

manexo e combinación das voces latinas, xa puras, xa da

Media Idade, non tope con moitas voces francesas e italianas

que fagan ó caso para comprobar a etimoloxía, xa galega, xa

castelá, dunha voz. Daquela, incidentalmente, debe advertirse

a harmonía correspondente. Os mesmos franceses e italianos

afirman que os galegos, por rústicos que sexan, son os que

con maior facilidade e prontitude entran na lingua francesa e

italiana. Que con tanta e máis entren na lingua portuguesa non

hai que admirar, pois entran en cousa súa, agás as voces bár-

13. Axedrea é voz castelá, a grafía con x é antiga; na actualidade escríbese

con j. Na actualidade, pénsase que a palabra castelán vén do latín satureia,

como defende Sarmiento, pero a través do árabe shatriya; a voz galega

provén directamente do latín, tal como indica o noso autor. Véxase J. Corominas

& J. A. Pascual, Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico,

6 vols., Madrid, Gredos, 1980.

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

baras do Brasil, África e Oriente. [383] Non será moi difícil, e

será moi útil, que por modo de escolios ou de corolarios se

engadan debaixo algúns teoremas destes meus Elementos etimolóxicos

os máis principais teoremas das etimoloxías francesas

e das italianas. Todo poderá coadxuvar moitísimo para

entender de raíz non só a voz, pero tamén a cousa significada.

Dúas cousas entran nunha completa etimoloxía: a historia cronolóxica

da voz e as súas translacións metafóricas. E a historia

da cousa e das súas propiedades. Isto é o máis útil nas etimoloxías.

E xa se ve que con estes dous antecedentes poderá

correr a pena en calquera escrito.

384

Teño experiencia de escribir un ou dous pregos sobre

unha soa voz e paréceme que quedei curto. ¿E que sería se

escribise sobre unha cousa? Se esa cousa é un mixto da Historia

Natural, poderán escribirse dous tomos. Sobre o rinoceronte,

e en especial sobre o seu precioso corno, escribín

vintecinco pregos nos cales mesturo moitas etimoloxías curiosas

e reflexións que non lin en libro ningún. [385] O mesmo

digo doutros dezaoito pregos que escribín sobre un grande e

precioso cáliz de áloe, de dez sobre o cinocéfalo que vin en

Madrid, e de seis sobre un lince que teño na miña cela14 . O

mellor que traio neses papeis débollelo non ós libros, mais ó

exercicio da arte combinatoria e das etimoloxías, o que me

convenceu de que iso debe ser o Christus15 de toda ciencia.

Tan certo é que cousas sen voces, ou voces sen cousas, serven

de moi pouco, e que é indispensable estudiar a un tempo

as voces e as cousas para saír do costume de falar e entender

coma o papagaio, deixando de banda a racionalidade, prenda

característica do home, animal racional.

14. Refírese ós seus escritos Noticia dun corno do rinoceronte e Ligno

Aloes, ambos de 1762, e mais Sobre o lobo cerval ou lobicán e Sobre o papión

ou Cynocéphalo, ambos de 1760.

15. A Cartilla de Christus era o instrumento elemental para aprender a ler.

295

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!