11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

7. Elementos etimolóxicos

292

Martín Sarmiento

Este reparo é xusto e acredor a unha palmar solución. Confeso,

pois, que tanta multitude de etimoloxías que están espalladas

en todos os meus papeis manuscritos, pedían unha

comprobación universal para argumentalas e que non pregase

por amor de Deus a gracia de que se me concedesen

sobre a miña palabra.

375

Matinei, pois, en escribir uns pregos que fosen como

cabeza de todas e á cal todas se reducisen para a súa comprobación

e aínda demostración hipotética. E este é xa o prego

dezaseis desa cabeza, que ten por título Elementos

etimolóxicos segundo o método de Euclides. Comecei esta

obriña, como din, ab ovo. Toco nela a orixe das linguas e os

principios da linguaxe humana. [376] Propoño unha tentativa

para unha lingua case universal en todo o mundo e explico o

método de Euclides, que se debe aplicar ás etimoloxías. E

xustifico a verdade do título que ós antietimoloxistas semellará

fantástico. Non é fantástico, mais moi axeitado a esta cabeza.

Tendo presentes todas as etimoloxías castelás e galegas e

reducidas ó latín, quixen coordinalas con algún método fácil

e pronto e que un neno poderá entender e aplicar, ou para

saber de cál raíz latina se formou tal voz vulgar, ou para discorrer

en cál voz vulgar se conserva a voz latina, aínda que

con algunha alteración.

377

Por non aumentar confusións, contenteime con dividir

estes Elementos etimolóxicos en catro libros. No primeiro

poño as alteracións das consoantes latinas que mudan noutras.

No segundo, as vocais que mudan noutras. No terceiro

trato das letras que se perden ó pasar do latín ó vulgar. E

no cuarto das letras que se engaden. Puiden escribir o libro

quinto, da metátese ou transposición das letras; o sexto, das

etimoloxías cuxa raíz é algunha voz das linguas céltica, gótica

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

e dalgunha do norte; o sétimo, das etimoloxías da lingua arábiga

ou doutra oriental, e o oitavo, das etimoloxías das voces

das conquistas, que se deben estudiar nos viaxeiros. O libro

primeiro ten sesenta e catro teoremas; o segundo vintecatro;

o terceiro, dezaoito, e o cuarto, dez teoremas; e son en todo

cento dezaseis teoremas.

378

Chamo teorema a unha regra comprobada con dez ou

doce exemplos. v. g., o teorema corenta e nove do libro primeiro

di que o R se dobra, e próbase con doce. Logo este teorema

así demostrado debe obrigar ó asenso, e o mesmo digo dos

demais teoremas que xogasen nunha etimoloxía. Logo, concorrendo

a analoxía das letras e a identidade do significado, se fai

proba matemática de que a etimoloxía é evidente. [379] Estes

mesmos elementos e teoremas poderán servir, ou para que

aplicados a voces galegas e castelás se poida rastrexar a voz

latina de onde viñeron, ou para que, aplicados ás voces latinas,

se discorra cáles voces latinas se conservan nas voces vulgares.

Claro está que o acerto dependerá da combinación, penetración

e discurso do que tomará ese exercicio. Pero responderán

algúns que non omnibus est adire Corinthum12 . Confeso que

aquilo non é para todos, pero debe ser para todos os que unha

vez lean unha etimoloxía ben comprobada, recorran a estes elementos

e teoremas e se convenzan por si mesmos, e que lle

dean o debido creto, e que é xusta segundo as leis de etimoloxías,

sen facer gracia: ut cum factum fuerit credatis.

380

Non todos entenderán un problema de Euclides, pero o

que o le demostrado por outro en virtude dos elementos e

teoremas propostos, será moi túzaro se non o entende e asente

a el. ¿Que é pedir a etimoloxía dunha voz vulgar senón un

12. ‘Non todos teñen que ir a Corinto’, indicando que hai cousas que

non están feitas para todo o mundo.

293

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!