11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

7. Elementos etimolóxicos

369

290

Martín Sarmiento

Ben estou con que eses vivan contentos coa súa ignorancia,

pero ¿que razón alegarán para que eu sexa o albo das

súas censuras porque vivo teimudamente adicto ó estudio

das etimoloxías? Ese estudio nunca foi o meu principal asunto,

mais un asunto accesorio que non me estorbou dedicarme

a outros varios e diferentes estudios. Non pretendo que

os que teñen outros estudios útiles se dediquen enteiramente

ó das etimoloxías, que non os sacarán de pobres, pero ben

sei que a pouco que se dediquen os sacarán de ignorantes.

[370] Vendo a tenaz teimosía dos que murmuran dos etimoloxistas

e supoñendo que non o fan por malicia, senón por

ignorancia, estiven cismando na maneira de ceibalos dese

vergoñento erro. Para esa empresa ben coñezo que non

abondará que eu o diga, nin que o argumente o máis elocuente

retórico nin o máis sutil dialéctico, nin o exemplo dos

máis doutos homes que gastaron moito tempo e papel nese

estudio. Cómpre recorrer a probas matemáticas que os reduzan

ad incitas 10 e que os estreiten a conceder, velitis nolitis,

o meu asunto, tronzándolles todo recurso e terxiversación

con que ata aquí viñan escudados.

371

Arduo parecerá o asunto. Pero remito ás probas e á historieta

seguinte: polos anos de 1730 descubrín en min un

xenio dedicado a etimoloxías. E así fun axuntando máis de

trinta pregos con voces castelás distribuídas en pregos polo

ABC —pero todas as voces eran castelás—. Despois dei en

xuntar moitas voces galegas coas súas etimoloxías. Desde

aquela a hoxe teño escrito moitos e diferentes papeis a varios

asuntos, e fixen dúas xeiras por Galicia, onde recollín moitísimas

voces galegas puras, porque alí tomei por asunto facerme

cargo dos nomes galegos das cousas da Historia Natural e

10. ‘Que os acurralen, os apuxen ó último extremo’.

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

coa etimoloxía que se me ofrecía de pronto, reducíndoos á

lingua latina. [372] Para colocar todas esas voces e frases galegas

con algún método, maxinei compoñer un texto galego de

todas co fin de formar un Glosario ou comentario de cada

unha delas en particular 11 . Comecei ese Glosario e aínda que

xa levo escritos sesenta pregos, non pasou da vixésima parte

de todo o texto ou tecido de voces galegas. Nese Glosario

tomei a liberdade de amorear moitas etimoloxías galegas e

castelás para desentrañar mellor as cousas ou significados,

que decote é o meu fin principal, observando a analoxía das

letras como medio para ese fin. Nada proseguiría con máis

gusto que ese Glosario se me atopar con tempo sobexo; e se

Deus me der saúde agardo continualo.

373

Outra obra teño comezada co título Onomástico da lingua

galega, e aínda que xa levo escritos trinta pregos sobre

ela, véxoa só como un ensaio. Así nela coma no Glosario dito

sigo o método do citado Peroto na súa Cornucopia latina,

pois é o que máis se acomoda ó meu xenio; coa distinción de

que no Glosario vou atado á voz e frase galega que se segue

no texto galego xa citado e que ocupa oito pregos, mentres

que no Onomástico escollín algunhas voces ó meu arbitrio que

fosen moi vizosas de derivados. Alí adoito ocupar dous pregos

sobre unha voz, e aquí puxen unha análise da xeografía

de Galicia cos nomes de infindos lugares e coa etimoloxía de

cada un. [374] De maneira que, despois de que o ano de 1732

dei a lume os meus dous tomos da Demonstración críticoapoloxética,

levo escritos máis de mil cincocentos pregos

sobre diferentes e curiosos asuntos e todos están inzados de

varias etimoloxías, xa galegas, xa castelás, que xamais lin en

libro ningún. Fago a conta de que dirán que as máis das etimoloxías

van sobre a miña palabra e que non as demostro.

11. Obviamente, refírese ó Coloquio en mil duascentas coplas galegas e o

correspondente Comento ou Glosario.

291

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!