11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

7. Elementos etimolóxicos

288

Martín Sarmiento

migos do estudio das etimoloxías que nin coñezo nin xamais

me metín con eles. Pero eles quererían que eu me metese.

[364] O ano de 1745 estiven hospedado en Pontevedra en cas

meu irmán Francisco Xabier. Tiña dúas fillas, unha chamada

Francisca, de dez anos, e outra Escolástica, de só sete. Esta

nena era a suma viveza e a outra a suma quietude e inimiga

de enredar, e así refugaba á irmaciña cando quería brincar e

xogar inocentemente. Queixouse a nena de que a súa irmá

Farruquiña non quería reinar con ela e dixo a seu pai: Mi

padre, Farruquiña non se quere meter conmigo. Dígalle vostede

que se meta conmigo. Desta graciosísima, formal e orixinal,

e aínda inaudita queixa fun eu testemuña.

365

O chiste daquelas lizgairas queixas consistiu en que sendo

tan común que os nenos e irmáns se queixen a seus pais

de que tal ou tal se mete con eles, se queixase a dita nena de

que a súa irmá Farruquiña non se quería meter con ela. Á fin,

a inocencia non se goberna por leis, pero que tamén haxa

barbados que queiran gozar dos privilexios daquela inocencia

é risible. Eu nacín só e sempre vivín só e vivirei o tempo que

Deus gustar sen agregarme a confraría ningunha co falso pretexto

de querer ser máis racional. Xamais me metín con ninguén,

aínda cando moitos porfiaron que eu me metese con

eles, que non querían peitearse para min e coa equidade de

que eu tampouco debía querer peitearme para eles. [366]

Como católico que son, cativei sempre e cativarei o meu

entendemento in obsequium fidei8 ; como relixioso libremente

suxeitei desde a miña nenez a miña vontade e conducta ós

meus lexítimos superiores. E como monxe custoume pouco

vivir só, retirado e abstraído de todo humano comercio, civil,

político e literario. Por vestir a cugula e profesar neste mosteiro

de San Martín de Madrid teño que residir aquí. E aquí procurei

formar un deserto para vivir retirado e tan gustoso coma

8. ‘En beneficio da fe’.

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

se vivise nunhas brañas. A tanto retiro foi conseguinte que eu

non puidese meterme con ninguén.

367

Son coma o máis rústico aldeán que non ve xente nin

fala con ela senón os días de festa cando vén oír misa. Nisto

xustifico que a compaña non debe baixar de tres, coma as

Gracias, nin subir de nove, coma as Musas. Non preciso de

máis numerosa confraría para vivir racionalmente. E isto non

é compatible con que a miña intelixencia faga número cos

entendementos de reata ou cos monipodios literarios9 . Cada

un estudie o que máis for do seu xorne e capacidade, que eu

tamén fago o mesmo. Para isto nin eu preciso meterme con

moitos nin que moitos se metan comigo. Eses moitos poden

vivir e estudiar sen min. ¿E por que eu non poderei vivir e

estudiar sen eles?

368

Eu vexo o estudio das etimoloxías como a raíz e base fundamental

para entender, caletrar e comprender a orixe das

mesmas voces que falo e que antes só falaba coma un papagaio.

Os homes non se comunican por conceptos mais por

palabras, e os papagaios nin aínda por palabras poden comunicarse

porque xamais entenderán o mesmo que papagaian. A

penetrar ben a orixe e etimoloxía das voces, experimentei, non

sen especial gozo, que se me abría unha porta ancha para

entrar ó maior coñecemento das cousas significadas por elas.

En virtude de tanta utilidade, dediqueime ó gustoso estudio

das etimoloxías sen meterme nin lembrarme dos que anoxan

ese estudio porque nunca o probaron nin gustaron.

9. O autor quere dicir que a súa intelixencia repugna o gregarismo, tanto

dos que se limitan a ir tras doutros (a ‘reata’ era a corda que suxeitaba a dúas

ou máis cabalerías para que marchasen en ringleira) nin os que forman as

capelas ou mafias literarias. En definitiva, defende a súa liberdade de criterio

persoal e o seu inconformismo individualista.

289

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!