11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7. Elementos etimolóxicos

284

Martín Sarmiento

352

¿E que sucede con isto? Que lles usurpan catro anos da súa

máis florida idade en esquecer a súa lingua nativa e aínda aborrecela,

e en non aprender nin latín, nin castelán. Non o castelán,

pois ningún soubo castelán pola Arte de Nebrixa; e os galegos

que non viron tal Arte falan e escriben mellor o castelán ca moitos

casteláns naturais. [353] Os nenos galegos tampouco non

aprenderán o latín pola Arte de Nebrixa, pois non saben lingua

ningunha que sexa intermedia para a correspondencia do latín.

Non a galega, pois xa está esquecida, non a castelá, pois aínda

non está aprendida. Pola contra, exercitados os nenos galegos na

Arte da súa lingua nativa, e co latín correspondente, habilitaranse

moitísimo en penetrar a súa lingua e a castelá, e en breve tempo

estudiarán a lingua latina. E co mesmo método verán como cousa

fácil a lingua italiana e a lingua francesa (non digo para falalas,

mais para entendelas). Velaquí o grande paradoxo de que un

neno galego se poida facer cargo dos principios fundamentais de

cinco linguas, e en breve tempo; cando en catro ou cinco anos

non se pode facer cargo de ningunha. Espero evidenciala ó que

quixer poñer atención ó que aquí diga.

[7.4]

[O DICCIONARIO ETIMOLÓXICO DAS LINGUAS ROMANCES]

354

De catro modos poderán coordinarse as voces latinas.

Primeiro, polo alfabeto en lexicóns, diccionarios e vocabularios

—este modo é o máis doado, pronto e universal, pero é

o menos instructivo—. O segundo é por clases de cousas en

nomenclátores, onomásticos e índices —este modo instrúe

moito porque se ven as cousas todas xuntas—. O terceiro é o

que usou Nicolás Peroto na súa Cornucopia, pois sen saír do

Comento do libro primeiro de Marcial, a cada palabra pon

todos os derivados dela7 . [355] O cuarto modo de coordinar

7. “Peroto, Nicolás. Cornucopia, ou Diccionario Latino sacado e composto

das raíces latinas que se atopan no Libro 1º de Marcial; e comentario seu

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

as voces e raíces latinas coido que é da miña invención, pois

non vin autor que o usase para o fin a que o aplicarei. Hai

libro de raíces gregas, hai libro de raíces hebreas, etc., pero

non vin libro de raíces etimolóxicas, nin diccionario que as

conteña, para facilitar a pescuda de etimoloxías de moitas

voces galegas, castelás, portuguesas, italianas e francesas. E

este diccionario será a clave fundamental para pechar a boca

a todos os antietimoloxistas.

356

Tómese o Calepino de sete linguas que aumentou Jacob

Facciolati, e ben común, pois supoño que é o máis completo

de voces latinas. Debe repasarse desde o A ata o Z lendo

todas as voces. En papel á parte deben irse colocando todas

as voces latinas que, ou como soan ou cunha lixeira inflexión,

pero gardando sempre unha constante analoxía etimolóxica,

se conservan ou conservaron, no castelán puro ou no puro

galego, e por incidencia, que tamén se conservan no dialecto

francés e italiano e noutros dialectos provinciais, e que por

acaso se conservan tamén en linguas estrañas que non son

dialectos da latina. [357] De todas as voces latinas de Facciolati

formou catro clases: primeira, das que nin canto á voz nin a

significado se conservan en dialectos. Segunda, das que non

se conservan canto á voz, pero si canto ó significado. Terceira,

das que se conservan canto á voz, como soan, e canto ó significado

fixo. E cuarta, que conservándose canto ó fixo significado,

só se conservan canto o material da voz latina con

algunha alteración de tales e tales letras. Exemplo da terceira

clase: como sol, lúa, estrelas, auga, viño, etc. [358] Pero as

voces da clase cuarta son o obxecto das etimoloxías, como:

latín = castelán = galego = italiano = francés: merula = mirlo =

merlo = merlo = merle; propago = provena = probaixa = provana

= provin. Con estas voces van as que quedan postas nos

sobre o Proemio de Plinio; ó comezo está Salustio comentado por Lorenzo

Valla. Venecia, 1493”.

285

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!