11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

instalárase definitivamente na capital de España (1725), sen

case chegar a trepar a súa terra. Contra o final do presente volume

reproducimos o escrito Vida e viaxes literarias, número e

cualidade dos escritos do reverendísimo padre frei Martín Sarmiento,

onde se comprobará que a súa biografía se confunde

practicamente co seu currículo erudito [APÉNDICE 3].

De feito, Sarmiento viviu practicamente recluído na cela

do seu convento madrileño, entregado dunha banda á silandeira

e gozosa dixestión da súa biblioteca, impresionante polo

número e a cualidade dos títulos que acollía, e doutra á práctica

dunha furiosa grafomanía, destilada en milleiros de cartas

con selectos correspondentes, un voluminoso diario paciente

e regularmente proseguido, centos de notas do máis variado

tipo, ducias de escritos ateigados de erudición e enxeño, e

varios informes escritos a pedimento de sobranceiros personaxes

da alta política do seu tempo. Pero, malia a imaxe de si

mesmo que el propio se empeña en transmitir (e que coidamos

confundiu algúns estudiosos), Sarmiento non permaneceu

á marxe da vida cultural, social e política do seu tempo.

De certo, foi implacablemente selectivo canto ós asuntos en

que pousar a súa atención, e desprezou olimpicamente aqueles

que non lle interesaban. Neste senso, pode dicirse que foi

un intelectual quimicamente puro: apaixonado polo coñecemento,

só se pregou ós prexuízos ideolóxicos, ás convencións

sociais e ás servidumes do poder na exacta medida en que

estimou imprescindible para que se lle permitise perseguir os

seus verdadeiros intereses.

Endebén, eses intereses intelectuais non se circunscribían

a cuestións eruditas, desvencelladas das inquedanzas e dos

problemas sociais do momento. Pola contra, as preocupacións

de Sarmiento tocaban varias das cuestións máis punxentes

do pensamento europeo do século XVIII, un

pensamento caracterizado precisamente pola súa atención ós

problemas do home corrente e da sociedade civil e pola procura

de solucións prácticas, racionalmente fundadas, a eses

problemas. Neste senso, hai que deixar claro que o noso

30

Henrique Monteagudo Henrique Monteagudo Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

autor non foi, nin moito menos, un rato de biblioteca. Mantivo

unha vida social relativamente intensa, tanto a través das

tertulias na súa cela coma da súa correspondencia; foi considerado

un personaxe de relevo na mesma corte real (aínda

que con sona de excéntrico, iso si); e tivo moi claro que

debía orientar o seu traballo á mellora do nivel cultural do

conxunto do país, non soamente das elites, e ó incremento

do benestar material de todo o pobo, non só das camadas

privilexiadas. E aquí por ‘país’ e ‘pobo’ debe entenderse

España toda, pero de xeito moi especial Galicia.

Tamén é certo que Sarmiento era consciente das pesadas

limitacións que lle impuña a sociedade española do seu tempo

a unha persoa na súa posición (véxase Mestre 1976), e

non se atreveu a desafiar esas limitacións, ou considerou inútil

facelo. Isto explica, moi probablemente, que o groso do

seu labor intelectual quedase condenado ó anonimato.

3. CONSIDERACIÓNS XERAIS SOBRE A OBRA FILOLÓXICA

DE SARMIENTO

Antes de considerarmos de xeito específico a obra de Sarmiento,

cómpre salientar algúns puntos básicos do pensamento

científico e humanístico setecentista que adoitan a darse

por supostos nas achegas actuais a este autor, en prexuízo

dunha comprensión axustada daquela. Primeiramente, débese

ter en conta que a articulación interna do campo do saber no

século XVIII ofrecía un panorama considerablemente diferente

ó actual. Non nos referimos soa nin principalmente ós instrumentos

de investigación ou ós métodos de traballo, pero ós

seus mesmos obxectos e finalidades, á subdivisión da ‘árbore

das ciencias’ en disciplinas, ás relacións e xerarquías existentes

entre estas, ó nivel respectivo de especialización. Por parte,

existen grandes diferencias canto ó grao de institucionalización

das distintas ciencias e das instancias de producción e

reproducción de cada unha delas. Especialmente, hai que ter

31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!