11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7. Elementos etimolóxicos

276

Martín Sarmiento

entender que saben moitas: teñen un libriño impreso que é

un Onomasticon no cal están divididas por clases e en columnas

todas as voces que significan as cousas máis comúns

e triviais que adoitan ocorrer nos camiños, pousadas e conversas,

con algunhas frases vulgares. Eu teño un en oito linguas

vivas 3 .

16

As linguas mortas son as que xa non se falan, pero se

falaron antigamente. Esas só se conservan nos libros e por

eles se teñen que estudiar, como a latina, grega, hebrea, caldea,

siria, etc., e aínda a arábiga literal do Alcorán, Avicena,

etc. Canto as linguas vivas son copiosas de voces, tanto son

diminutas delas as linguas mortas. As linguas mortas están

reducidas en lexicóns e diccionarios, para as linguas vivas

non hai vocabularios que abonden. Non baterei con moitas

voces de pura latinidade das que non ache ou poida achar

explicación nos meus libros. Pola contra, cada día leo e sinto

voces castelás das que non podo achar explicación nos

libros, nin ma saben dar os mesmos que as falan. ¿E que

farei nese caso? [17] Ese caso, repetido, é o que naturalmente

me obrigou a recorrer ó estudio das etimoloxías das voces

castelás. Con máis razón debo dicir o mesmo das voces galegas

que se len nos instrumentos antigos en galego e das

voces soltas que oín da lingua viva en Galicia, pois nin

unhas nin outras entendín senón ó aire. A razón é palmar.

Para as voces castelás hai moitos libros de gramática e moitos

diccionarios que me poidan dar algunha luz. Pero para

as voces galegas nin hai libros nin gramáticas que ma dean.

¿E que recurso queda neste caso? Non hai outro senón acudir

ó estudio das etimoloxías das voces galegas puras. Se ese

estudio é árido, seco, espiñento, desagradable e esgrevio, e

falsamente arbitrario para os que o aborrecen, eu penso

doutro xeito.

3. Trátase do Calepino en sete linguas. Véxase texto 5, § 92, en nota.

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

18

Non entro en cando comezaron a formarse os dous dialectos,

galego e castelán, nin tampouco en cando comezaron a

falarse, como destetados xa da súa nai e matriz, a lingua latina.

Abonda para o caso saber cando se comezaron a escribir.

Nin do un nin do outro se atopou, ata agora, escrito ningún

fidedigno anterior ó século XII, e os que se acharen serán un

chapurreado de mal latín e peor vulgar. Ó século XIII, pois,

debe reducirse a época de escribir os vulgares castelán e galego,

e aínda en tempo de san Fernando son comúns os instrumentos

medio en latín e medio en vulgar. [19] Os galegos

conservaron o costume de escribir os seus instrumentos públicos

e privados no vulgar galego ata Carlos V, pero canto a

falar ese mesmo vulgar idioma, proseguiron ata hoxe falándoo

en toda Galicia. Isto trouxo a grande utilidade de que o dialecto

se conservase, e se conserve, purísimo, e aumentase

moito sen pasar a idioma heteroxéneo, como lle pasou ó castelán,

precisamente porque se escribe. Teño observado que as

linguas vulgares que soamente se falan e non se escriben son

case eternas, inmutables, e que cada día aumentan máis e

máis, conservando sempre o carácter privativo da lingua. Quero

dicir que as voces que incrementan non son estrañas mais

derivadas das mesmas raíces da lingua, segundo as leis e analoxía

dela mesma, sen conexión con lingua estraña.

20

Pola contra, a lingua que se escribe cada día vai perdendo

máis e máis as súas voces puras e primitivas e só se acrecenta

de voces estrañas e exóticas que xamais foron nin serán

da lingua e que ninguén do pobo as entenderá. Isto explícase

porque os que escriben procuran acomodarse á linguaxe e

voces dos libros, abandonando as voces puras da lingua que

saben, entenden e falan os vulgares desde tempo inmemorial,

de maneira que hai dúas linguas castelás: unha, a provincial e

das xentes, que é homoxénea e metódica, e outra, a dos

277

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!