11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

7. Elementos etimolóxicos

10

274

Martín Sarmiento

En virtude de todo o dito, tardei pouco en observar que a

lingua galega e a castelá non son senón dous dialectos da lingua

latina en toda a súa extensión, e que canto máis se recúa

séculos, case coinciden eses dous dialectos. Isto é moi do caso

para que os casteláns se aproveiten dos Elementos

etimolóxicos, pois hai moitas voces puras galegas que tamén se

usaron no puro castelán, pero xa se perderon de todo. Antes

dos godos a analoxía e alteración das letras latinas era uniforme

nos dous dialectos, despois, co tempo, o dialecto castelán

apropiouse dunha especial analoxía e o galego, tan tenaz, non

quixo mudar a súa. [11] Non hai cousa máis vulgarizada que

dicir que o puro idioma castelán é unha corrupción da lingua

latina e que o puro galego é unha corrupción da lingua castelá.

Son dous erros vulgares e errada a intelixencia da voz corrupción

en materia de linguas, confundindo a analoxía coa

corrupción. O castelán foi formándose paulatinamente do latín,

gardando sempre a analoxía das letras. O mesmo digo do galego.

Pero xamais o galego se formou do castelán. Non ó principio,

pois as dúas nacións falaban un mesmo latín. Non na

Media Idade, pois Galicia tiña reis, e non Castela, e o idioma

que daquela se falaba non puido derivarse do que se falaba en

Castela. Non ó remate, en fin, pois xa Galicia e Castela son

dúas diferentes provincias.

12

Pero cada unha observa a súa analoxía peculiar e cada

unha con respecto á latina como a clave, orixe e raíz de onde

procederon os dous dialectos, galego e castelán. Non falo

aquí do idioma vasco, pois seguramente non é dialecto da

latina, e cando máis será un subdialecto dalgún dos moitos

dialectos da lingua universal céltica xa perdida. Tampouco

falo das outras linguaxes particulares doutras provincias que

son como subdialectos ou da castelá, ou da galega, como é a

portuguesa, ou da lemosina e provenzal, cales son a catalana

Martín Sarmiento 7. Elementos etimolóxicos

e valenciana, que non teñen conexión, senón remota, coa

castelá e coa galega.

13

Nestes Elementos etimolóxicos só xogarán principalmente

tres linguas: a latina, como nai, e a castelá e a galega, como

fillas. Dos outros subdialectos provinciais usarei incidentalmente

e con inevitable parsimonia porque eu non os sei. O

mesmo digo doutras linguas mortas e vivas; non coma quen

as entende, mais coma quen leu a explicación desta ou da

outra voz solta nos libros latinos dos que as entendían. Así

poderei citar voces gregas, hebreas, sirias, arábigas e doutras

linguas exóticas que xamais souben. Nisto nada hai de leria

nin vaidade, pois aborrezo o primeiro e hai xa máis de cincuenta

anos que estou evidenciado por min mesmo que non

teño en que atar un gran de sal para fundar vaidade de prendas

naturais, morais e intelectuais. Despois de Deus, debo

este coñecemento á moita e varia lectura que teño feito.

14

O ter lido moito nin proba ciencia nin intelixencia de linguas,

e a árida intelixencia dunha soa lingua nin proba ciencia

nin erudición. Case todos os iletrados de España falan,

entenden e escriben a lingua castelá e non por iso deixan de

ser iletrados se non teñen outros estudios. E teño para min

por imposible que haxa castelán ningún que saiba a mesma

lingua que mamou con toda perfección e extensión. O mesmo

digo doutra calquera nación e dun nacional que fale a

súa lingua viva que mamou. [15] A lingua viva que se fala ten

unha infinidade de voces. Saberá máis desa lingua o que souber

máis voces. E como cada día aumenta o número, non é

posible que haxa un que as saiba todas, todas. Na China gradúanse

os literatos polo maior ou menor número de caracteres,

cada un dos cales significa unha cousa enteira. As linguas

vivas son necesarias para os que van andar polo mundo, pero

estes teñen un atallo para non saber ningunha e daren a

275

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!