11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

6. Orixe da voz galega mixiriqueiro

entendemento perspicaz e natural, son papeis mollados todos

eses escritos que miran a luír a lingua e a introducir unha elegancia

servil.

59

Di o dito Nunes que a lingua portuguesa se avantaxou

tanto á galega, “quanto na copia e na elegancia dela vemos”.

Falando da verdadeira elegancia e da copia propiamente tal,

en maldita cousa se avantaxou o subdialecto portugués ó dialecto

galego. Léanse os escritos portugueses anteriores ó rei

Don Sebastián, e non se atopará neles sombra de máis elegancia

e de máis copia do que nos escritos manuscritos que

se conservan en galego. Teño presente Rui de Pina e García

de Resende8 , e nin polo forro notei neles farrapo de máis

copia nin de máis elegancia.

60

O Padre Bluteau pon ó comezo do seu Vocabulario portugués

os escritos en portugués que tiña presentes para a súa

obra. Noto en primeiro lugar que só para o título amoreou

cincuenta e sete adxectivos, e ningún é voz portuguesa; pero

ou pura grega, ou pura latina. E isto é máis copia? Noto en

segundo lugar que de trescentos setenta escritos en portugués

que propón, se se atende ós anos de impresión, só vinteún

tocan á época antes de Filipe II, cento cincuenta e seis ós

anos en que Portugal estivo unido a Castela, e cento noventa

268

Martín Sarmiento

8. Rui de Pina (c. 1440-c. 1520), garda maior do Arquivo do Reino, compilou

as crónicas dos reis de Portugal desde Sancho I ó seu coetáneo João II

(esta última é citada máis abaixo no texto). Garcia de Resende (c. 1470-

1536), poeta e historiógrafo, secretario particular do rei João II, foi o encargado

da compilación do Cancioneiro Geral (1516), a máis importante

colectánea de poesía producida en Portugal no século XV e comezos do XVI.

No catálogo da súa biblioteca, Sarmiento anota: “Cancioneyro Geeral: colección

de máis de 120 poetas portugueses antigos, en letra gótica. Lixboa,

1516. Este cancioneiro, e nesta impresión, é libro rarísimo que non ten prezo;

é evidente pola encadernación en tafilete, o dourado e as armas, que foi do

Conde Duque” [de Olivares?].

Martín Sarmiento 6. Orixe da voz galega mixiriqueiro

e tres ós anos que seguiron ó levantamento 9 . [61] Noto en terceiro

lugar que está moi minguado nos escritos anteriores a

Filipe II e que lle esqueceu o Cancioneiro Geral portugués de

García de Resende e a súa Crónica de Don João II e outros

moitos. Noto en cuarto lugar que entre os escritos do tempo

da unión lle esqueceron João de Barros 10 , autor moi clásico, e

outros. E finalmente noto en quinto lugar que os autores de

despois da separación se inflan con libros de pouco miolo.

Con palabras que se atopan nun sermón, nin se pule, nin se

autoriza, nin se fai copiosa unha lingua 11 .

62

Sendo tan clásicos os autores que escribiron nos sesenta

anos da unión, quixera que me dixese Duarte Nunes se os

portugueses tiveron neses sesenta anos algunha Corte de Rei

propio. E sendo evidente que non tiveron máis rei que o que

tiñan os galegos, apálpase que nin Corte nin Rei nin Roque

cómpre para falar, cultivar e escribir unha lingua.

M. Sarmiento, Origen de la voz gallega mixiriqueyro. Madrid, 1759.

Texto inédito

9. Sarmiento periodiza tomando como fito o dominio filipino (1580-

1640), durante o cal as coroas de Portugal e España estiveron unidas nas persoas

dos Austrias españois Filipe II, Filipe III e Filipe IV, ata o ‘levantamento’

de 1640 que abocou Portugal á separación.

10. João de Barros (c. 1496-1570), célebre escritor, gramático e historiador

renacentista, é un dos grandes clásicos da literatura portuguesa. É autor,

entre outras obras, da novela de cabalería Clarimundo (1522), o diálogo filosófico

Ropicapnefma (1532), a Gramática da Lingua Portuguesa (1540) e as

Décadas (1552-1563), crónicas da expansión portuguesa polo mundo.

11. Probablemente, Sarmiento refírese aquí ó Padre Antonio Vieira (1608-

1697), insigne prosista e o máis importante pregador sacro do século XVII

portugués, célebre polos seus Sermoens (1679-1697).

269

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!