11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

6. Orixe da voz galega mixiriqueiro

266

Martín Sarmiento

primitivo reino católico da Cristiandade? Quen ignora que o

Reino de Portugal é o último dos reinos que se estableceron

en España? Quen non sabe que iso foi sobre un retallo do

Reino de Galicia, que só se deu en goberno? Xamais puiden

ver o instrumento de don Afonso VI que dea fe e que nos

indique quen foron, senón os galegos, os que conquistaron

de mouros o que hoxe é Reino de Portugal. Un home soilo,

con título de conde, non conquista, sen moitas tropas. Don

Henrique 7 nin as trouxo, nin as tiña. O recurso a tropas

estranxeiras que viñeron por mar, é fuxir de Galicia e confesar

coa lingua aínda hoxe que os que conquistaron Portugal

foron os galegos.

54

Galicia sempre foi reino, e tivo Corte e Cortes aquí ou

acolá. Lugo e Braga dos suevos: alí se xuntaban os concilios,

e non en Portugal. Lugo e Santiago, dos reis que sucederon

ós suevos. En Santiago coroouse o emperador Afonso VII,

que nacera en Galicia. Os fillos dos reis godos criábanse xunto

a Baiona. San Fernando e mailo seu fillo Afonso o Sabio

criáronse en Galicia, como consta das coplas que o mesmo

don Afonso escribiu en lingua galega. [54 bis] Daquela non

había lugar permanente para a Corte, nin tampouco a tivo o

Reino de Portugal. Todo o territorio era Corte, porque en

todas as partes e por todas as partes andaban os reis: “Onde

está o Rei, está a Corte”. Dicir que a Corte é a oficina onde se

forxan os vocábulos e se pulen, é manifesto erro. Toda Corte

permanente e única é unha babilonia, onde, lonxe de luírse a

lingua, se confunde con outras, e se enlarafuza con voces

bárbaras de todas as nacións. [55] Tendo en conta que Lisboa

foi máis infestada e apestada de nacións bárbaras ou forasteiras

a causa das conquistas e do comercio, digo que a linguaxe

portuguesa que se fala en Lisboa é a máis híbrida e

7. Refírese a Henrique de Borgoña, conde de Portugal (c. 1096-1112), pai

do primeiro monarca portugués, Afonso I Henriques.

Martín Sarmiento 6. Orixe da voz galega mixiriqueiro

corrupta linguaxe de Portugal. Non nego que en Lisboa haxa

moitos que falen con pureza o portugués; pero iso será ou

polos libros ou porque xa o falaban antes. Para iso non se

precisa Corte; nin tampouco na Corte pode haber acento fixo,

nin pronuncia constante, a causa da variedade de nacións

concorrentes.

56

O ilustrísimo señor Feixoo fala como escribe. Poucos

negarán que o estilo das súas obras sexa escorreito, luído, claro

e elegante. E con todo iso, xamais se criou na Corte, nin

precisou dela, para posuílo. Non obstante, el mesmo refire

canto superior era o gozo que experimentaba oíndo falar en

galego un pobre rústico arrocheiro que levaba o viño ó Colexio

de Lérez, benedictino, xunta Pontevedra. Era alí lector de

Artes o ilustrísimo Pañelles, que morreu bispo de Mallorca, e

era pasante o ilustrísimo Feixoo. Gustaban tanto os dous de ter

coloquios co devandito rústico galego, que acordaran avisarse

un a outro cando viñese o arrocheiro para baixaren os dous a

sentilo falar e parolaren con el. Non era a dozura do idioma

galego o que os engaiolaba, senón a natural elocuencia.

57

Aquel rústico non sabía escribir, nin aínda ler. Nacera

nunhas fragosas montañas, xamais vira Corte, só sabía falar o

seu idioma nativo. Endebén, era tan naturalmente discreto e

elegante que nos seus discursos engaiolaba os dous ilustrísimos.

Logo, esa pataqueirada de Corte e Oficina é unha matrácola

para querer aloumiñar os que non viviron na Corte. A

elegancia de voces non se ha de regular pola multitude das

superfluas, exóticas e sexquipedais, pero polas máis propias e

expresivas, e sobre todo que sexan nativas. [58] Nin os reis,

nin o clima das cortes, nin as galas, nin as modas, nin os moitos

caudais, nada diso dá entendemento. Este só o dá Deus, e

repárteo por cortes, cortellos, vilas, aldeas e lugares. Sen un

267

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!