11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

6. Orixe da voz galega mixiriqueiro

264

Martín Sarmiento

Multa renascentur quae iam cecidere cadentque

quae nunc sunt in honore vocabula, si volet usus;

quem penes arbitrium est et ius et norma loquendi 4 .

A expresión “usus” e “norma loquendi”, refírese á fala do

común, non pola escritura de tres ou catro autores que a quixeron

alterar, como Juan de Mena, Juan de Lucena 5 e outros

que, aínda que o tentaron, non o deron conseguido.

47

Pero se para o Vocabulario galego fosen indispensables

algúns escritos, teño certeza de que se poderán cargar moitos

carros dos instrumentos escritos en galego que aínda se conservan

nos arquivos de Galicia, desde San Fernando ata a

metade do século XVI. Galicia ten outra singularidade que

non ten Portugal, e é que recuando de San Fernando ata primeiros

do século IX conserva moitos instrumentos latinos con

caracteres góticos e moitísimos instrumentos latinos con caracteres

que chaman casteláns6 . [48] Todo debe contribuír ó

vocabulario galego. O texto gótico para observar nel a inmediata

derivación do latín; o texto latino posterior, para observar

nel os principios do dialecto galego, con vistas a fixar a

ortografía; e a linguaxe vulgar de hoxe, que non se escribe,

para admirar a copia de voces galegas. Xunto todo o devandito

e impreso, despois non sería tan difícil formar un Tesou-

4. ‘Moitas palabras que xa caeran renacen, e outras que agora circulan

caerán se o quere o uso, que é coma quen di o árbitro, a lei e a norma do

falar”, célebre aforismo de Horacio, contido na súa Epistola ad Pisones, unha

especie de autopoética.

5. Juan de Mena e Juan de Lucena son dous poetas do século XV que

salientan polo seu afán de latinizar no léxico e na sintaxe o romance castelán,

o que motiva os axes de Sarmiento.

6. Sarmiento refírese a documentos escritos en latín, empregando o que

hoxe chamamos ‘letra carolinxia’ (caracteres casteláns), introducida no centro

e oeste da península entre os finais do século XI e a metade do século XII, e

anteriormente, en ‘letra visigótica’ (que na Idade Media se denominaba ‘letra

galega’, aínda que isto ignorábao Sarmiento).

Martín Sarmiento 6. Orixe da voz galega mixiriqueiro

ro etimolóxico da lingua galega, reducindo case todas as

voces do dialecto á lingua latina, a súa matriz.

49

Exemplo. Entre as oitocentas voces que pon Nunes como

nativas de Portugal, pon regueifa; sendo que hoxe é trivial en

toda Galicia esta voz, por ‘rosca’ ou ‘molete de pan’. Nun instrumento

latino do ano 1167 que eu lin en Samos atópase

esta expresión “prandiis et regeiphis”. Que ten que ver Samos

con Portugal? Tamén nos quixo meter por aborixe a voz prata.

É trivialísima en Galicia, e eu lin nun instrumento gótico

de Galicia a mesma voz prata.

50

Quixera eu ver cos meus ollos o instrumento máis antigo,

xa en latín, xa en vulgar, que os casteláns, portugueses e

galegos coidan ser tal, para reflexionar de qué fe son merecentes,

e qué antigüidade verdadeira ten cada un deses instrumentos

respectivos.

52

O mesmo Duarte Nunes, páxina 32, disparatou do seguinte

teor: “[as lingoas de Galliza e Portugal eraõ antigamente

quasi h ~ ua mesma, nas palauras & nos diphtongos e na

pronunciaçaõ que as outras partes de Hespanha naõ tem.] Da

qual lingoa Gallega a Portuguesa se auentajou tanto, quãto na

copia e na ellegãcia della vemos. O que se causou por em

Portugal hauer Reis e corte que he a officina onde os vocabulos

se forjaõ e pulem e onde manaõ pera os outros hom ~ es, o

que nunqua houue en Galliza”. É a canto puido chegar a

aldraxante fantochada, imprimir que nunca houbera en Galicia

reis nin corte. [53] Que quere dicir Reino de Portugal en

comparanza co Reino antiquísimo de Galicia? Que rapaz ignora

que o Reino de Galicia, polos suevos, é o primeiro e

265

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!