11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

254

Martín Sarmiento

ña. Alí hai moitos de Galicia e en partes hai crítica dalgúns.

Gándara en folio e en cuarto é máis necesario 55 . Poderán terse

léndoos con crítica. Sota, Príncipes de Asturias 56 , é un conto,

pero son útiles os instrumentos que cita ó último. Todo o de

don Luís Salazar debe terse 57 , porque na Casa de Lara pon os

instrumentos xustificativos. E abonde o dito para a cautela.

715

Aínda falta outra cousa e é que ningún xenealoxista portugués

se debe acreditar nin ler, a non ser para impugnalo con

desprezo, ben merecido pola súa ingratitude e polas portentosas

e fantásticas mentiras con que enzoufan o papel. A ese fin

debe comprarse a calquera custa a citada Corografia portuguesa

de Carvalho. Tómese o tomo primeiro, que todo é de Entre

Douro e Miño, léase de verbo ad verbum e con pena na man.

[716] Sáquense nun caderno todos os lugares, apelidos e os

que el chama soares. Despois farase un índice alfabético universal

de todos para citar e poder gobernarse. Feito ese, compárese

co índice alfabético universal dos lugares, apelidos e

soares de Galicia. Nesa comparanza debe exercer Alethophilo

toda a súa crítica, sen faltar á verdade nin nun punto. Terá presentes

as seguintes regras xerais de crítica.

717

Primeira: sempre que hai un apelido mesmo en Portugal

e no centro de Galicia, e ese apelido non se atopa no texto

do conde don Pedro, ese apelido pasou de Galicia. Segunda:

sempre que o hai tamén no conde don Pedro, cotexe a maior

antigüidade deses dous apelidos, e se hai máis antiga memo-

55. “Gandara, Fr. Phelipe de la. Nobiliario, Armas y Historia de Galicia.

Madrid, 1677.”

56. “Sota, Fr. Francisco. Chrónica de los Principes de Asturias y

Cantabria. Madrid, 1681.”

57. “Salazar y Castro, D. Luys. Casa de Lara. Madrid, 1694 e 1696. Do

mesmo, Casas de Austria y Baviera, y sus enlazes. Madrid, 1689.”

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

ria do en Galicia, de Galicia pasou a Portugal o do conde don

Pedro. Terceira: sempre que houber dúbida, vótese por regra

xeral que pasou a Portugal o de Galicia e non ó contrario. [718]

Cuarta: sempre que se atope en Portugal un lugar ou poboación

e que no centro de Galicia hai outra poboación co mesmo

nome, a poboación de Portugal é poboación de galegos e non

ó contrario. É palmar, pois os portugueses xamais poboaron en

Galicia e os galegos, segundo ían liberando Portugal de mouros,

ían poboando o país de galegos, de apelidos e dos nomes

de lugares que deixaban no seu país. Isto fixeron os españois

na América e non ó contrario, e o mesmo fixeron os portugueses

nas súas conquistas ultramarinas.

719

Quinta: sempre que en Portugal houber algún apelido

que se tomou dalgún lugar e ese lugar non o hai en Portugal,

pero si en Galicia, vótese que ese apelido, aínda que non o

haxa en Galicia, de Galicia pasou a Portugal. É moi crible que

hoxe suceda o mesmo cos milleiros de galegos que pasan a

Portugal, pois, aínda que non pasan como conquistadores,

son infindos os que casan e quedan en Portugal. Sexa un

Pedro Fernández, natural, v. g., de Cándoas. Este no seu

lugar só se chamaba Pedro Fernández, e en Portugal para distinguirse

doutros Pedro Fernández, tomará o apelido de Cándoas.

Co tempo será Cándoas apelido en Portugal e non

obstante que en Galicia non creo que haxa apelido de Cándoas,

o apelido Cándoas en Portugal será apelido que pasou

alá de Galicia por razón do lugar. [720] Sexta: sempre que no

centro de Galicia se use unha voz galega e que se use tamén

en libros portugueses, esa voz pasou de Galicia a Portugal.

Por esta razon as voces mixiriqueiro, mágoa, saudade, aínda

que se usan en Portugal, son primitivas galegas. Duarte

Nunes pondera tanto a súa voz mixiriqueiro por antiga e

especialísima portuguesa que di que non se lle sabe a orixe.

Eu digo que é latina e despois pasou a ser galega. Teño

materiais para escribir un prego sobre a voz mixiriqueiro que

255

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!