11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

de papel sobre a mesa, ou con seis cadernos distintos cos

seus rótulos ó principio, v. g.:

Primeiro caderno, para a lingua latina, galega e castelá e

etimoloxías.

Segundo caderno, para cousas de Xeografía e correspondencia

dos lugares antigos cos de hoxe.

Terceiro caderno, para cousas da Historia Natural e Botánica,

segundo as voces.

Cuarto caderno, para todo xénero de filiacións de reis,

señores, particulares e sucesións de empregos, e sobre fórmulas

ou costumes singulares.

Quinto caderno, para todo xénero de inscricións, moedas,

pesos, medidas, datas, épocas, etc.

Sexto caderno, para apuntar todas as persoas que asinan

no instrumento e cos seus oficios, distinguindo os góticos dos

latinos.

704

¿Quen acreditaría que dun vello instrumento antigo, que

se despreza ou se mira como cousa estéril, poderán tirarse as

utilidades expostas nos seis cadernos e outras que se deducen

delas? Pois así é, e eu falo por experiencia. Deste xeito,

o primeiro coidado será recoller, ou mercándoos ou pedíndoos

emprestados, todos os libros impresos que teñen á letra

algún instrumento antigo que toque a Galicia; todos, todos

deben lerse de verbo ad verbum e extractarse nos seis cadernos,

numerando os instrumentos, poñendo a data e citando

o autor que os imprimiu á letra. [705] Decátome de que non

será doado ver, ler e extractar moitos instrumentos antigos

que aínda se conservan manuscritos nos arquivos pola moita

reserva dos seus donos. Pero se saben estes que Alethophilo

é temeroso de Deus e que o seu asunto é tan santo e tan

bo e tan útil para o Reino de Galicia, é natural que os manifesten

para copialos e despois poderá extractalos na súa

casa. Estando presente o dono, ou cousa súa, ó tempo da

250

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

copia, non debe haber desconfianza ningunha. Deben preferirse

os instrumentos góticos e os de seiscentos anos a esta

parte que aínda están case esquecidos nos arquivos de catedrais

e mosteiros.

706

Despois de que Alethophilo faga unhas grandes coleccións

de todo o dito, volverá facer xeiras repasando todos os

perfís do Reino de Galicia e penetrando polo centro ós trinta

e dous rumbos á súa disposición. Estas viaxes que xa o collerán

tan instruído, servirán para rectificar as xornadas pasadas

e as cousas que notara nelas, procurando aumentar o número

de voces galegas de sitios xeográficos, das cousas e voces da

Historia Natural e da Botánica, das inscricións, epitafios, moedas,

etc. [707] Pero o fin principal debe ser o repasar todas as

casas que hai en Galicia e que son como soares das familias

que todos supoñen ser notoriamente nobres e ilustres. Para

isto terá cadernos á parte e neles irá describindo como as for

repasando nas súas viaxes, sen meterse en gradualas nin en

dar preferencia a unhas casas sobre outras, para evitar todo

xénero de queixas. E para evitar as mesmas se despois saíren

todas nun escrito, colocaranse, ou polo alfabeto, ou por orde

dos arciprestados, seguindo o fío xeográfico.

708

O que Alethophilo, posto no sitio da casa ilustre, debe

apuntar, reducirase unicamente a este exemplo que lle poderá

servir de modelo, e daquela abondará deterse unha hora en

cada sitio para cumprir a súa comisión. [709] Por vía de exemplo,

en tal bispado, no arciprestado N e na freguesía N, está a

casa tal, preto do río ou monte tal. O que a posúe chámase

Dn. N, que tal día, mes e ano, naceu ou se bautizou en tal

pía. É fillo de Dn. N, que naceu en tal parte, tal día, mes e

ano, e se bautizou en tal pía, e de Dna. N, que naceu tal día,

mes e ano, en tal lugar, e se bautizou en tal pía. O dito dono

251

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!