11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

da morte. Así, débense copiar todos e á letra. E se é epitafio

antigo remedando os caracteres da primeira liña, como mínimo.

Os caracteres orixinais suplen ás veces a data, pois están

indicando o século da súa exaración. Finalmente, debe Alethophilo

recoller todos cantos letreiros se achasen en pedras,

en madeira ou en metais.

693

Xa me fago cargo das dificultades que me opoñerán a

todo o dito. Pero eu non me espanto de ratos. A maior dificultade

que hai será un non querer e a pápara cantarea de

Galicia: “Non señore, acá non facemos iso”. Nada propoño

aquí que non teña eu executado e aínda que non con tanta

extensión, coa abonda respecto do pouco tempo que andei

por Galicia e moi de paso38 . Con seis anos que eu estivese en

Galicia, e con medios e liberdade para viaxar de aquí para

alí, recollería todo o dito e moito máis. ¿E que non poderá

recoller Alethophilo empregando vinte anos?

694

O principal para o fin é facer moitas xeiras diferentes e

non importa que dúas ou tres veces se pase por un mesmo

lugar, pois haberá ocasión de informarse máis e mellor. Se

non se puideren copiar ó paso as inscricións todas, de todas

debe apuntarse polo menos o sitio individual onde se atopan

ata que se ofreza mellor ocasión. Non importa que non se

entendan no intre. Cópiense, que ó seu tempo se entenderán.

É indispensable ir preguntando ós do país se saben ónde hai

letreiros pequenos ou grandes e empregar cartos para que os

ensinen. [695] Como corra a voz de que Alethophilo lles dá

cartos ós nenos para castañas, ós vellos para tabaco, ás vellas

para unha roca e a calquera para botar un neto de viño,

246

Martín Sarmiento

38. Ademais dos traballos recollidos nas notas anteriores, téñanse en conta,

entre outros, os dous escritos Viaxe xeográfica do autor a Galicia e Historia

Natural (1745) e Viaxe xeográfica do autor a Galicia (1755).

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

como lle ensinen os sitios onde viron letreiros, eu fío que

atopará bastante que recoller. O mesmo digo das costas marítimas

para recoller cunchas e testáceos. Viñan a min os rapaces

con monteiras de varias cunchas e ás cales daban o nome

vulgar porque sabían que lles daría para castañas. O mesmo

fixen en orde a vexetais que non podía ver, e faría cos minerais,

se houbese quen os trouxese.

696

Véxase aquí a Alethophilo, que xa paseou toda Galicia e

que se recolle a Santiago cargado de tan preciosos materiais

sen ter precisado libro ningún nin estudiar nada de cor.

Supoño que mentres Alethophilo estivo ocupado en xornadas

leu pouco, pero que mentres viviu retirado na súa casa ou

quinta, no inverno, non deixou os libros da man, dedicándose

a todo xénero de literatura, menos a libros de xenealoxías,

que eses virán despois. Antes debe ir mercando libros do seu

gusto e que lle vaian servir. [697] O Vocabulario portugués do

padre Bluteau en dez tomos en folio é indispensable, pois

suplirá un vocabulario galego. Ademais diso ten moita erudición.

Nebrixa, Aldrete, Covarrubias e o Diccionario académico

da lingua castelá. Para o latín, o Calepino con Passeratio e

Chifflet e sobre todo o Glosario de Du Cange, seis tomos en

folio, para entender o latín da Media Idade e dos instrumentos.

Supoño que xa terá os máis dos autores latinos puros en

prosa e en verso. Será do caso ter unha Arte e Lexicón da lingua

grega para ler alomenos e saber buscar unha voz. O mesmo

digo do idioma francés e italiano.

698

Debe mercar o Chronicón de san Isidoro39 e todas as súas

obras. Despois os Cinco bispos e os Cinco reis de Sandoval e a

39. “San Isidoro. Chronicon, desde Adam ata Heraclio, todo con notas de

García de Loaysa. Turin, 1593”.

247

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!