11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

círculo que aquel mar bravísimo fixo socavando a terra. No

terreo deste semicírculo descubríronse oito ou nove sepulcros

a pulos do mar, que sacou os ósos e os fixo aboiar. [686] Estiven

na Lanzada cando xa se descubriran eses sepulcros, pero

por non estar certo do sitio e porque coidei que estaban cara

a Vilalonga, vinme sen facer observación ningunha, o que

sentín moito. Os que viron aboiar os ósos e como saíron do

profundo da terra foron pouco curiosos. O sitio está afastadísimo

de casa ningunha, excepto a ermida. O mar é bravísimo

e bate contra o sitio. ¿Non será fatuidade crer que se o mar

chegaba alí, alí se poñerían sepulcros? Logo é crible que o

mar estaba distante de alí, e que acaso por alí habería algún

lugar ou cidade. O sitio non pode ser máis acaído. E estou

inclinado a crer que cara alí estaba a cidade Lambriaca que

trae Pomponio Mela e non aparece.

687

Despois dos montes, etc., cómpre procurar inscricións nas

pontes, e debo advertir aquí que non só se deben buscar

nas paredes ou pedras verticais, mais tamén nas horizontais

que fan o bordo. Na ponte de Pedre sobre o río Lérez, na

ponte A Broes e na ponte de San Salvador da Arnoia notei

que no lombo do bordo había letras ó longo e que por estar o

bordo cheo de carrizo non me puiden parar a xuntalas e lelas.

Isto proba que ese sería o costume cara ós ditos países e

poderá servir a advertencia para rexistrar as pontes polo lombo

do bordo. [688] Ó entrar nos lugares murados adoita haber

inscricións, e estas acostuman estar sobre as portas. Nos lugares

que foron antigos e despois viñeron a ser aldeas, áchanse

inscricións nas paredes das casas, ou descontinuadas ou enteiras;

nas cercas e muros das viñas, hortas ou herdades que se

fixeron con pedras sacadas de edificios antigos. Disto hai moito

en Galicia e algo vin. E nisto apálpase a pouca curiosidade

dos galegos antigos, que deixaron perder, ou quixeron que se

desprezasen as antigüidades do seu país.

244

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

689

Non se deben omitir as igrexas rurais e as vellas ermidas

porque nelas adoitan acharse letreiros. Nunha rural que está en

Moldes, xunta Pontevedra, vin, lin e copiei unha inscrición

en memoria de que Pedro Bigili, famulus Dei, comezara aquela

igrexa. Non ten data, pero polo menos é do século XI. Nótese

xa aquí a familia Bigil e se será a mesma que a de Vigil, nobilísima.

Bigili non é o mesmo que o latín Vigil, senón que é terminación

gótica, como Leovigildo. Polos arredores da dita

igrexa rural, e que foi parroquia, consérvase hoxe a familia do

apelido Novigil ou Nobigil, moi pobre. Coido que Novigil é o

mesmo que o patronímico de Leovigildi, mudado o L en N.

[690] As igrexas parroquiais das aldeas teñen polo común

algúns letreiros, ou na porta, ou na capela maior, ou nalgún

sepulcro. Así mesmo hai letreiros nos bordos das campás, nas

cruces, nos cálices, etc., e aínda nos ferros para facer as hostias.

Todo debe recollerse e todo debe copiarse, pois todo vai

servir. Sobre todo o letreiro que tivese data. No antigo había

arredor das igrexas grandes sepulcros de pedras ós cales cara a

Ferrol chaman sartegos. Se tiveren letras, copiaranse.

691

Os mosteiros de monacais están polo común en despoboados.

Eses abundan de inscricións en patios, claustros,

igrexas, capelas, etc. Non faltará algún monxe que as sinale a

Alethophilo co dedo. Pero el mesmo debe copialas pola súa

mesma man, despois de lidas e remedando os caracteres o

mellor que puidese. A ese fin levará sempre canda el un amanuense

galego que saiba latín, que escriba ben e que saiba

debuxar e copiar figuras máis que medianamente. Este amanuense

poderá servir infindo para a Historia Natural e para as

antigallas. [692] Nas vilas e lugares populosos deben buscarse

as inscricións nos conventos, nas igrexas e nos edificios

públicos. Os epitafios son de moita consideración, pois adoitan

dar noticia da persoa, da filiación, do emprego e da data

245

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!