11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

673

240

Martín Sarmiento

Os xentís son máis antigos en Galicia, e en todas partes,

ca os cristiáns. Había, v. g., nunha valgada, tres, catro ou cinco

lugares dos xentís cos seus nomes propios. Sucedéronse os

romanos, suevos, e godos, formando no mesmo val diversas

quintas e casais que tomaron o nome do xenitivo do dono,

suplíndose o nominativo vila ou casal. Despois fundouse no

dito val unha igrexa que fose común a todos. Ese sitio onde

se fundou só debía chamarse o sitio ou lugar da igrexa, como

aínda hoxe se usa. Pero en atención ó titular que se escollía e

a unha lixeira circunstancia do sitio, nomeárono cun nome

composto do santo e da lixeira circunstancia. [674] Por vía de

exemplo, o adaxio galego “Legua por legua Santo Amaro da

Portela” alude a que desde Pontevedra tirando ó norte e camiño

de Santiago hai unha legua desaforada de longa ata chegar

a Santo Amaro da Portela. O nome antigo do terreo é Crescimir,

voz sueva. Fundouse a igrexa nun sitio en que había

unha silva e dedicouse a san Mamede. Así, esa freguesía chamouse

San Mamede da Silva. Fundouse despois alí unha ermida

a san Mauro ou santo Amaro, e por estar alí unha especie

de portela que fan dous outeiros chámase hoxe Santo

Amaro da Portela. Isto sábeno todos. O San Mamede da Silva

sábeno moitos, pero que aquela portela se chama nos instrumentos

antigos illa Portella de Crescimir só eu o sei porque o

lin, e ignórano moitos.

675

Velaquí a diferencia que hai entre os nomes de freguesías

e os dos seus lugares. Con silva e portela, que son nomes

comúns, nada tiramos en limpo. E a voz Crescimir poderá

servirnos de moito. Sen saír da veciñanza, alí está a freguesía

de Santa María de Alba, por estar sobre o río Alba ou Elba

dos antigos. Pero ten un lugar chamado Guixilde, que seguramente

é gótico. Desta calidade de nomes de sitios xeográficos,

e doutros semellantes, por seren pouco comúns,

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

precísase ter unha colección para complemento da xeografía

de Galicia. [676] Xamais se fará ben esta colección senón preguntando

nas mesmas freguesías, ó transitar por elas, todos

os nomes dos seus sitios particulares e apuntando os nomes

que non foren moi comúns. Despois debe copiarse outra vez

e á parte o catálogo de todas as freguesías, e debaixo de cada

unha poñeranse os nomes dos seus respectivos, entrando

nomes de montes, ríos, etc. Despois debe facerse outro índice

universalísimo e alfabético de todos os nomes, así de freguesías

coma de sitios, citando o bispado e o número de freguesía,

v. g.: Guixilde Sant., núm. 620, v. g., os nomes dos sitios

para distinción escribiranse con letra cursiva e con estas

letras, M, R, P (monte, río, ponte) etc.

677

Xa temos o noso Alethophilo instruído na Xeografía.

Vamos á Historia Natural e á Botánica. Todo isto debe estudiarse

peregrinando, preguntando, escribindo e recollendo.

Debe recoller todos os nomes de animais, aves, peixes, mariscos,

cunchas, insectos, anfibios, terras fósiles, minerais, etc.

Tamén debe recoller todos os nomes de canto vexetal, árbore,

arbusto, herba, flor, froito, semente, etc. Non só un nome

que lle dan en tal parte, mais todos cantos nomes oíse aquí

ou alá que conveñen a un só mixto. [678] Será moi útil que

da Historia Natural se recollan algúns mixtos para formar un

gabinete e da Botánica diferentes vexetais en sazón para formar

un herbario seco, e recollendo á parte todo xénero de

sementes para a comunicación, sinalando o sitio, día, mes e

ano a todo. E ningunhas augas termais, baños ou augas medicinais

deben esquecerse. Con isto imponse Alethophilo na lingua

galega. O latín, o castelán e a Etimoloxía virán despois

de toda esa colección.

679

Instruído xa Alethophilo da lingua galega en toda a súa

extensión, da Xeografía ata a última individualidade, da His-

241

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!