11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

238

Martín Sarmiento

que para saber algúns de Galicia precisei patealos. Hai tres

tomos en folio con título Corografia Portugueza, o seu autor

Antonio Carvalho da Costa, presbítero. Imprimiuse en Lisboa o

ano de 1706, e xa é moi cara e rara esa Corografia 35 . O primeiro

deses tres tomos emprégase todo na corografía da provincia

de Entre Douro e Miño, isto é, da parte meridional de

Galicia ou Galicia Bracarense, como a chama Ptolomeo. [668]

Procede por partidos, concellos, cidades, vilas, etc., e debaixo

de cada cabeza pon todas as freguesías, anexos, mosteiros,

aldeas, lugares, etc., con cadansúa explicación mediana. Se ó

último tivese un índice alfabético universal de todos os sitios

xeográficos desa provincia de Entre Douro e Miño, era un

tesouro para comparar as xenealoxías ou as familias galegas

coas portuguesas, en especial as que tomaron o nome dos

lugares. Este tomo, e aínda os tres, servirán moito a Alethophilo

en diante.

669

Para fixar a residencia de Alethophilo, figúraseme acaída a

cidade de Santiago, xa porque alí hai librerías e arquivos que

consultar, xa porque ó seu tempo poderá consultar alí a literatos,

xa pola facilidade de traer libros desde Madrid e doutras

partes, e xa finalmente pola comodidade de facer desde alí as

súas xornadas a todas partes. Pero sería do caso para maior

quietude dos seus estudios que, aínda que fose morador de Santiago,

vivise nas estacións benignas retirado e entretido nos seus

estudios nunha largacía quinta cara á mariña onde puidese criar

todo xénero de vexetais. [670] Posto en Santiago, solicitará que

lle deixen tirar copia de todas as freguesías, anexos, pías e mosteiros

que hai en todo o arcebispado coa orde de arcediagados,

arciprestados, parroquias, etc. Despois, e en tempo oportuno,

fará catro xeiras a Mondoñedo, Lugo, Ourense e Tui, e en cada

capital tirará copia de todas as freguesías e anexos do seu bispa-

35. “Carvalho, P. Antonio. Chorographia e Topographia de Portugal, en

portugués, por pías e lugares. Lisboa, 1706”.

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

do. Ou por si, ou por algún amigo, solicitará que lle dean copia

en Astorga das freguesías do bispado, e en especial das que ten

no Reino de Galicia. E será moi útil que teña copia de todas as

freguesías de Oviedo e de Zamora. Dese xeito, co dito e co

tomo dito da Corografia Portuguesa, terá xa Alethophilo todas as

pías de Galicia e dos seus bispados limítrofes 36 .

671

Recollidos estes catálogos, numerará todas as pías de

cada bispado desde a primeira ata a derradeira. Así saberá

cantas ten cada bispado e esa numeración servirá de moito

para dalas a entender e citar. De todas as pías recollidas formarase

un índice alfabético universal de todas elas e con

reclamo ó número que teñen en cadanseu bispado. A primeira

utilidade deste índice é ver dun golpe cantos lugares hai dun

mesmo nome en Galicia e onde están esas freguesías, e saber

cales son as que teñen nome moi singular. [672] Esta colección

de freguesías será o fondo da xeografía de Galicia, sen o cal

nada se poderá escribir con fundamento. Pero non abonda o

devandito. É indispensable facer outra colección de todos os

sitios xeográficos que non teñen pía, pero que teñen uns

nomes ou revirichados ou singulares. Estes son os que principalmente

darán luz para investigar a antiga xeografía de Galicia,

a da Media Idade e dos instrumentos, a moderna e sobre

todo os apelidos das familias galegas. Os nomes só de freguesías

e anexos non dan luz abonda para o dito, pois as máis

non se impuxeron como a sitio antigo, mais como ó sitio

determinado onde se fabricou a igrexa. Explicareime, pois é

útil reflexión a que agora me acudiu á pena.

36. O propio Sarmiento emprendera o labor que propón, pois en 1750

compilou en cadanseu escrito as Listas dos lugares do Reino de Galicia, do

Principado de Asturias e do Partido de Astorga. Por parte, en 1751 tamén

redactou un Plano dun novo e doado método para formar unha Xeral Descrición

Xeográfica de España e da América, e en 1762 compoñería un breve tratado

intitulado precisamente Problema Chorográphico para describir Galicia

cun novo método.

239

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!