11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

24

Henrique Monteagudo

Tres razóns foron as que nos moveron principalmente ó

devandito. Primeiramente, porque aínda que moitas facetas

da cuestión foron correctamente abordadas e extensamente

exploradas polos devanditos e por outros estudiosos, coidamos

que está por presentar a liña evolutiva do pensamento

de Sarmiento sobre o galego, tarefa que a fragmentariedade,

recursividade e en definitiva asistematicidade dos seus escritos

2 fan complexa, pero non imposible, cando menos nos

trazos xerais. En segundo lugar, porque xulgamos que non

se ten afondado de abondo no esclarecemento dos presupostos

de fondo en que se estea a súa visión da lingua 3 , para

o cal resultan de relevo particular o precedente de Feixoo e

algúns textos da súa etapa ‘pre-galeguista’ (antes de 1745) ou

desta mesma etapa pero non directamente relacionados co

galego, precedentes escasamente considerados ata agora,

coma a Demonstracion crítico-apoloxética e as Memorias

para a historia da poesía. En terceiro e último lugar, porque,

ben que se ten realizado un esforzo notable 4 , estimamos

que aínda se pode afondar no encadramento da obra e ideas

de Sarmiento no seu marco histórico-lingüístico, operación

que resulta de importancia capital para a súa comprensión e

avaliación. En realidade, malia achegas importantes 5 , carecemos

mesmo da biografía documentada e detallada de que o

autor é merecente.

1. O GALEGO NA CONSCIENCIA LINGÜÍSTICA ESPAÑOLA DO

SÉCULO XVIII. DE FEIXOO A SARMIENTO [TEXTOS 1 E 2]

As escasas referencias ó idioma galego de certa relevancia

que demos colixido en textos españois da segunda metade

do século XVII son indicativas da derogación (así no

2. Véxase Pensado 1972.

3. Malia a fundamental achega de Allegue 1993.

4. Pensamos sobre todo en Pensado 1989, Mariño 1993 e Freixeiro &

Tato 1996.

5. Como López Peláez 1895, Pensado 1974 e Filgueira 1994.

Henrique Monteagudo

Antigüidade e nobreza, pureza e harmonía da lingua galega

aspecto social coma no lingüístico) que aquel estaba padecendo

no imaxinario dos sectores cultivados da época. Por

acaso, o aragonés Maestro Joseph de Casanova, notario apostólico

en Madrid, na Primera parte del arte de escribir (1650),

despois de referirse ó seseo e ceceo dos andaluces, di: “Y a

este andar, aunque por diferentes caminos, los de Castilla la

Vieja, Montañeses y Gallegos usan de otra infinidad de vocablos

con tan mal sonido que nos mueve a risa”. O falar dos

galegos (non sabemos se na lingua propia ou na do Estado)

preséntase como dialectal, equiparable a determinadas variedades

do castelán, e ademais como un falar ridículo. Un pouco

máis matizada e menos cargada de prexuízos é a opinión

verquida nunha Práctica de ortografia para los idiomas castellano

y valenciano (Valencia, 1732), na que de todos os xeitos

o galego (igual ca o aragonés) aparece como un máis

entre outros dialectos do castelán:

Los del reino de Toledo son los que hablan la lengua con

más primor y pulcritud en su pronunciación; los de Castilla la

Vieja, con mucha escoria de los viejos vocablos de la antigua

española; los Gallegos, con mezcla de palabras y pronunciación

portuguesa.

Nunha liña similar se move o prólogo do Diccionario de

autoridades da Real Academia Española, onde se presupón

que Galicia e Asturias, a pesar das súas “diversas pronunciaciones”

son “provincias donde es comun la lengua [castellana]”,

exactamente igual ca Extremadura ou Andalucía 6 . Só un

galego como o padre Álvarez Sotelo, autor contra finais do

século XVII dunha inédita Historia general de Galicia, recoñece

implicitamente a existencia dunha lingua galega como

distinta á castelá, ó asegurar que aquela, “no se halla pura

sinó entre plebeyos que nunca salieron del ámbito de su

aldea ni leyeron libros españoles, porque los nobles hablan la

castellana como predominante en España y los que salieron

6. Para esta e as anteriores citas, véxase Alonso 1979, pp. 56 e 99.

25

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!