26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

84 SANIDADE DOSSIER: MAMITE

Táboa 1. Resultados de % de curacións en vacas crónicas tras o tratamento no período seco

Nº animais Microorganismo aillado Tratamento intramamario Tratamento parenteral % Curacións

PERÍODOS CRÍTICOS NO SECADO PARA AS

INFECCIÓNS INTRAMAMARIAS

Como se vén vendo, o manexo e os coidados durante o

período seco na vaca deben ser extremos. Deste xeito, o

descanso do ubre achegará solucións e non problemas en

canto ás novas infeccións clínicas e subclínicas. A susceptibilidade

da glándula mamaria ás novas infeccións no período

seco é dez veces maior que durante a lactación.

Como se pode observar na gráfica, o ratio de novas infeccións

nas vacas de leite aumenta nas dúas semanas posteriores

ao secado, así como na semana antes do parto e nas

2-3 semanas posparto. Os xermes maioritarios implicados

nestes períodos son os Streptococcus uberis, nos días posteriores

ao secado, e o Escherichia coli, no periparto. Despois

do secado, o tapón de queratina que fecha a canle do teto

tarda unha semana en instaurarse. Este período é moi crítico,

pois a “entrada” ao ubre está franca e a acumulación

de leite nos primeiros días supón un caldo de cultivo excelente

para o crecemento dos xermes. Deberase extremar a

hixiene no manexo dos produtos de secado intramamario,

así como ter as vacas nas mellores condicións hixiénicas

posibles.

Frecuencia das novas infeccións IIMs durante o ciclo de lactación/período seco.

Bradley 2009

100 mg penetamato iohidrato

167 Streptococcus uberis

280 mg penicilina benetamina

100 mg sulfato framicetina

10 g de penetamato iohidrato/24 h 62%

26 Staphylococcus aureus 600 mg Cloxacilina 60 M.U. espiramicina adipato/24 h 53%

125 Outros Gram (+) non aureus, non uberis 150 mg cequinoma sulfato 200 mg tilosina/24 h 78%

No periparto, a vaca comeza a sufrir unha serie de mudanzas

hormonais relacionadas fundamentalmente cun

aumento dos estróxenos e cunha activación do metabolismo

do calcio, o que derivará no coñecido como edema

preparto. Por outra banda, as mudanzas de lotes e o propio

parto xeran un estrés que orixina unha baixada de inmunidade

que, unido ao enchido do ubre e ás posibles perdas de

leite por exceso de presión, crean un marco perfecto para a

aparición de novas infeccións. Se se traballa con parideiras

aconséllase pasar a vaca para estas xusto no momento do

parto, sempre que sexa posible, e non antes.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Nos programas de calidade do leite que xestionamos,

traballamos cuns obxectivos tanto para curación das infeccións

que veñen da lactación anterior, coma para as novas

infeccións preparto:

- Curación de vacas infectadas (máis de 200 mil C.S.) na

lactación anterior maior ao 60%.

- As novas infeccións no posparto, o que se coñece por

novas infeccións a parto, deben ser inferiores ao 10.

Durante tres anos, levamos recopilando datos sobre os

secados específicos que usamos nas nosas explotacións no

programa de calidade do leite. A aquelas vacas que chegan

infectadas ao período seco e que teñan algún illamento durante

a lactación que xustifique o seu tratamento singular,

aplícaselles un tratamento intramamario máis un tratamento

parenteral (táboa 1). Os resultados obtidos non nos

permiten aseverar ou concluír efectividades dunha ou outra

molécula, pois non se trata dun estudo de investigación ao

non existir grupos brancos, nin lotes escollidos ao azar para

aplicar un ou outro tratamento, nin tampouco se determina

na totalidade das ocasións se hai ou non curación

bacteriolóxica. Simplemente, é un traballo de recopilación

de datos de controis leiteiros antes e despois do secado e a

avaliación dos mesmos, tomando por vacas “curadas” aquelas

que estando por riba das 200 mil C.S. no último control

da lactación anterior, presentan menos de 200 mil C.S. nos

dous primeiros controis da lactación seguinte.

Agás para o Staphylococcus aureus, que ten unha baixa incidencia

nas nosas explotacións, nos outros dous casos, de

Streptococcus uberis e outros Gram (+), os resultados superan

os obxectivos de máis do 60%. Sábese que Streptococcus

uberis é un xerme con alta tendencia a provocar mamites

crónicas. Pois ben, o feito de traballar con historiais de

granxa permítenos saber que animais son crónicos lactación

tras lactación e cales foron novas infeccións. Isto ten

moita relevancia, como se pode ver na táboa 2.

Curación de vacas con Str. Uberis

PORCENTAXE DE CURACIÓNS EN VACAS CON Str. Uberis

Nº animais % curacións

Novas infeccións 115 78%

Crónicas 52 27%

En ámbolos casos, tanto a vacas de uberis crónicas coma

a novas infeccións, aplicouse o mesmo tratamento comentado

na táboa 1. Os datos de campo indican que se tratamos

as vacas con uberis no secado, cando a infección foi

recente, pódense obter moi boas taxas de curación. Pola

contra, cando se tratan vacas de uberis moi crónicas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!