26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

82 SANIDADE DOSSIER: MAMITE

DEBERASE EXTREMAR A HIXIENE NO

MANEXO DOS PRODUTOS DE SECADO

INTRAMAMARIO

- Xérase máis traballo na sala de muxido.

- Se a vaca sufre nalgún dos cuartos mamite subclínica,

este método non fará máis que agravala pois, ao espaciar as

muxiduras, estamos a favorecer a multiplicación dos microorganismos.

- Este método non nos asegura ao cento por cento que se

eviten perdas de leite, pois ás veces estas débense a factores

anatómicos e/ou estruturais dos tetos.

SECADO SANITARIO

Enténdese por este concepto o secado que se practica en

cuarteiróns illados de animais na metade da lactación, ben

por traumatismos, ben por mamites crónicas. Se a mamite

causou un forte dano estrutural no cuarteirón e o mermou,

aconséllase o cese do muxido do mesmo, sen máis. No caso

de que a produción sexa media-alta procederase á eliminación

do cuarto mediante medios abrasivos, coma o iodo. En

calquera dos casos búscase o aproveitamento dos cuarteiróns

sans eliminando do leite que vai a tanque os cuartos enfermos,

e evitando así recontos altos innecesarios. Coas vacas

que arrastren máis dun cuarteirón crónico lactación tras lactación

é aconsellable plantexarse o seu sacrificio, pois levalas

a un novo período seco non é máis que adiar o problema.

APLICACIÓN DO TRATAMENTO ANTIBIÓTICO

DE SECADO

Recóllense as indicacións do N.M.C. (National Mastitis

Council) norteamericano.

- Desinfección e secado dos tetos.

- Desinfección da zona do esfínter con panos empapados

en alcohol.

- Aplicar a pomada intramamaria, introducindo só

a punta da cánula e descargando a totalidade do

produto.

- Aplicar seguidamente o selador interno (de usalo).

- Inmersión dos tetos co selador.

- Marcar axeitadamente os animais secos, mediante

pinturas en ubre e patas, e segregalos aos patios

destinados a vacas secas.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Detalle da desinfección do esfínter, previa á aplicación do

tratamento intramamario de secado

ONDE METO AS MIÑAS VACAS SECAS?

A resposta a esta pregunta depende das infraestruturas

propias de cada explotación. En ganderías con base territorial

suficiente as vacas secas poden estar a pastoreo desde

a primavera ao outono, mesmo no inverno se as condicións

climáticas non foran moi adversas. Neste caso aconséllase

aplicar selador interno, sobre todo desde finais da primavera

a mediados do outono, para evitar problemas coas

mamites de verán das que falaremos máis adiante. Tamén

se aconsella revisar o estado do ubre das vacas en pastoreo

dun xeito regular, para poder detectar con precocidade

desequilibrios, inflamacións ou outras anomalías que nos

indiquen unha posible mamite neste período.

Se a gandería dispón de instalacións para vacas secas teremos

que ter en conta que o manexo será diferente se as

vacas están en cama quente ou en cubículos. En lotes con

cubículos o índice de ocupación dos mesmos non deberá

superar o 80% (por un 115% que se permite nos lotes en

lactación), así como a relación de trabantes/animais será

maior de un. Estes factores buscarán o máximo comfort

das vacas secas, evitando a competencia entre elas polas

camas ou pola comida. Do mesmo xeito, no sistema de

cama quente evitarase o amontoamento e gardarase unha

relación positiva de trabantes por vaca, así como tamén se

extremará a hixiene nos patios. Buscaranse camas secas e

moi confortables.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!