26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

80 SANIDADE DOSSIER: MAMITE

SECADO AOS 7 MESES DE XESTACIÓN

Os dous meses de período seco foi o tempo que se considerou

como máis axeitado pola case totalidade do mundo

científico ata hai poucos anos. Tendo en conta que a duración

do período seco inflúe na proliferación das células

secretoras do leite na mama e que esa rexeneración vai dun

62% en vacas sen período seco a un 98% en vacas con 60

días poderiamos dicir, pois, que este período é o ideal. Na

súa contra poderíase argumentar a perda de produción na

lactación presente así como, en determinadas vacas, o aumento

da condición corporal, tras un parón produtivo tan

longo, que pode carrexar desaxustes metabólicos que poden

acabar desencadeando problemas no posparto, como

cetose subclínica ou clínica, hipocalcemias, deslocamentos

de abomaso...

SECADO AOS 45 DÍAS PREPARTO

A día de hoxe, este parece ser o tempo de período seco

con máis consenso entre o mundo científico, pois está a

cabalo entre os dous anteriores. Conseguimos 15 días máis

de vida produtiva da vaca, na lactación que finaliza, fronte

ao secado de 60 días. Corenta e cinco días considérase un

período suficiente de descanso para o ubre e minimízase o

tempo de pausa produtiva, reducíndose as mudanzas para

o animal. Aínda así, hai moitos traballos que aconsellan

que en primeirizas e vacas de segundo parto o tempo de

secado tenda a ser longo (60 días) fronte ás vacas de 3 ou

máis partos, onde podemos acurtar este período sen risco

de perder produción na lactación vindeira.

No tocante á saúde do ubre, non semellan existir diferenzas

significativas entre períodos de secado longos ou

acurtados (máximo 45 días), sempre que se utilice antibioterapia.

Polo tanto, a duración do tempo de período seco

é unha decisión orientada puramente ao estatus produtivo

da vindeira lactación.

Vacas secas en pastoreo. S.A.T. O Palomar. (Láncara-Lugo)

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

MÉTODOS NA INSTAURACIÓN DO PERÍODO SECO

Valoraremos os dous xeitos tradicionais de practicar o secado,

o brusco e o alterno.

Secado brusco. Cando chega a data prevista para secar

a vaca, e tras efectuar o último muxido a fondo do animal,

aplicamos o tratamento intramamario escollido. O enchido

da mama nos días posteriores ao secado inhibe a síntese

de leite e, paseniño, irase producindo a absorción do leite

glandular e da cisterna, o que orixinará o repregamento

do ubre. Para chegar a isto débese ser consciente de que o

animal debe ter un estatus produtivo baixo e, de non telo,

débese provocalo. En vacas que chegan ao inicio do período

seco con producións altas (máis de 25 litros) é necesario

que sufran un descenso na súa produción antes de aplicar

o secado, o que pasa necesariamente por unha mudanza na

alimentación. Así pois, pódese ter a vaca uns días antes con

ración de secas ou ben aplicar un plan máis brusco que podería

consistir en deixar o lote de vacas que queremos secar,

entre muxiduras, na sala de espera só con auga. Ese sería

o primeiro lote a muxir na seguinte muxidura. Unha vez

muxidas a fondo aplicaríase o tratamento correspondente

e trasladaríanse ao lote asignado ás vacas secas, evitando así

erros a posteriori.

Secado alterno. Con anterioridade ao cese do muxido

aplícanse unha serie de pautas, tanto sobre o animal coma

sobre o nivel do ubre. Pretendemos, pois, diminuír o leite

sintetizado e a adaptación do animal á nova situación á que

será sometido. Con este método aplicaremos de xeito simultáneo

unha redución da achega enerxética da ración xunto

a un muxido secuenciado (entre tres e cinco días) da vaca.

Propoñemos este método só en casos excepcionais, pois leva

asociada unha serie de desvantaxes tales como:

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!