26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

78 SANIDADE DOSSIER: MAMITE

VANTAXES DO TRATAMENTO DA MAMITE

NO PERÍODO SECO

O período seco nas vacas de produción leiteira é un tempo de descanso produtivo

que se intercala entre dúas lactacións consecutivas. No devandito período, o

animal vai experimentar unha serie de mudanzas que precisarán dun manexo

específico, tanto do propio animal coma do medio no que habita.

INTRODUCIÓN

Que acontece no ubre cando se instaura o período seco? O

paso da etapa produtiva ao período seco conleva unha serie

de mudanzas hormonais, fisiolóxicas e mesmo inmunes

que condicionarán o manexo deste grupo de animais. O

mecanismo hormonal que regula a produción láctea diminúe

ata niveis basais, mentres que a fisioloxía do ubre pasa

de estar totalmente centrada en producir leite a reparar

e/ou substituír os tecidos produtivos desgastados.

No tocante á inmunidade tamén se producen cambios

relacionados coa diminución, tanto das células defensivas

a nivel do ubre, como de enzimas como a lactoferrina, tan

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Marcelino Rodríguez Magadán e Xabier Bermúdez Salgueiro

SERIVET Asturgalaico S.L.

Área de Calidade do Leite

Ribadeo-Vegadeo

importantes no control do crecemento de microorganismos

causantes de mastite.

Unha vez se seca a vaca, o tapón de queratina que selará

durante o período seco a canle do teto tarda aproximadamente

unha semana en instaurarse. Este feito, xunto coa

non eliminación dos xermes da canle do teto e da cisterna

do ubre polo efecto de arrastre do leite durante o muxido,

farán destes primeiros días do período seco un punto crítico

na saúde do ubre. Así pois, deberase suplir este bloqueo nas

defensas inespecíficas e físicas do animal cun bo manexo, o

máis hixiénico posible, e coa aplicación de terapias antibióticas

preventivas, o que se coñece por terapia da vaca seca.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!