26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

70

SANIDADE

de mamite por estafilococos e estreptococos serían cefalosporinas,

e ampicilina e penicilina, respectivamente, mentres que

fronte a patóxenos ambientais do grupo das enterobacterias

estarían indicados tamén os betalactámicos, así como os aminoglósidos,

quinolonas e tetraciclinas.

Para optimizar a terapia das mamites débense desenvolver,

baixo asesoramento do técnico veterinario, protocolos

estandarizados de tratamentos en cada granxa para as mamites

clínicas e no secado segundo o perfil bacteriolóxico

da explotación. Non debería haber máis de tres ou catro

tipos de tratamentos para evitar os erros por unha excesiva

complexidade dos mesmos.

O tratamento preparto en xovencas é vantaxoso debido

a que a taxa de curación é moito máis elevada que durante

a lactación, non se produce perda de leite nin risco de residuos

antibióticos; con todo, debe realizarse en condicións

estritas de hixiene e sen danar a canle da mamila. Ademais,

o éxito da terapia é puntual e non garante necesariamente

a diminución do RCS do tanque e o incremento da produción

láctea no rabaño.

En canto a tratamentos de lactación, estudos recentes

sobre mamites subclínicas persistentes causadas por Str.

uberis, outros estreptococos ambientais e S. aureus demostraron

que a terapia prolongada (5-8 días) durante a lactación

é máis eficaz en relación á curación microbiolóxica

que os tratamentos convencionais (2-3 días).

A selección de animais para aplicarlles este tipo de

tratamentos debe basearse na avaliación da presenza de

factores de risco que inflúen na taxa de curación. As vacas

novas cun único cuarteirón infectado recentemente

e con RCS baixo son as mellores candidatas. Novos estudos

son necesarios para valorar, ademais dos aspectos

mencionados, outros factores coma o incremento na

produción láctea na seguinte lactación, a redución na

diseminación dos patóxenos mamarios, a redución das

mamites clínicas e a menor eliminación de vacas por

mamites recorrentes ou clínicas.

O tratamento de secado é máis eficaz fronte a mamites

causadas por estreptococos, S. aureus e ECN en comparación

con outras etioloxías, calculándose unha taxa de curación

case do dobre en cuarteiróns tratados en comparación

cos non tratados. A cloxacilina e outros antibióticos de secado

seguen sendo eficaces na curación bacteriolóxica e na

prevención de novas infeccións, especialmente en cuarteiróns

infectados por estafilococos e estreptococos, durante

o período seco e ata os 21 días posparto.

Cando o risco de novas infeccións intramamarias é elevado,

o tratamento de secado xeneralizado ten un impacto

favorable no descenso do número de novas infeccións,

mentres que cando o risco é moi baixo, o uso dun selador

interno ou un tratamento selectivo podería ser considerado

despois dunha valoración económica axeitada.

PREVENCIÓN E CONTROL DA MAMITE

Na actualidade, a prevención e control das mamites bovinas

continúa baseándose nos dez puntos indicados pola

National Mastitis Council reflectidos na táboa 1; no entanto,

pódense indicar algunhas consideracións:

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

DOSSIER: MAMITE

Táboa 1. Medidas recomendadas pola National

Mastitis Council para aplicar na prevención e control

das mamites bovinas

OS 10 PUNTOS NA PREVENCIÓN E CONTROL DE MAMITE

1. Unha correcta rutina de muxido e axeitado funcionamento do equipo de muxido

2. Desinfección dos tetos posmuxido

3. Tratamento precoz das mamites clínicas

4. Tratamento con antibióticos de todos os cuarteiróns ao secado

5. Eliminación das vacas con infección crónica

6. Establecemento de obxectivos para a saúde do ubre

7. Mantemento dun ambiente confortable, limpo e seco

8. Mantemento dunha boa recollida na explotación

9. Mantemento da bioseguridade na explotación

10. Monitorización periódica do estatus de saúde do ubre

- Desenvolveranse controis aos animais (vacas ou xovencas)

que se compren para evitar introducir infeccións

mamarias: revisar o historial de calidade de leite da explotación

de orixe e dos animais incorporados, realizar CMT

e cultivo de cuarteiróns positivos, así como unha proba de

detección de antibióticos antes de incorporar o leite ao

tanque.

- Débense establecer protocolos de manexo que permitan

un diagnóstico precoz das mamites bovinas, adoptando

pautas de tratamento progresivas cando o manexo dos animais

é o apropiado.

- A distribución dos patóxenos mamarios en cada explotación

deberá avaliarse polo menos unha vez ao ano e,

como mínimo, deberíanse realizar cultivos bacteriolóxicos

de polo menos un 10% das vacas con RCS altos, especialmente

das próximas ao secado e das vacas con mamites

clínicas.

- En zonas calorosas é conveniente reforzar a vixilancia

das mamites nas épocas de primavera e verán, e nas épocas

de sementeira, colleitas ou outras actividades que distraen

a atención do produtor cara aos seus animais.

- A aplicación das vacinas durante o período seco fronte

a mamites causadas por S. aureus e E. coli estanse xeneralizando.

No primeiro caso comprobouse que as vacinas que

empregan novas tecnoloxías e bacterinas -bacterias mortas-

de longa duración son as que dan mellores resultados,

mentres que no caso de E. Coli, a súa eficacia é dubidosa na

prevención deste tipo de mamite, aínda que non en reducir

a gravidade das mamites clínicas.

- Os actuais programas de selección xenética xa non se

dirixen unicamente a buscar unha vaca coa máxima produción

de leite, senón que se traballa en compatibilizalo

con outros aspectos que inflúen moito na rendibilidade das

explotacións, como son a lonxevidade das vacas, a facilidade

do parto, as taxas de mortalidade ao nacemento, etc.

Ademais, algúns expertos sinalan que as vacas de menor

tamaño viven máis tempo, son mellores convertedoras de

alimentos, presentan mellor saúde e fertilidade, e mesmo

poden producir máis nas súas primeiras lactacións.

Por último, indicar que a investigación para avanzar nos

coñecementos sobre a mamite bovina necesita ser aplicada

nas explotacións para levar a un incremento na calidade do

leite, reducir a incidencia de mamite e mellorar o benestar

animal e a rendibilidade das granxas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!