26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

68

SANIDADE

O TEST DE CALIFORNIA PREVIO

AO MUXIDO E O CONTROL LEITEIRO

MENSUAL SEGUEN SENDO FERRAMENTAS

FUNDAMENTAIS PARA O DIAGNÓSTICO

DA MAMITE BOVINA

Nos últimos anos, a introdución de robots de muxido nas

explotacións máis modernas e de maior número de animais

xeralmente empeorou a sanidade dos ubres durante, polo

menos, o primeiro ano. Así, fallos na detección de mamites

clínicas ou subclínicas e a limpeza das mamilas previa

ao muxido son factores de risco a ter en conta. Por iso, é

esencial o deseño apropiado de instalacións que manteñan

as vacas limpas e un correcto fluxo de animais, así como

a necesidade de avanzar en desenvolvementos técnicos

que melloren o diagnóstico das mamites nestes sistemas

de muxido. O muxido robotizado non significa unha diminución

nas competencias do propietario ou persoal da

explotación, xa que unha observación coidadosa das vacas

e un coñecemento de como usar os datos proporcionados

polo sistema son aspectos fundamentais.

Doutra banda, o número de granxas ecolóxicas está aumentando

no sector de vacún leiteiro. Este tipo de explotacións

son de tamaño máis pequeno e a produción láctea

é menor, debido probablemente a unha menor achega de

concentrado na dieta alimenticia, e os aloxamentos de animais

son similares aos das granxas leiteiras convencionais.

Neste tipo de produción obsérvanse un menor número

de mamites clínicas, pero os criterios para detectalas non

son similares; ademais, non se observaron ata o momento

diferenzas entre o reconto de células somáticas (RCS) en

leite de tanque e a taxa de casos de mamites tratados polo

técnico veterinario.

As granxas ecolóxicas en Europa adoptan terapias convencionais

ou alternativas (produtos botánicos ou séricos,

suplementos vitamínicos e homeopatía) para o control das

mamites, aínda que non existen estudos que demostren a

eficacia clínica dos mesmos. A porcentaxe de cepas bacterianas

illadas que mostran certas resistencias a antibióticos

son similares ás observadas nas granxas convencionais.

DIAGNÓSTICO DA MAMITE

Tradicionalmente, os métodos de detección de mamite incluíron

a determinación do RCS mediante o test de California

(CMT) como indicador indirecto ou Fossomatic,

ou a identificación dos microorganismos causais realizando

cultivos bacterianos. Así, a lexislación vixente reflicte que

o RCS de leite de tanque sexa inferior a 400.000 células/

ml; no entanto, un obxectivo alcanzable para o gandeiro é

lograr que non pase das 250.000 células/ml como indicador

dun nivel aceptable de mamite. Ademais, recentemente

comprobouse que RCS individuais elevados tras o parto

aumentan a probabilidade de presentar un RCS tamén alto

durante a lactación, así como no secado.

O CMT previo ao muxido e o control leiteiro mensual

seguen sendo na actualidade ferramentas fundamentais

para o diagnóstico e monitorización das mamites bovinas

e para a toma de decisións en base a elas.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

DOSSIER: MAMITE

Realización dun Test de California

Con utilización menos xeneralizada, tamén se poden

aplicar métodos baseados nos cambios na condutividade

eléctrica ou pH do leite, así como ensaios calorimétricos

para medir a concentración de encimas no leite; no entanto,

todos estes métodos teñen os seus inconvenientes e

necesítanse técnicas máis rápidas, sensibles e fiables.

Por unha banda, a técnica de reconto celular baseada

en espectrometría de impedancia ou a vídeo-microscopia

automática determinaron valores de RCS bastante fiables,

permitindo o seu uso en condicións on-line durante

o muxido, cun diagnóstico de mamite máis inmediato e

unha determinación do RCS en cada momento con obxecto

de refugar para o tanque leite con elevado RCS.

Diversas técnicas diagnósticas innovadoras deben desenvolverse

para unha detección precoz das cada vez máis

frecuentes cepas bacterianas adaptadas ao hospedador e

de difícil illamento polos métodos convencionais. De tal

modo que o diagnóstico da mamite por métodos encimáticos

(ELISA), moleculares (PCR) ou mediante biomarcadores

son as técnicas do futuro para unha rápida e eficaz

identificación de patóxenos do ubre e determinación das

resistencias a antibióticos. Poderían ser probas de aplicación

na granxa, nalgúns casos, e on-line noutros, rápidas,

fiables e cuxos custos, aínda elevados, se poderán ir reducindo

a medida que se xeneralice máis o seu uso e se logre

unha maior robotización do procedemento.

TRATAMENTO DAS MAMITES

Nos últimos anos, a frecuente detección de resistencias a

diversos antibióticos foi observada en diferentes países europeos

entre os que se atopa España. Por iso, o tratamento

de animais con infeccións mamarias debe basearse nun

coñecemento do tipo de mamite a tratar e dos patróns de

resistencia a antimicrobianos observados, desenvolvendo

guías terapéuticas para un uso apropiado dos antibióticos

en mamite bovina.

Os tratamentos efectivos baséanse nun diagnóstico correcto

do microorganismo causante da mamite e unha duración

apropiada do mesmo. En base aos resultados obtidos recentemente,

os antibióticos de primeira elección para o tratamento

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!