26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

66

SANIDADE

Deseño axeitado da sala de muxido

- Valorar a administración de antibióticos no caso de

mamites clínicas agudas e crónicas ou infeccións latentes

con xermes patóxenos, ou cando existe unha lesión

da mamila ou do ubre. A aplicación sería sempre en

condicións estritas de hixiene e sen danar a mamila. Poderíase

mesmo establecer tratamentos parenterais como

preventivos en rabaños de alta incidencia de mamite e

manexo deficiente.

O PERÍODO SECO COMO FASE CRÍTICA

O período seco, e especialmente o período de transición (3

semanas previas ao parto), é unha fase esencial no manexo

do vacún leiteiro das explotacións modernas, xa que pode

representar un elevado risco para a adquisición de novas

infeccións intramamarias, e de incremento na incidencia e

gravidade de mamites clínicas ocasionadas por patóxenos

ambientais na seguinte lactación. Así, máis do 60% das novas

mamites ocorren durante o período seco e aproximadamente

un 75% das mamites clínicas atribúense a infeccións

adquiridas neste período. En vacas adultas, bacterias coliformes

son capaces de causar graves infeccións mamarias,

mentres que as xovencas son infectadas frecuentemente

por ECN, como xa se mencionou.

Por todo iso, establecer un protocolo de manexo axeitado

nesta fase é clave para optimizar a saúde do ubre e previr a

aparición de novas infeccións intramamarias, especialmente

nas primeiras semanas da seguinte lactación.

A rutina de secado

- O momento de secado debe calcularse restando a 280

días aproximadamente (duración media de xestación) o

número de días de secado desexado, normalmente entre 50

e 60, aconsellándose reducir a produción por baixo de 20

litros de leite ao día.

- O secado brusco consiste en deixar de muxir de modo

repentino e separar a vaca do resto dos animais en lactación,

con diminución do concentrado e adición de palla á

dieta uns días previos ao secado.

- Unha adecuada terapia antibiótica de secado xeneralizada

prescrita polo veterinario, así como unha aplicación

hixiénica da mesma.

- A aplicación de seladores internos asociouse a unha

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

DOSSIER: MAMITE

Establo ben deseñado

protección similar ou mesmo superior que o tratamento

de secado. O uso combinado de tratamento antibiótico

e seladores internos pode dar lugar a unha probabilidade

dun 30% menor de desenvolver novas infeccións

intramamarias durante o período seco e dun 33% menor

de desenvolver unha mamite clínica entre o secado e os

dous primeiros meses da seguinte lactación que a soa

aplicación antibiótica.

Durante o período seco

- Minimizar o risco de contacto con patóxenos procedentes

do contorno, proporcionando un ambiente ben

ventilado, limpo e seco, e aconsellándose material de cama

inorgánico, como area, con obxecto de reducir a multiplicación

dos patóxenos. Ademais, a utilización dunha parideira

individual diminúe o risco de infeccións mamarias

no periparto.

- Maximizar as defensas das vacas secas proporcionando

unha adecuada alimentación durante o período seco, minimizando

o balance enerxético negativo, mantendo unha

elevada toma de materia seca e suplementando a dieta con

micronutrientes coma o cobre, o selenio e as vitaminas A,

B e E.

INSTALACIÓNS E SISTEMAS DE PRODUCIÓN

A falta de benestar nos animais repercute negativamente

sobre a produción de leite debido a un efecto directo do estrés

e aos efectos específicos de problemas concretos como

coxeiras, altas temperaturas, mutilacións, redución do tempo

de descanso, medo, etc.

Continúan producíndose mamites relacionadas con problemas

no equipo de muxido ou con rutinas de muxido

inadecuadas, con ambientes que presentan hixiene deficiente

e problemas puntuais co consumo de alimentos en

mal estado.

Aínda se cometen erros frecuentes no deseño dos cortellos,

construíndose moi pechados, con deficiente ventilación

e ocasionando estrés por calor, número e medidas escasas en

corredores, cubículos, comedeiros e bebedeiros, sistemas de

limpeza non apropiados, chans esvaradíos, etc. As instalacións

deberán planificarse e construírse baixo o asesoramento

e supervisión de profesionais especializados.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!