50 DOSINDO REI Gandería: Gandería Candendo S.C. Concello: Tordoia Vacas en lactación: 60 “NECESITAMOS UN PREZO DE REFERENCIA, QUE CONTEMPLE O QUE ESTÁ A SUCEDER EN FRANCIA” 1. Os contratos son necesarios, pero coa condición de que o gandeiro saia un pouco beneficiado. Necesitamos un prezo de referencia, que contemple o que está a suceder en Francia, pero non só iso, porque tamén ten que ter en conta a subida de custos de produción. 2. Tentamos recoller forraxes de mellor calidade e empregamos gran húmido para conseguir que cada animal produza máis leite con menos custo. Se é necesario, tamén secamos algunha vaca para reducir custos. 3. Desde que estamos nesta crise, baixamos un pouco o gasto en xenética, pero seguimos apostando por ela. Compramos embrións e animais de alta calidade de Bos, e non reducimos gastos na compra de seme. JOSÉ MANUEL LADO Gandería: Gandería Nuveira Concello: Mazaricos Vacas en lactación: 96 “HAI MOITOS ANOS QUE IMPLANTAMOS EM- BRIÓNS, PERO AGORA COMPRAMOS SEME” 1. Creo que servirán de pouco, porque non establecen un prezo de referencia. Aparentemente, son mellores para a industria que para o gandeiro. Seguramente, serán mellor que nada, pero penso que teñen moitas lagoas. 2. Pouco podemos facer, porque acabamos de coller as leiras da concentración parcelaria e non poderemos aumentar a produción de forraxes propias, polo menos nun ano ou dous. Algúns terreos estaban a monte. Nós sementamos cereal de inverno, porque tal e como están as parcelas, se cadra non sacamos boas colleitas de millo. 3. Á xenética dámoslle bastante importancia, porque se tes uns bos animais, coa mesma alimentación conséguese mellor produción. Hai moitos anos que implantamos embrións, pero agora compramos seme. FERTI-SPACE PRODUCIÓN Exigir un esparcimiento preciso ����������������������������������������������������� AFRIGA ANO XVII - Nº 92 MANUEL BRANTUAS Gandería: S.C. Casblanco Concello: Santa Comba Vacas en lactación: 66 “SE AS EMPRESAS SE POÑEN DACORDO PARA TIRAR OS PREZOS, O CONTRATO NON VALE- RÁ PARA NADA” 1. Os contratos serán beneficiosos sempre que haxa un prezo mínimo e capacidade para negociar unha subida se os custos de produción tamén soben. Pola contra, se as empresas se poñen dacordo para tirar os prezos, o contrato non valerá para nada. Trátase de que non poidan baixar dese prezo mínimo e, a partir de aí, que se poida negociar. Por iso, polo menos de momento, son unha arma de dobre fío. 2. Nós non cultivamos moito cereal, porque as extensións de terreo tampouco son grandes. Tentamos que o silo de herba teña a máxima proteína posible e procuramos que o millo chegue nas mellores condicións, para evitar perdas. Este ano tamén sementamos trevo, para probar. 3. É o que che axuda a sobrevivir. Canto mellor é a xenética da granxa, menos problemas tes cos animais e ves que o que fixeches serve para algo. Aínda me lembro daquelas vacas que daban quince litros de leite. Agora temos animais que producen 70. Con todo, agora a ver que pasa coa finca de Bos. Penso que as multinacionais nos comerán outra vez. No canto de ser exportadores de xenética, volveremos ser importadores. Era mellor que os políticos non malgastasen noutras cousas e mantivesen este servizo. Ferti-SPACE ����������������������� ���������������������� ��E����������������������������� �������������������� 3 www.joskin.com VERDE EL MILAGRO
A FORZA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS “Os seus produtos son únicos, tanto en sabor coma en textura. É o resultado da súa xenética, a alimentación natural e a vida ao aire libre” FEADER Europa inviste no rural Francisco Manuel Penabad, criador de razas autóctonas Caxigueira (Ortigueira) 7 vacas frieiresas 30 ovellas galegas 9 cabras galegas 20 galos Mos 15 galiñas de Mos 15 cabalos de pura raza galega 2 cans de palleiro