26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

50

DOSINDO REI

Gandería: Gandería Candendo S.C.

Concello: Tordoia

Vacas en lactación: 60

“NECESITAMOS UN PREZO DE REFERENCIA,

QUE CONTEMPLE O QUE ESTÁ A SUCEDER EN

FRANCIA”

1. Os contratos son necesarios, pero coa condición de que o

gandeiro saia un pouco beneficiado. Necesitamos un prezo

de referencia, que contemple o que está a suceder en Francia,

pero non só iso, porque tamén ten que ter en conta a

subida de custos de produción.

2. Tentamos recoller forraxes de mellor calidade e empregamos

gran húmido para conseguir que cada animal produza

máis leite con menos custo. Se é necesario, tamén

secamos algunha vaca para reducir custos.

3. Desde que estamos nesta crise, baixamos un pouco o

gasto en xenética, pero seguimos apostando por ela. Compramos

embrións e animais de alta calidade de Bos, e non

reducimos gastos na compra de seme.

JOSÉ MANUEL LADO

Gandería: Gandería Nuveira

Concello: Mazaricos

Vacas en lactación: 96

“HAI MOITOS ANOS QUE IMPLANTAMOS EM-

BRIÓNS, PERO AGORA COMPRAMOS SEME”

1. Creo que servirán de pouco, porque non establecen un

prezo de referencia. Aparentemente, son mellores para a

industria que para o gandeiro. Seguramente, serán mellor

que nada, pero penso que teñen moitas lagoas.

2. Pouco podemos facer, porque acabamos de coller as leiras

da concentración parcelaria e non poderemos aumentar

a produción de forraxes propias, polo menos nun ano ou

dous. Algúns terreos estaban a monte. Nós sementamos

cereal de inverno, porque tal e como están as parcelas, se

cadra non sacamos boas colleitas de millo.

3. Á xenética dámoslle bastante importancia, porque se

tes uns bos animais, coa mesma alimentación conséguese

mellor produción. Hai moitos anos que implantamos embrións,

pero agora compramos seme.

FERTI-SPACE

PRODUCIÓN

Exigir un esparcimiento preciso

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

MANUEL BRANTUAS

Gandería: S.C. Casblanco

Concello: Santa Comba

Vacas en lactación: 66

“SE AS EMPRESAS SE POÑEN DACORDO PARA

TIRAR OS PREZOS, O CONTRATO NON VALE-

RÁ PARA NADA”

1. Os contratos serán beneficiosos sempre que haxa un

prezo mínimo e capacidade para negociar unha subida

se os custos de produción tamén soben. Pola contra, se

as empresas se poñen dacordo para tirar os prezos, o

contrato non valerá para nada. Trátase de que non poidan

baixar dese prezo mínimo e, a partir de aí, que se

poida negociar. Por iso, polo menos de momento, son

unha arma de dobre fío.

2. Nós non cultivamos moito cereal, porque as extensións

de terreo tampouco son grandes. Tentamos que o silo de

herba teña a máxima proteína posible e procuramos que o

millo chegue nas mellores condicións, para evitar perdas.

Este ano tamén sementamos trevo, para probar.

3. É o que che axuda a sobrevivir. Canto mellor é a xenética

da granxa, menos problemas tes cos animais e ves que o que

fixeches serve para algo. Aínda me lembro daquelas vacas

que daban quince litros de leite. Agora temos animais que

producen 70. Con todo, agora a ver que pasa coa finca de

Bos. Penso que as multinacionais nos comerán outra vez.

No canto de ser exportadores de xenética, volveremos ser

importadores. Era mellor que os políticos non malgastasen

noutras cousas e mantivesen este servizo.

Ferti-SPACE

��E�����������������������������

�������������������� 3

www.joskin.com

VERDE

EL MILAGRO

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!