26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

48

PRODUCIÓN

MANUEL SANDAMIL

Gandería: SAT Sandamil

Concello: Castro de Rei

Vacas en lactación: 43

“REALMENTE NON LOGRAMOS COMPENSAR

TODA A SUBIDA DOS PREZOS”

1. Se realmente os contratos homologados levasen asociado

un prezo mínimo, servirían de algo. Se o prezo de referencia

se basea no que suceda noutros países, e logo cada

industria fai o que lle dea a gana, non creo que sirvan de

moito.

2. Tratamos de compensar coa calidade das forraxes e, sobre

todo, cun bo manexo. Tentamos combinar ambas cousas.

Realmente non logramos compensar toda a subida dos

pensos, pero procuramos facer as cousas ben para que a

explotación sexa un pouco rendible.

3. A xenética ten moita importancia. Unha granxa con boa

xenética ten máis potencial en canto a produción de leite.

As vacas teñen mellor morfoloxía e máis lonxevidade.

Todo iso, traducido en euros, vai sumando rendibilidade.

MARISOL FERNÁNDEZ

Gandería: Gandería Capón

Concello: Chantada

Vacas en lactación: 50

“A XENÉTICA É O 90% DA NOSA EXPLOTACIÓN”

1. Servirán para ter unha seguridade, polo menos durante

tres meses. Queda moito por facer. Un contrato por tres

meses implica que tes o prezo asegurado por ese tempo,

pero nós vendemos leite os 365 días do ano. Aos tres meses,

o prezo volven a fixalo as industrias, co cal sempre estamos

pillados.

2. Nós somos de pastoreo. Aínda que notamos a subida

dos cereais, non estamos tan angustiados como a xente que

os utiliza máis para alimentar aos seus animais. Aínda así,

nótase. Tratamos de pastorear un pouco máis e, aínda que

baixamos un pouco as medias, tentamos cubrir gastos.

3. A xenética é o 90% da nosa explotación. Xa non só porque

teñamos animais de concurso, senón porque esas vacas

adoitan ser as máis rendibles da casa. Son as reses máis

grandes, con maior produción, con mellores patas e con

mellor sistema. Nunha palabra, son os mellores da explotación

e nótase no rendemento e na lonxevidade.

JOSÉ ALBERTO IGLESIA

Gandería: SAT Rey de Miñotelo

Concello: Pastoriza

Vacas en lactación: 70

“TRAEMOS PALLA E PENSO. O RESTO DAS FO-

RRAXES SON DE PRODUCIÓN PROPIA”

1. Creo que poden ser útiles, pero o importante é que se

cumpran.

2. Ensilamos bastante, tanto herba como millo, e compramos

moi poucos cereais. Traemos palla, pero moi pouca, e

penso. O resto das forraxes son de produción propia.

3. A xenética ten moita importancia. A min gústanme non

só as vacas de moita produción, senón tamén as de concurso.

Son animais con boas patas e con bos ubres, que ao fin e

ao cabo van durar máis partos e, polo tanto, darán maiores

ganancias. E todos vivimos do leite.

La Raza Vacuna FLECKVIEH Garantiza el FUTURO Y VIABILIDAD ECONÓMICA de

las Explotaciones Ganaderas Productoras de LECHE / Tipo Familiar

Asociación Nacional Criadores Vacuno Fleckvieh España

Entidad Colaboradora del Ministerio

Avda. Movera 580 (Edificio CENSYRA) 50.194 MOVERA-ZARAGOZA

Tels. 976 586 625 / 647 145 563

GANADERO, SI DESEAS ADQUIRIR NOVILLAS DE ESTA MAGNIFICA RAZA, CONTACTA CON LA ASOCIACIÓN Y PIDE INFORMACIÓN

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!