26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

46

PRODUCIÓN

XOSÉ FERNÁNDEZ

Gandería: SAT Xerlea

Concello: Cospeito

Vacas en lactación: 160

“OS CONTRATOS PODEN SER FAVORABLES SE

SE CUMPREN OS PREZOS ACORDADOS”

1. Hai diversidade de opinións. Creo que poden ser favorables,

sempre que se faga un seguimento sobre o seu cumprimento

e sobre os prezos acordados. Se asinamos uns

contratos e a industria segue facendo o que lle dá a gana,

evidentemente non se resolverá nada. Se son obrigatorios

uns prezos de referencia, que figuren neses contratos, claro

que serán positivos.

2. Melloramos a calidade das nosas forraxes, polo que estamos

utilizando máis forraxes e menos concentrados.

3. A xenética ten moita importancia. Hai que buscar un

índice xenético cada vez máis alto. Antes, as explotacións

medíanse por número de cabezas, agora mídense por litros

de leite e por quilos de cota.

JESÚS LÓPEZ

Gandería: Gandería Pernas

Concello: Cospeito

Vacas en lactación: 80

“DESPOIS DA ALIMENTACIÓN, A XENÉTICA É

O ASPECTO MÁIS IMPORTANTE”

1. Haberá que ver como se presentan. Non sei que dicir. O

normal é que fosen bos, pero todo dependerá de como se

apliquen.

2. Tentamos aguantar o tirón, porque a cousa está moi xusta.

Nótase moito a subida dos pensos, pero de momento

non aumentamos a produción de forraxe.

3. Dámoslle moita importancia, porque despois da alimentación,

a xenética é o aspecto máis importante dunha

explotación. Boa alimentación e boa xenética. É o fundamental.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

VENTA DE

ABONO DE

POLOS

VENTA DE

CASCARILLA

DE ARROZ TELEFONO:

ANXO DONO

Gandería: Gandería Dono

Concello: Frades

Vacas en lactación: 38

“OS CONTRATOS AXUDARÁN PORQUE INCLUI-

RÁN PREZO E GARANTÍA DE RECOLLIDA”

1. Será unha ferramenta que non solucionará todos os problemas

que temos no campo, pero axudará porque serán

uns contratos que incluirán prezo, garantía de recollida e

espazo temporal.

2. Perder diñeiro, así de claro, sobre todo na miña comarca,

que é unha zona moi leiteira, onde non se mobiliza a base

territorial. Temos praderías, monte e plantacións en terreos

agrogandeiros. Así é imposible reducir custos, porque dependemos

da alfalfa e da palla de Castela.

3. A xenética é importantísima. Temos que ter uns animais

morfolóxica e xeneticamente capaces de producir grandes

cantidades de leite e que coman a maior cantidade posible

de forraxe. Os animais son máquinas, por utilizar un símil,

porque todo o que comen prodúceno en leite.

JOSÉ MANUEL BOTANA

Gandería: Gandería Botana

Concello: Ribadeo

Vacas en lactación: 30

“TENTAMOS ABARATAR CUSTOS CON MOITO

PASTOREO E MELLORES FORRAXES”

1. Esperamos, polo ben do sector, que funcionen, pero sen

un prezo de referencia non servirán para nada.

2. Tentamos abaratar custos con moito pastoreo e mellores

forraxes. Queremos quedarnos con algún terreo que quede

pola zona para reducir todo o que poidamos a cantidade de

concentrado que se consome na granxa.

3. A xenética é bastante importante, aínda que nós hai

pouco que comezamos a traballar nese campo.

DISTRIBUCIÓN

A CUALQUIER

PUNTO DE

ESPAÑA Y

PORTUGAL

647 95 69 08 MAIL: avicolaarribada@hotmail.com

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!