26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

42

PRODUCIÓN

OS PRODUTORES OPINAN:

CONTRATOS, CUSTOS E XENÉTICA

1. SERÁN OS CONTRATOS HOMOLOGADOS OBRIGATORIOS UNHA SOLUCIÓN PARA

NORMALIZAR AS RELACIÓNS ENTRE A INDUSTRIA E OS GANDEIROS?

2. QUE FACEDES NAS VOSAS GRANXAS PARA MANTER CUSTOS A PESAR DA SUBIDA

DE PENSOS E CEREAIS?

3. QUE IMPORTANCIA LLE DADES Á XENÉTICA NA VOSA EXPLOTACIÓN?

MANUEL TEIJEIRO

Gandería: SAT Teixeiro

Concello: A Pastoriza

Vacas en lactación: 86

“BENEFICIOSO OU NON, TODO SEGUE ESTAN-

DO EN MANS DAS EMPRESAS”

1. Creo que son unha cousa máis. Beneficioso ou non, todo

segue estando en mans das empresas. Non achegará nada

aínda que negociemos nós o prezo do leite. Tampouco xerará

unha gran estabilidade, porque só teñen vixencia por

tres meses.

2. Miramos de reducir custos, pero nunca pasando do límite

a partir do cal empezas a perder produción. O prezo

dos pensos estase disparando, polo que tentamos producir

na propia granxa a maior cantidade de forraxe e da maior

calidade posible.

3. Levamos anos traballando coa xenética. Os tiros van por

aí. Os animais son cada vez máis lonxevos e máis correctos,

polo que tamén funcionan mellor na corte. Trátase de que

aguanten o maior número de partos posible, porque aí é

onde está a rendibilidade.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Crta. LU-633 Km 76

27170 Portomarín - Lugo

Telf: 982 547 505

Fax: 982 545 100

info@aviporto.com

EMILIO RODRÍGUEZ

Gandería: SAT Emilio do Jaime

Concello: Cospeito

Vacas en lactación: 96

“A XENÉTICA É UNHA FERRAMENTA ESEN-

CIAL PARA TRABALLAR”

1. Poden ser beneficiosos, sempre que se cumpran e se estableza

unha comisión de seguimento para garantir que se

aplican como se teñen que aplicar. Se son como os ensaios

que houbo ata agora, todo quedará en nada, porque as industrias

non os cumprirán.

2. Tratamos de ensilar toda a forraxe que podemos e gastar

o mínimo posible en alimentos comprados. Non podes

baixar demasiado a cantidade de penso, pero tentamos

conseguir unha forraxe propia de calidade para que as vacas

dean máis leite.

3. A xenética é unha ferramenta esencial para traballar.

Trátase de ter animais que produzan, que duren moitos

partos e que non dean problemas. Iso é o bonito e o bo.

982 54 75 05

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!