26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

40

EXPLOTACIÓN

Os xatos acabados de nacer

permanecen en boxes colocados no

exterior da nave

Os cubículos, situados na parte central da nave, son de biomasa

sobre a que se deposita unha capa de cal e serrín

A granxa conta con dous depósitos de xurro, con capacidade

para 980.000 litros e situados debaixo da nave. De

momento non separan o sólido e o líquido, se ben é algo no

que xa pensaron de cara ao futuro.

Todo o gando está estabulado e practican a separación

por lotes. As vacas de produción están separadas das secas,

mentres que as xovencas permanecen nas instalacións vellas.

Á súa vez, estas últimas organízanse por lotes de idade

para controlar a súa alimentación e desenvolvemento.

Ademais, faise pastoreo coas vacas secas e coas xovencas

próximas ao parto.

En canto á recría, non toda se realiza na granxa. Unha

parte vai para o Rancho Las Nieves aos poucos días de nacer,

onde permanece ata que a xovenca, xa preñada, está próxima

ao parto. E non toda se destina á propia produción leiteira,

xa que a cría é moi superior á capacidade da granxa, polo que

venden unha media de catro xovencas ao ano.

A idade media da primeira inseminación é aos 15 meses,

se ben as do centro de recría se inseminan aos 13 ou 14 en

función do tamaño e o peso. A media de inseminacións por

preñez é de dúas doses e media e o intervalo entre partos

sitúase en torno aos 400 días.

RACIÓN E FORRAXES

En Cesares Holstein optan por unha alimentación equilibrada,

pero tamén sinxela e económica debido aos actuais

prezos do leite. A ración faise para 42 vacas, non varía en

función dos litros de leite que produce cada unha e está

integrada por 250 gramos de palla, 8 quilos e medio de

penso, 9 quilos e medio de silo de herba e 28 quilos de silo

de millo. A que si varía é a dieta das vacas secas, a base de

palla, herba seca e pastoreo. En canto ás xovencas, a súa

ración componse de herba seca, palla e penso.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

As vacas poden rascarse cando queren

con este cepillo mecánico

Vista xeral dos comedeiros

A RACIÓN É EQUILIBRADA, SINXELA

E SIMILAR PARA TODAS AS VACAS EN

LACTACIÓN

Cesares Holstein conta con 17 hectáreas de superficie

agrícola propias e outras 10 alugadas. O terreo divídese en

18 fincas caracterizadas polas súas pequenas dimensións e

pola dispersión xeográfica existente entre elas.

A maior parte (20 hectáreas) dedícase ao cultivo de millo

(ciclo 300 e ciclo 400) para silo, aínda que antes se sacan

dous cortes de herba westerwold. As boas condicións do

terreo para o cultivo do millo quedan demostradas cuns

resultados medios de 65 toneladas por hectárea. Outras

dúas hectáreas e media destínanse a raigrás (dous cortes

para silo e un para seco). O resto emprégase para pastoreo.

A maquinaria coa que traballan téñena en propiedade.

Trátase de tres tractores de 161, 100 e 70 cabalos, respectivamente,

carro mesturador de arrastre horizontal, dous

rastrillos, dúas cisternas, un remolque, un autocargador,

unha abonadora e un arado de tres regos. Tamén posúen

unha fresadora, unha sulfatadora e unha rotoempacadora

en sociedade con outro gandeiro da zona. Por outra parte,

para a realización de tarefas como a campaña do millo optan

polo sistema de contratación externa do servizo.

MELLORA GANDEIRA

Segundo Domingo Ces Ares, o segredo para conseguir

unha boa selección gandeira está na elección dos touros.

Pero tamén recoñece que unha boa xenética sen máis non

equivale a unha boa produción. En cambio, unha vaca cunha

xenética normal chegará a ser unha boa produtora leiteira

se conta cun bo manexo, un bo confort e unha boa

alimentación.

Na granxa inclínanse por touros moi equilibrados. O encargado

da selección é Domingo. O primeiro no que se fixa

é na morfoloxía do animal, sobre todo na profundidade

do ubre (que sexa superior a +5 en touros canadenses e a

+1,5 nos nacionais e americanos) e nas patas (sobre todo

no ángulo podal e na vista posterior). Ademais, repara en

que teñan boa calidade de óso e angulosidade.

Aos datos de produción non lles dá tanta importancia,

aínda que busca touros que non sexan negativos en graxa e

proteína. Así mesmo, préstalle especial atención ao nivel de

células somáticas (que sexa o máis baixo posible), así como

á saúde e á vida produtiva do animal.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!