26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Juan Carlos e Domingo Ces Ares, xunto á nave

Entre os servizos que ofrece Feiraco encóntranse a venda

de pensos ou a asistencia sanitaria. No primeiro caso, a

venda do penso non se vincula co prezo do leite. En canto

ao aspecto sanitario, na granxa Cesares Holstein optaron

por continuar cos servizos de Seragro, con quen levan traballando

desde hai varios anos.

A cabana actual componse de 46 vacas adultas e 42

xatas e xovencas. Destas últimas, 24 atópanse no centro

de recría Rancho Las Nieves (Zaragoza).

Con 42 vacas de produción, a cota da granxa tamén se foi

ampliando progresivamente, ata alcanzar os 420.000 quilos

actuais máis outros 60.000 en réxime de alugueiro.

As instalacións novas, dispostas a partir dunha estrutura

metálica en combinación con bloque, abranguen uns 750

metros cadrados que engloban a nave (con estabulación libre

en cubículos), a leitería e a sala de muxido (sistema tipo

tándem de 6 puntos). A elas hai que engadirlles o establo

vello, que alberga as xovencas.

Os elementos de benestar animal, aos que tanto Juan

Carlos como Domingo lles conceden moita importancia,

son visibles na explotación. Os colchóns dos cubículos son

de biomasa feita por eles mesmos a partir de restos resultantes

da limpeza das fincas. Por riba levan unha capa de cal

e serrín que axuda a previr infeccións, aínda que Domingo

está seguro de que o máis importante para evitar enfermidades

é o manexo diario e non tanto o material empregado.

Os colchóns cámbianse cada dous meses aproximadamente,

aínda que as camas se removen tres veces ao día coa

finalidade de optimizar as condicións sanitarias.

A nave, cun total de 50 cubículos, caracterízase polas

súas amplas aberturas, evitando así a necesidade de ventiladores

artificiais. Está orientada para protexer o gando dos

temporais da época invernal, de modo que a propia leitería

lle dá abrigo. O sistema de limpeza é o de arrobadeira

arrastrada, programado para pasar cada 8 horas.

O establo conta tamén cun cepillo mecánico que permite

que os animais se poidan rascar nas distintas partes do corpo

(cabeza, pescozo, lombo e grupa) cada vez que senten necesidade.

Trátase dun sistema que favorece o confort e o aseo

da cabana e axuda a previr enfermidades como a sarna.

EXPLOTACIÓN 39

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!