26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

38

EXPLOTACIÓN

GRANXA CESARES HOLSTEIN S.C. (LOUSAME)

MANEXO AXEITADO E MELLORA

XENÉTICA, SEGREDOS PARA CONSEGUIR

UNHA BOA SELECCIÓN GANDEIRA

Os propietarios da granxa Cesares Holstein, Juan Carlos e Domingo Ces Ares, están

convencidos de que unha boa xenética sen máis non equivale a unha boa produción.

Entre a súa cabana gandeira encóntrase Cesares Boeza Dancer, a xovenca gran

campiona do I Concurso da Raza Frisona de Arzúa celebrado en marzo.

Na parroquia de Vilacoba, no municipio coruñés de

Lousame, atópase a explotación Cesares Holstein, propiedade

dos irmáns Juan Carlos e Domingo Ces Ares. Juan

Carlos (40 anos) é o que se encarga do traballo diario da

granxa, mentres que Domingo (42) actúa de socio capitalista.

A súa dedicación profesional é a de calificador de

CONAFE, pero tamén colabora coas diferentes tarefas

gandeiras cando está na casa.

Aínda que os seus avós e bisavós xa se dedicaban á gandería,

a orixe desta granxa remóntase ao ano 1965, cando o seu

pai comprou as primeiras vacas frisonas. Anos despois, cando

os irmáns tomaron o relevo do negocio, había arredor de

20 vacas en produción, unha cifra que foi aumentando ata as

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

As amplas aberturas son a principal característica da nave

case 90 femias rexistradas na actualidade. O salto definitivo

produciuse no ano 2001, fai agora dez anos, coa construción

das novas instalacións, máis amplas e adaptadas ás necesidades

de produción e de benestar animal.

Cesares Holstein está integrada en Feiraco, sociedade

cooperativa da que Domingo é vicepresidente do Consello

Reitor. O obxectivo de Feiraco é comercializar o mellor

posible o produto dos seus cooperativistas. O sistema de

prezos baséase nun prezo estándar máis un complemento

que varía cada mes. Os cooperativistas non teñen contratos

de prezos mínimos, pero o compromiso da cooperativa é

pagar, como mínimo, a media do que se cotizou o leite do

conxunto das explotacións galegas.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!