26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

34

RECRÍA

Tras o parto, as nosas xatas estarán expostas a diferentes contaminantes ambientais, polo que é vital que reciban rápido as primeiras tomas de calostro

DE QUE VACAS SE OBTÉN O MELLOR CALOSTRO?

Sempre se dixo que é mellor o calostro dunha vaca adulta

có dunha xovenca, xa que teñen unha maior concentración

de anticorpos e, xa que logo, a transferencia de inmunidade

será maior. Isto é certo na maioría das situacións, pero debemos

facer algunhas puntualizacións.

Se comparamos estudos de composición de calostros

durante os últimos vinte anos, o que máis nos chama a

atención é que a porcentaxe de vitaminas e minerais aumentaron

considerablemente. Isto débese a que cada vez

manexamos e alimentamos mellor as nosas vacas en transición

e prestámoslles maior atención ás súas necesidades

nutricionais e, polo tanto, enriquécese o calostro. Non debemos

esquecer que a calidade deste é directamente proporcional

á alimentación recibida polas vacas durante o seu

período seco. Pero non todo é positivo nestes estudos, xa

que a composición de sólidos totais diminuíu e con iso a

concentración de inmunoglobulinas presentes no calostro.

É unha consecuencia directa da maior produción das nosas

vacas, xa que ao aumentar os litros que se obteñen durante

a primeira muxidura tamén se dilúen os compoñentes

presentes no calostro. Está todo relacionado. Manexamos

e alimentamos mellor durante o secado, polo que a vaca

producirá maior cantidade de leite tras o parto, máis rica

en micronutrientes pero con menor proporción de sólidos

totais. Por esta mesma situación, o calostro das xovencas

que paren por primeira vez tamén mellorou tanto en composición

coma en calidade, aínda que nas mesmas condicións

segue a ser preferible o calostro das vacas multíparas.

Para evitar os problemas asociados á alta produción, debemos

muxir as vacas recentemente paridas o máis pronto

posible tras o parto, e sempre que sexa posible durante as

dúas horas seguintes a este. Así evitaremos que o ubre almacene

unha cantidade excesiva de leite e dilúa os seus

compoñentes. Ademais, a vaca tras o parto comeza a reabsorber

inmunoglobulinas do ubre cara ao seu organismo, o

que asociado ao aumento do leite implica unha redución

en porcentaxe considerable. Como veremos máis adiante,

as xatas deben tomar o seu primeiro calostro nas dúas horas

seguintes ao nacemento e é o momento indicado para

realizar a primeira muxidura da vaca; desa forma faremos

coincidir no mesmo período ambas as pautas de manexo.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Tamén evitaremos no posible muxir os animais antes do

parto, xa que este proceso provoca perdas no valor do calostro

obtido tras o nacemento do xato.

Os condicionantes que debe reunir un animal para obter

un bo calostro son:

-vaca multípara

-menos de 7 litros durante a primeira muxidura (muxidura

a fondo)

-máis de 40 días seca

-sen mastite nin muxidura preparto

-vacinada durante o secado

-libre de enfermidades transmisibles

TODAS AS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS

DEBERÍAN MANTER UNHA RESERVA

DE CALOSTRO PARA CANDO A NAI NON

DÁ SUFICIENTE PARA A XATA OU O

RECOLLIDO NON É DE BOA CALIDADE

IMPORTANCIA DUN ENCALOSTRADO TEMPERÁN

O calostro, ademais de achegar nutrientes esenciais para o

crecemento das xatas, é o encargado de transferir a inmunidade

pasiva proveniente da nai a través das inmunoglobulinas

presentes nel. A resistencia fronte ás enfermidades

durante os primeiros meses de vida, e polo tanto a súa

supervivencia, dependerá directamente do nivel de inmunidade

adquirida nestas primeiras tomas. Pero este feito

non é constante no tempo, senón que a xata ten un tempo

limitado para poder recibir esa inmunidade, xa que a súa

capacidade de absorción cambia rapidamente tras o nacemento,

polo que o éxito temperán dos nosos programas

de recría dependerá en gran medida do manexo aplicado

neste período.

A importancia dun rápido encalostrado baséase en dous

feitos fundamentais, a perda de capacidade de absorción

de inmunoglobulinas e a colonización do intestino por

bacterias patóxenas. O primeiro suposto está condicionado

pola maduración intestinal dos animais acabados de nacer.

Durante as primeiras horas de vida o intestino das xatas

comeza a segregar encimas e a desenvolver a súa

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!