26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O ENCALOSTRADO COMO BASE

DUNHA BOA RECRÍA

O protocolo de administración e a composición do calostro repercutirán directamente sobre

o rendemento dos animais durante as primeiras fases do noso programa de recría. Un bo

encalostrado suporá melloras na conversión do alimento, aumentará a ganancia de peso

media diaria e reducirá as porcentaxes de enfermidade e de mortalidade, mellorando os

índices económicos do noso programa e facilitando o manexo.

O calostro é a primeira comida que reciben as nosas

xatas tras o seu nacemento. Achega nutrientes esenciais e, o

que é máis importante, anticorpos maternais que formarán

a base do seu sistema inmune durante os primeiros meses

de vida. Este feito é fundamental para a súa supervivencia,

xa que nese momento apenas teñen reservas corporais e o

seu sistema inmunolóxico aínda non é funcional.

Moito se escribiu sobre a forma correcta de encalostrar

durante as últimas décadas e, aínda así, a día de hoxe segue

a ser un dos puntos críticos de todos os programas de

recría nas granxas leiteiras. Melloramos moito o manexo

e as instalacións para as primeiras fases da recría e, con

todo, as porcentaxes de morbilidade e mortalidade non se

reduciron de forma equitativa, o cal significa que as nosas

Roberto C. Fernández

Veterinario asesor de explotacións leiteiras

RECRÍA 31

O manexo e a

alimentación

durante o período

seco serán

fundamentais

para a calidade do

calostro

xatas non están a recibir unha protección temperá de forma

correcta.

Os alicerces básicos dun bo encalostrado son unha administración

temperá, unha boa composición do calostro

e un alto nivel de hixiene tanto nas instalacións como no

manexo.

CARACTERÍSTICAS E MANEXO DO CALOSTRO

Pódese definir o calostro como a secreción da glándula mamaria

durante as 24 horas posteriores ao parto. Aínda que

non se considera leite como tal ata as 72 horas posparto,

entre as 24 e 72 horas a composición do calostro atoparíase

nunha fase de transición, polo que xa non mantén todas as

súas propiedades específicas.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!