26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

30

PUBLIRREPORTAXE

A DEPUTACIÓN INICIA AS

OBRAS DO CENTRO DE

RECRÍA CUMPRINDO OS

PRAZOS ESTABLECIDOS

As máquinas comezaron a preparar o terreo onde se

construirán as 13 naves para 3.000 xovencas e as 370

casetas nas que se realizará a recría. Logo do remate

destes traballos, dotarase de equipamento o interior

das naves e instalarase a depuradora para converter en

enerxía 28.000 m 3 de purín, ou sexa, o 100% dos residuos.

Tal e como anunciou o 29 de

abril o presidente da Deputación,

José Ramón Gómez

Besteiro, durante a sinatura

do convenio coa empresa Tragsa, o organismo

provincial iniciou o 2 de maio

as obras do Centro de Recría da Granxa

Gayoso Castro, dotadas con 6 millóns

de euros e financiadas na súa totalidade

pola institución provincial.

A licitación da infraestrutura acométese

en dúas fases co fin de axilizar os

traballos bloqueados tanto pola Xunta,

administración que tardou máis dun

ano en conceder a declaración de im-

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

pacto medioambiental (DIA) imprescindible

para iniciar as obras, coma polo

anterior equipo de goberno provincial,

que mantivo estas instalacións sen licenza

de actividade. O deputado e alcalde

de Castro de Rei, Juan José Díaz

Valiño, salientou que “malia as trabas

do Executivo galego, Deputación e Concello

poñemos en marcha as obras do

proxecto gandeiro máis revolucionario

en Galicia nas últimas décadas, que redundará

no beneficio dos veciños dunha

provincia eminentemente gandeira”.

Os operarios empezaron a preparar o

terreo coas máquinas para levar a cabo

A principios de xuño comezarase

coa construción das 13 naves

Os operarios empezaron a preparar o terreo coas máquinas

para levar a cabo as tarefas de roza e valado

as tarefas de roza e valado. Estas actuacións

prolongaranse durante todo o

mes, de xeito que a principios de xuño

comezarase coa construción das 13 naves

que van acoller as 3.000 xovencas e

as 370 casetas para a recría, que ocuparán

25.000 metros cadrados.

Simultaneamente acometerase a

instalación do saneamento, abastecemento

de auga e servizo eléctrico,

ademais do traslado do invernadoiro no

que realizan prácticas os alumnos das

titulacións relacionadas coa Horticultura

e Xardinería do Instituto de Castro

de Rei. Concluídas estas obras, que teñen

un prazo de execución de 9 meses,

iniciaranse os trámites para a segunda

adxudicación. Esta parte inclúe a urbanización,

a dotación interior das naves

e a instalación da estación depuradora,

que permitirá que o Centro sexa autosuficiente,

é dicir, con capacidade para

xestionar o 100% dos residuos que xeren

na Granxa, converténdoos en enerxía.

As 3.000 xovencas xerarán 28.000

metros cúbicos de purín ao ano, o que

obriga a facer unha xestión racional.

O Centro de Recría é o proxecto máis

ambicioso levado a cabo en Galicia nos

últimos anos. Triplica a capacidade dos

14 que existen actualmente na Comunidade

e permítelles aos gandeiros facer

máis rendibles as súas explotacións,

reducir os custos que supón a recría e

mellorar a calidade xenética da cabana

gandeira.

Ademais, o Centro de Recría convértese

nun escenario de investigación

aberto aos alumnos de Veterinaria e

doutras facultades, e especialmente

innovador no seu modelo de xestión

medioambiental de residuos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!