26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

26

Medidas recomendadas de cubículos

peso

xovencas

RECRÍA

lonxitude

total

lonxitude

interior

ancho

total

altura

barra

135-180 1,2-1,3 0,9. 0,7. 0,7-0,8

180-270 1,5-1,7 1,2. 0,8. 0,85-0,90

270-360 1,7-1,8 1,3. 0,9. 0,9-0,97

360-450 1,8-2,0 1,4. 1,0. 0,97-1

450-500 2,0-2,1 1,5. 1,1. 1,0-1,1

500-590 2,1-2,3 1,6. 1,2. 1,1-1,12

590-725 2,3-2,5 1,7. 1,22. 1,12-1,22

Asociación Americana de Ingenieros Agrícolas, 1990

Podemos empregar dous tipos básicos de instalacións

durante este período, a baseada nunha cama quente e a

baseada en cubículos. Calquera delas pode producir bos resultados

sempre que o manexo, mantemento e dimensións

sexan adecuados. De todos os xeitos, se temos a opción de

utilizar calquera dos dous sistemas decantarémonos pola

cama quente, debido a que facilitará en gran medida a expresión

dos celos por parte dos animais. A maior detección

de celos, maior será a nosa taxa de preñez e menos tempo

precisaremos para conseguir unha xestación.

Os sistemas baseados en cama quente teñen o inconveniente

do maior custo producido no mantemento, pero

moitas vantaxes. Os animais teñen menos probabilidades

de sufrir golpes ou accidentes e redúcense os casos clínicos

de coxeiras e teñen mellor mobilidade funcional. Tamén

realizan máis exercicio, co que aumenta o seu desenvolvemento

muscular fronte á deposición graxa, e os niveis

de inxestión de materia seca vense aumentados fronte ao

sistema con cubículos; todo iso mellora a expresión e duración

dos celos, así como a súa detección.

Pola contra, os sistemas con cubículos teñen un menor

custo de mantemento pero con taxas inferiores de detección

de celos. Ademais, as xovencas necesitan ser habituadas ao

emprego deste sistema antes de alcanzar esta fase. Se non foi

así, podemos atoparnos graves problemas de manexo e unha

importante caída nas inxestións de alimento.

Como estamos nunha fase onde lle daremos prioridade

á eficiencia reprodutiva, os sistemas de cama quente resultarannos

moito máis adecuados para as xovencas próximas

a inseminar.

Respecto das superficies do chan, é preferible o emprego

de patios de terra que de cemento polo tema de detección

de celos. Se non é posible este sistema pola climatoloxía

da nosa zona ou porque xa temos a instalación construída,

debemos prestar moita atención ao raiado e mantemento

destas superficies. O que non se debería empregar durante

esta fase da recría son as grellas, debido a que reducen demasiado

a suxeición e a estabilidade dos animais.

As recomendacións en dimensións das estruturas deben

vir establecidas polo tamaño dos animais que teñamos.

Como orientación, en xovencas Holstein de 13 a 16 meses

de idade e cun peso aproximado de 390 a 450 kg deberiamos

utilizar 3,6 m 2 de zona de descanso e 30 a 32 m 2

de zona de exercicio por animal. Estes valores deberán ser

incrementados cando os lotes sexan moi reducidos.

Se utilizamos un sistema de cubículos, deberían ter unha

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

DEDICAREMOS ENTRE 15 E 20 MINUTOS

Á OBSERVACIÓN DOS CELOS, TRES VECES

AO DÍA, E SERÁ A ÚNICA TAREFA QUE SE

REALICE NESTE PERÍODO

O deseño das instalacións debe ser adaptado

a cada fase do programa de recría

lonxitude total 200 cm, unha lonxitude interior de 140-

150 cm e unha anchura de 100-105 cm. A barra educadora

deberemos adiantala cando os animais non estean habituados

a este sistema. Os corredores non deberían ter unha

anchura inferior aos 3,5 m.

Respecto da zona de alimentación, é recomendable o

emprego de cornadizas fronte ao comedeiro corrido para

facilitar o manexo durante a inseminación e os controis

reprodutivos. En calquera dos dous casos, o espazo por

animal debe ser de 50 a 55 cm.

En calquera instalación para xovencas en idade de reprodución,

é importante incrementar o espazo dispoñible

cando realizamos o deseño inicial. Isto permitiranos traballar

con maior marxe de manobra en situacións nas que

se produza unha aglomeración de animais nesta fase, xa

sexa por unha caída nas porcentaxes de preñez ou por unha

concentración de partos.

MANEXO REPRODUTIVO

As xovencas virxes teñen unha expresión dos celos moito

maior á das vacas adultas, tanto en duración como en número

de montas. Por iso, a forma máis eficaz de obter unha

boa taxa de preñez é a observación directa destes.

O mellor momento do día para realizar a observación

será á primeira hora da mañá e á última da tarde, coincidindo

cos momentos de maior actividade dos animais.

Tamén poden producirse un número alto de montas cando

se movan grupos de animais, polo que debemos estar atentos

durante as manobras de manexo. Dedicaremos entre 15

e 20 minutos á observación dos celos, tres veces ao día, e

será a única tarefa que se realice neste período. Non serve

que esteamos presentes unha hora se estamos realizando

outras manobras, xa que isto nos distraerá do noso labor e

orixinará moitos erros de identificación.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!