26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

24

RECRÍA

Con esta información podemos establecer que o peso

ideal para a cubrición estará en torno ao 55% do peso

adulto do animal. O peso final dependerá da xenética e

da alimentación, pero se o noso obxectivo é lograr animais

en primeiro parto cun mínimo de 620 kg (85% do peso

adulto) deberemos inseminar as xovencas cando alcancen

os 390-400 kg.

A idade para a cubrición virá determinada polo ritmo de

crecemento que esteamos obtendo no noso programa. Así,

con crecementos medios diarios de 830 g/día poderemos

inseminar aos 14 meses, pero con 750 g/día teremos que

irnos case aos 16 meses. Polo que se o noso obxectivo cara

ao primeiro parto son 23-24 meses, debemos conseguir

crecementos antes de inseminar as xatas de 800 a 850 g/día

para inseminalas ao redor dos 13,5 a 14,5 meses de idade.

Por último, a estatura ideal para a inseminación debe ser

superior aos 1,32 cm á anca (1,27 cm se tomamos como referencia

a altura á cruz). Este factor non debe ser determinante

para decidir se imos cubrir ou non unha xovenca, xa

que se verá moi influenciado pola xenética do animal. Pero

si que é verdade que se realizamos un programa de crecemento

adecuado é bastante sinxelo alcanzar esta estatura.

PROGRAMA NUTRICIONAL

O programa nutricional debe cubrir dúas necesidades

moi importantes durante este período. En primeiro lugar,

debe cubrir unhas necesidades básicas de crecemento

para que os animais manteñan a súa ganancia de peso e

estatura mentres están enroladas no programa reprodutivo.

Se conseguimos un índice de preñez bastante alto, haberá

moitas xatas que só permanezan seis semanas no lote de

reprodución (11 días de media para a inseminación e 28

días para o diagnóstico), pero unha porcentaxe dos animais

deberá permanecer 12 ou 14 semanas para quedar xestantes.

Este é un período de tempo demasiado longo para que

diminúan o seu ritmo de crecemento, polo que o desenvolvemento

corporal seguirá a ser un obxectivo primario do

programa nutricional durante esta fase.

En segundo lugar, a alimentación debe buscar o máximo

de eficiencia reprodutiva intentando incrementar a

fertilidade todo o posible. Isto conseguirémolo mantendo

unhas achegas equilibradas que cubran as necesidades

básicas de reprodución á vez que contribúen ao

crecemento corporal.

A ración debe buscar o máximo de eficiencia reprodutiva

á vez que mantén o crecemento (Centro de recría Anoca)

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

O confort das xovencas será determinante para

conseguir bos resultados reprodutivos

DECANTARÉMONOS POLA CAMA QUENTE,

DEBIDO A QUE FACILITARÁ EN GRAN

MEDIDA A EXPRESIÓN DOS CELOS POR

PARTE DOS ANIMAIS

Traballaremos con xovencas ao redor dos 13-15 meses

de idade, cuxo consumo estimado debería atoparse nuns

9,5 a 10 kg de materia seca por día, o que nos servirá de

referencia para os cálculos.

Os requirimentos de proteína bruta durante este período

serán dun 14% sobre materia seca. É importante avaliar o

aproveitamento deste nutriente mediante controis rutineiros

de urea plasmática porque, aínda que algúns estudos

contradín este protocolo, demostrouse que valores por riba

de 20 a 25 mg/dl de urea plasmática teñen consecuencias

negativas na fertilidade das xovencas.

Respecto da enerxía, as necesidades son de 2 a 2,25 Mcal

de Enerxía Neta de mantemento, dependendo das condicións

climatolóxicas ás que se atopen expostos os animais.

Debemos revisar periodicamente a condición corporal e

axustar as achegas enerxéticas da ración para evitar engraxamentos

durante este período. Crecementos moi altos

durante a fase de reprodución, por riba de 1.000 g/día, poden

comprometer a fertilidade das nosas xovencas.

A achega de vitaminas e minerais deberá cubrir os requirimentos

establecidos polo NCR 2001, tanto nesta fase

como nas anteriores.

INSTALACIÓNS E COW COMFORT

O aloxamento proporcionado aos lotes de animais en

idade de inseminar condicionará en gran medida os resultados

obtidos, tanto na detección de celos como na taxa

de preñez. As necesidades en cow comfort e en deseño de

instalacións serán moi similares ás establecidas para os animais

adultos, e só será necesario adaptar as medidas do

aloxamento ao tamaño destes animais.

En moitas ocasións, as antigas instalacións das vacas en

produción son utilizadas para aloxar a recría e as vacas secas.

Este procedemento reduce un bo número de custos

durante a recría, pero será necesario realizar unha adaptación

previa dos aloxamentos para evitar problemas que

co tempo non orixinarán máis que perdas económicas e

eliminacións de animais. A reestruturación das vellas naves

para utilizalas coas xovencas non se debe ver coma un custo,

senón coma un investimento.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!