26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

22

RECRÍA

O PESO IDEAL PARA A CUBRICIÓN ESTARÁ EN TORNO AO 55% DO PESO ADULTO DO ANIMAL

A eficacia do noso programa reprodutivo será crucial

para obter estes resultados. Canto mellor sexan os nosos

índices reprodutivos, menor tempo empregaremos en obter

unha xestación e máis se achegará o momento do parto

á nosa formulación.

O programa reprodutivo fundamentarase en tres aspectos

principais: alimentación, instalacións e manexo. Todos

eles serán determinantes tanto no aspecto técnico como no

económico, polo que non podemos deixar ningún deles ao

azar. Un fallo en calquera destes puntos pode pór en perigo

a consecución dos nosos obxectivos.

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO CORPORAL

PARA A CUBRICIÓN

En primeiro lugar, debemos establecer en que momento

imos inseminar as nosas xatas e cales son as condicións

que deben ter para iso. Hai que recordar que para lograr os

obxectivos de desenvolvemento corporal no momento da

inseminación é necesario que durante as fases anteriores

se fosen conseguindo uns crecementos parciais adecuados.

Un programa de recría é como unha carreira de fondo e os

resultados finais dependerán de todas e cada unha das fases

polas que pasen os animais.

Unha pregunta importante e que durante anos foi obxecto

frecuente de discusión no mundo gandeiro é se o momento

de inseminar vén determinado pola estatura, polo

peso ou pola idade dos animais. A resposta é polo peso;

isto é debido a que nas xatas a aparición da puberdade depende

do peso e non da idade e prodúcese aproximada-

O momento da cubrición estará determinado

polo peso corporal dos animais

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Debemos obter bos desenvolvementos durante as primeras fases para poder

inseminar a unha idade temperá (Xatas do centro de recría Anoca)

mente cando alcanzan o 45% do seu peso adulto. A maior

velocidade de crecemento, antes aparecerá a puberdade e

poderán reducirse a idade ao parto e o custo económico do

programa. Se só tomásemos en conta a idade ou a estatura

atopariámonos con animais que chegan ao primeiro parto

con pesos moi baixos, aumentando o risco de distocia

e reducindo a produción leiteira. Terá menos problemas

durante o parto e producirá máis leite unha xata inseminada

con 13,5 meses e 400 kg que outra inseminada aos 16

meses con 300 kg.

Valores de peso (kg) a primeira cubrición e a primeiro parto en función da

ganancia media diaria (gr/día)

meses a 1ª IA meses a 1º parto

13 14 15 16 17 22 23 24 25 26

0,700 319 340 361 383 404 511 532 553 575 596

0,750 338 361 384 407 430 544 567 590 613 636

0,800 358 383 407 431 456 578 602 627 651 675

0,850 378 404 430 456 482 611 637 663 689 715

0,900 398 425 453 480 508 645 672 700 727 755

Aínda que un crecemento acelerado pode ser moi vantaxoso

economicamente, debemos establecer uns límites

adecuados. Se o crecemento é moi rápido, pode producirse

un engraxamento excesivo da glándula mamaria desprazando

o tecido graxo ao parénquima e reducindo a produción

durante a primeira lactancia do animal. Ademais,

tampouco é conveniente conseguir partos con idades demasiado

temperás polo risco de distocia que poden ocasionar,

polo que se establece como obxectivo que os partos se

produzan a partir dos 23 meses.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!