26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

XESTIÓN REPRODUTIVA NA

RECRÍA DE XOVENCAS

A xestión da reprodución no noso programa de recría de xovencas constituirá un dos

puntos críticos máis importantes de todo o proceso. O obxectivo final de todo programa

non é só conseguir un desenvolvemento adecuado, senón conseguir que as xatas se

convertan en vacas de produción e, para iso, necesitamos que queden xestantes en

forma e tempo adecuados. Se unha xovenca de 700 kg está baleira xa non é un logro,

senón unha gran perda.

Moitos dos obstáculos aos que nos enfrontaremos durante

a recría e que poden impedir un correcto desenvolvemento

do programa poderán ser liquidados dunha forma

máis ou menos adecuada. Por exemplo, ante a falta de

crecemento nunha fase reduciremos os obxectivos de peso

para acelerar o avance dos lotes, cando se produza superpoboación

nun lote variaremos o tempo de permanencia nel,

ou ante unha acumulación de partos podemos aplicar unha

desteta precoz. Todo iso son solucións puntuais que conseguirán

que o noso programa avance e non se produzan

estancamentos ou aglomeracións. Pero, que ocorre cando

as xatas non quedan preñadas?

Esta situación xa non ten unha solución tan sinxela. Se

non preñamos as xatas atrasaranse e/ou acumularanse na

zona de inseminación, aumentando os custos, reducindo a

RECRÍA 19

Roberto C. Fernández

Veterinario asesor de explotacións leiteiras

eficiencia do programa e creando un tapón que nos impedirá

un manexo adecuado e agravará cada vez máis a situación.

O obstáculo máis insalvable que nos atoparemos na recría

dunha xata cara a unha vaca de produción é a obtención

da súa preñez. Este aspecto pode marcar a diferenza

entre o éxito ou o fracaso do noso programa de recría.

O obxectivo cara ao primeiro parto na recría de xovencas

Holstein está establecido actualmente nos 23-24 meses de

idade, cun peso de 620 a 650 kg. Isto permitiranos obter

o máximo rendemento económico tanto na cría das xovencas

como na produción leiteira. Pero para conseguilo

dependemos do ritmo de crecemento e do momento en

que esta queda preñada e, á súa vez, ambos os parámetros

estarán relacionados. A maior ritmo de crecemento antes

inseminaremos a xovenca para conseguir a súa preñez.

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!