26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

16

CONVOCATORIAS

OS EFECTOS DA NUTRICIÓN NO PUNTO DE MIRA

MUIMENTA FOI SEDE DUNHA XORNADA

TÉCNICA SOBRE A RENDIBILIDADE DUNHA

BOA ALIMENTACIÓN DO GANDO DE LEITE

Africor Lugo e Afriga organizaron o pasado 6 de maio unha xornada técnica de produción

de leite na casa da cultura de Muimenta (Cospeito). O profesor Jud Heinrichs, doutor

da Universidade de Pensilvania, abordou os efectos positivos dunha boa alimentación

do vacún leiteiro e, en concreto, das xovencas na recría. Posteriormente, o relator e os

asistentes ás charlas visitaron a explotación Gandería Novo, tamén en Cospeito, e o

centro de recría Anoca, en Castro de Rei.

Jud Heinrichs abriu a xornada técnica explicando como

as explotacións lácteas poden sacarlle mellor rendemento

económico á alimentación das xovencas, dado que esta

constitúe un dos custos máis importantes da produción na

recría. Na súa opinión, existen dúas estratexias de manexo

factibles, sempre que non minguen o potencial produtivo:

reducir o tempo ata o primeiro parto e lactación ou reducir

os insumos necesarios para criar os animais novos.

Heinrichs recomendoulles aos gandeiros facer medicións

do peso corporal, a inxesta e as análises das forraxes para poder

controlar ben a alimentación na primeira fase da crianza,

cando as xovencas crecen estruturalmente (en altura da cruz,

altura e anchura de cadeiras e perímetro torácico).

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Heinrichs patentou

este sistema cribador

da ración das vacas

A xornada xuntou un bo número de

gandeiros e veterinarios no salón de actos

da casa da cultura de Muimenta

O relator apuntou ademais a necesidade de proporcionarlles

a cantidade axeitada de auga limpa e de boa calidade

e de vixiar a composición nutricional da dieta das

xovencas frisonas co obxectivo de manter nela uns niveis

adecuados de proteína e enerxía. Así, por exemplo, aconsellou

incrementar a achega de enerxía cando fai frío, se hai

humidade ou barro no establo ou se as áreas de descanso

son malas, e, en cambio, alertou da sobrealimentación

de enerxía en animais ben estabulados. Deu, así mesmo,

estoutras pautas: destetar a tempo, medir os crecementos

antes e despois da puberdade e a condición corporal postpubertal,

observar a consistencia no grupo de animais e os

partos aos 22-24 meses.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!