26.12.2012 Views

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

afriga dossier: mamite - Transmedia 2009

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

12

Fotos: Fernando Rodríguez Gandoy (Africor Lugo)

CONVOCATORIAS

XXV MOSTRA EXPOSICIÓN DE MUIMENTA. COSPEITO, 1-3 DE ABRIL

Callobro Vértigo Plastilina, vaca gran campiona

A XXV EDICIÓN DA MOEXMU DESTACOU

POLO ALTO NIVEL DAS RESES PARTICIPANTES

NO CONCURSO DE GANDO FRISÓN

O concurso de gando frisón que acolleu Muimenta o 2 de abril reuniu no recinto feiral

Manuel Vila López 68 animais presentados por 22 ganderías da provincia de Lugo, agás

unha da provincia de Pontevedra. Malia que o número de participantes foi menor có de

convocatorias anteriores, o xuíz asturiano Francisco Javier Freije Freije destacou o bo

nivel das reses concorrentes.

Na mañá do sábado disputáronse as seccións de animais

máis novos. O título de xata campiona foi para a

gandería Cid, de Barreiros, con Cid Spirte Orfa, conseguindo

igualmente o de xata subcampiona con Cid

Dancer Leluya, que destacou pola súa calidade de óso e

mellores patas.

A gran campiona de xovencas foi Callobro Xacobeo Valdeteja,

da gandería Callobro de Trabada. Este animal, cunha

extraordinaria estrutura e capacidade, quedou terceiro

no pasado Concurso Nacional de Primavera.

Xa pola tarde chegou a quenda para as vacas en lactación.

O título de vaca nova campiona recaeu en Rego

Airraid Claudina, da gandería Rego de Láncara. Esta

femia destacou polo seu sistema mamario e a calidade

das súas patas.

Ademais de alzarse como gran campiona de vacas,

Callobro Vértigo Plastilina, da gandería Callobro, conseguiu

o título de campiona na sección de vacas intermedias.

Unha clara gañadora para o xuíz, que a valorou coma un

AFRIGA ANO XVII - Nº 92

Callobro Xacobeo Valdeteja,

xovenca gran campiona

Cid, de Barreiros, foi o mellor criador

res moi longa e equilibrada. Vértigo foi segunda de sección

no Nacional de marzo, por detrás da campiona nacional.

Na sección de adultas, a gandería Cid levou o campionato

con Cid Roy Muesle, por diante de Pozo Allen Mimosa,

da gandería Pozo de Lugo, que quedou como adulta subcampiona.

A primeira impúxose á segunda polo seu mellor

ubre, sobre todo o posterior, máis ancho e alto, e pola súa

mellor calidade de óso.

O título de mellor criador foi para o grupo presentado

pola gandería Rey de Miñotelo (A Pastoriza), que o xuíz

cualificou como un grupo extraordinario, moi compacto e

equilibrado. Pola súa banda, a gandería Pozo fíxose co de

mellor rabaño.

POXA

A XIII poxa de gando frisón da Moexmu, celebrada o 3

de abril con moita afluencia de público, ofertou 15 animais

entre os que, ademais de tres touros achegados pola

Granxa Gayoso Castro (Inludes), este ano se atopaban,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!