08.12.2020 Views

O Son Rebuldeiro 2014-15

Revista do IES Monte das Moas

Revista do IES Monte das Moas

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O SON

Nº 28

REBULDEIRO


Indice

Graduación

Entrevista

Viaxes

Colaboracións

Exposicións

Actividades

Cultura

Premios

Pasatempos


EDITORIAL

Nunha destas mañás de primavera, alegre e soleada, cando me achegaba ao instituto, encontreime

uns homes cunha máquina segando a herba do xardinciño que rodea o centro. O ruído resultaba

molesto, pero o arrecendo era delicioso.

Esta imaxe da herba cortada de recén, da que vai medrando, da nova que brotará en breve tróuxome

a mente a imaxe do propio centro, dos cambios, da renovación: Esta fornada de alumnado

de 2º de bacharelato que se nos vai xusto no momento en que, despois de anos de convivencia,

xa estamos encariñados ou, cando menos, afeitos a compartir experiencias e vivencias, se ben

algunhas complicadas e difíciles, a maioría moi agradables e satisfactorias. As novas fornadas

que chegarán, que tardarán un tempo en adaptarse ao centro, ás normas, hábitos, costumes e

que tamén terán que marchar chegado o momento, xusto cando xa se sintan parte integrante

desta comunidade.

Os cambios. A renovación... Pepe, o bedel, un histórico, que se vai despois de toda unha vida laboral

en Monte das Moas, desde a inauguración do instituto.

Tamén o profesorado que se vai xubilando: Javier Fieira, Roberto Palau, Ana Barranco, Carme

Moure, Guillermo Cloos, tantos e tantas colegas con quen compartimos horas de conversas, cafés

nos recreos, discusións nos claustros, longas sesións de avaliacións e tamén excursións e celebracións.

E estas fornadas de novo profesorado, que van chegando, algúns cos que apenas hai

ocasión de cruzar un par de frases, nestes tempos de présas e celeridade, e que supoñen unha

ampla parte do claustro.

Os cambios. A renovación...

Non sei como será Moas dentro duns anos. Pero oxalá siga sendo uns instituto de referencia, con

alumnado cariñoso, simpático, honesto e traballador como este que temos, co que levamos anos

compartindo unha gran parte da nosa experiencia e da nosa vida. Cun profesorado que chegue

con ansia por manter o que entre todos e todas fomos creando durante tantos anos, con vontade

de loitar por unha Educación Pública cada vez de máis calidade e de combater todas as trabas

que se poñan e as leis inxustas ou absurdas.

Que perviva este arrecendo de herba cortada de recén, como símbolo de progreso e renovación

pero tamén de conservar todo o bo que temos, nesta fermosa primavera, moitas primaveras

máis para Moas.

E, como diría o poeta, Moas sempre... E máis despois.

Diego Fernandez Alonso

Sergio Sánchez Martínez

Daniel Vila De La Cruz

Ana Lamela Garcia

Uxia López Barreiro

Laura Roel Freire

Alba Rey Silva

Alba López Villaverde

Lucia Rabina Miguelez

Iván Losada Valle

Ramona.

EQUIPO DE REDACCIÓN

Rubén Diaz Rey

Mélanie Piñon Pousa

Jorge Vázquez García

Carlos Blanco Reyes

Gema Naveira Lagares

Brais Lema García

Breogán Martínez Castiñeira

Lucia Donato Iglesias

Marcos Casal Bellon

Celeste Yepes Vera

Coordinación: Ramona Giráldez

Dirección Técnica: Conchi Fernández Munín


SEN O AUTÓGRAFO DE

GALEANO (E SEN GALEANO)

Tiven a enorme sorte de asistir a unha conferencia de Eduardo Galeano aquí, na Coruña, no ano 2003 (creo

que era 2003).

Eduardo Galeano, escritor e periodista uruguaio que faleceu o día 13 de abril deste ano 2015, foi un home

polifacético, culto, revolucionario e reivindicativo. Perseguido, encarcerado, exiliado pola ditadura uruguaia

en 1973. Algunhas das súas obras como: “Las venas abiertas de América Latina” foron censuradas, polas

ditaduras militares de Uruguay, Arxentina e Chile”. Galeano visitaba con frecuencia o estado español, onde

pasou parte do seu exilio.

Pero non vou falar de Eduardo Galeano, da súa vida e da súa obra, da grande cantidade de premios literarios

que, tan merecidamente, obtivo porque toda esa información está nos libros e en internet, ese caixón de

xastre onde se pode encontrar todo.

Vou falar de que en 2003 (creo que era 2003) tiven a enorme sorte de asistir aquí, na Coruña a unha

conferencia de Eduardo Galeano.

A sala, aínda que ben grande, estaba a reverter, eu fun case unha hora antes de empezar e xa non había

ningún asento libre, a xente comezou a sentarse no chan nos corredores, moitos quedamos de pé

apoiados nas paredes. Malia a incomodidade o tempo pasou voando, foi un discurso interesante, ameno,

tremendamente crítico pero trufado de lirismo e metáforas, tal como era o seu estilo. E con moito sentido

do humor, tamén na súa liña, facía mesmo chistes e mostraba a súa sorpresa ante o feito de estarmos

alí tantísimas persoas, escoitando o que el dicía cando podiamos facer cousas moito máis divertidas ou

interesantes.

Eu levaba nas miñas mans un exemplar do seu libro “El libro de los abrazos”, un compendio de pequenos

relatos, un marabilloso calidoscopio de historias mínimas e inmensas ao mesmo tempo, como esta xoia que

adxunto aquí. Levaba o libro coa intención de achegarme ao final da conferencia a Galeano e conseguir

que mo asinase. Teño que recoñecer que son un pouco fetichista e sempre me fixo moita ilusión ter os

libros asinados polos seus autores. Había moitísima xente, como dixen, e cando acabou a charla formouse

unha enorme cola para conseguir a sinatura do autor. Eu agardei un anaco, mais como son impaciente por

natureza, pensei que xa tería ocasión de lograr a ansiada sinatura en outra ocasión, a fin de contas a Galeano

gustáballe moito esta terra, mesmo tiña escrito sobre Galiza e os galegos (como no precioso relato titulado

“El rio del olvido” incluído neste libro do que estou a falar) el mesmo levaba parte de sangue galego, non

era a primeira vez que viña nin sería a última... E, efectivamente non foi a última, houbo bastantes outras,

incluso en 2012 rematou a súa última visita oficial a Europa en Santiago de Compostela.

Pero por diversas circunstancias nunca volvín ter a oportunidade de velo novamente en persoa, nin de que

me asinase libro ningún.

Agora, cando vexo o vello exemplar de “El libro de los abrazos” nos andeis da miña libraría penso que tería

a súa sinatura se tivese sido un pouco menos impaciente ou se pensase que, ás veces, deixamos de facer

algo crendo que haberá outra oportunidade.

E non sempre é así.

Ramona.


datos e imaxes recollidas no libro “el libro de los abrazos”


“Algo máis que lembranzas”

Na vida, como nunha obra de teatro, todo se termina. Igual que nun escenario terminan

os actos acaban tamén etapas da nosa crónica. Agora que acaba o cursocérrase un

gran momento para nós e comeza un novo cheo de oportunidades e distintos camiños e

todo se xunta nunha estraña sensación entre o que perdes e o que gañas.

Termina o instituto para outro curso de segundo de bacharelato que no fondo botará

de menos todo isto, porque pode que non vaiamos botar de menos os deberes, as largas

mañás metidos nese edificio e tantísimas cousas que tivemos que estudar, pero está

claro que non hai ningún lugar cun ambiente como este, que ten por alumnos e profesores

o mellor que poidas encontrar.

Para ben ou para mal, pasamos case a metade da nosa vida dentro do instituto e foi

coma unha segunda casa para nos, que nos acolleu cando facía frío e retívonos cando

fixo calor. Agora que temos que marchar a outro lado, considero un pouco difícil desprenderse

de todo isto ó que estivemos aferrados tantos anos. Sen embargo, un pouquiño

de nós queda alí dentro, na memoria dos profesores, dalgúns alumnos, e por

suposto na orla que quedará de recordo na parede; pero tamén cada un de nós levamos

connosco unha gran parte de este instituto porque coido que somos como somos grazas

ao que nel vivimos.

É certo que non todo o que vivimos aquí foi bo, moitos tiveron que aguantar con profesores

que non lles gustaban, con castigos, con reprimendas, con odiosas materias que

aínda hoxe se preguntan para que nos valerán no futuro...

Pero a experiencia que vivimos dentro deste centro quedará dentro do noso corazón durante

moitos, moitísimos anos. Verémonos pronto Monte das Moas, e desfruta do descanso

que quedará cando marchemos mentres saboreas a amargura do baleiro que

deixamos.

Alma Paredes



ENTREVISTA A PEPE

- Como é que xa traballabas para Moas antes de que abrirá o instituto?

Eu acababa de estar no paro tras traballar 25 anos na conserveira “La artística” (dende

os catorce anos), presenteime a bedel por contrato laboral e comecei a traballar en Someso,

nun pavillón con máis de 100.000 alumnos mentres se construía o instituto. Os rapaces

que ían a Someso era porque non puideran ir a outro centro por escaseza de prazas,

Moas comezou recollendo aos “excedentes”.

- Como recordas os primeiros anos de instituto? Cambiaron moito as cousas na actualidade?

Ao comezo, alá polo 1988(?) había moitos máis rapaces por aula, sendo normais as cifras

de 45 alumnos en cada clase. Ademais, os estudantes eran doutra forma, máis desenganados

e espabilados, agora cando chegades sodes máis nenos. Algo que cambiou moito

tamén foi a cafetería, antes rexentábaa unha muller chamada Dora que facía unhas tapas

e bocadillos riquísimos, o meu favorito era o de ensaladilla, dúas veces ao ano ela e máis

Deli (a señora da limpeza) organizaban festas para os profesores e conserxes, aínda me

acordo do ben que sabían os callos e a lacoada.

- Que opinas sobre a mala fama que tivo o centro hai uns anos?

Pode ser que houbese algo de droga, pero principalmente de persoas alleas ao instituto,

polo que os bedeis non podiamos facer nada. Ademais, cando aínda estaba sen cerrar o

edificio polo redor, nos meses achegados ó verán,ten ido algunha persoa a durmir no patio,

e tiñamola que ir botar fóra. Acabouse con esta situación tras chamar varias veces á policía.

- Cal sería o teu peor e o teu mellor recordo traballando aquí?

Non teño ningún mal recordo no Monte das Moas, sempre me levei moi ben con todos os

meus compañeiros, con algúns mellor que con outros, como é o caso de Juan del Valle, ao

que lle gardo un gran cariño posto que traballamos xuntos dende Someso ata que se retirou

hai dous anos(?). Pero recordo que nos inicios, viña un rapaz un tanto conflictivo “a

clase” (sempre estaba castigado), sempre armado cunha navalla ao que incluso os maiores

gardabamos respeto.

- O mellor momento foi sen dúbida a retirada (risas). En que ocupas o teu tempo agora,

non te aburres? Cales son os teus plans de futuro?

Non me da tempo a aburrirme, agora teño que axudar á miña muller na casa, ocupo o meu

tempo en ir á compra, limpar o pó... todo o que me manden! Ademais tamén vou moito á

aldea, onde cultivo de todo: patacas, leitugas, cebolas, repolos...Ao que se retire miña muller

gustaríanos moito viaxar polo mundo adiante e coñecer sitios novos.

Laura Grille e Andrea Iglesias de 2º de Bach.


SAÍDAS

E

EXCURSIÓNS


EXCURSIÓN A INDITEX

Unha enorme nave industrial e longas oficinas álzanse sobre a entrada do polígono de

Arteixo. Miles de traballadores sacrifican día tras día as súas horas de sono para que o gran

fenómeno chegue ata os lugares máis afastados do mundo.

Coa súa triunfante posición en 88 mercados dos cinco continentes, máis de 6683 tendas e

máis de 137.054 empregados, INDITEX (Industria de Distribución Téxtil) conseguiu converterse,

dende os seus inicios na rúa Juan Flórez, nun fenómeno de masas, e por conseguinte,

nunha das multinacionais máis poderosas de todo o mundo. Amancio Ortega, ou o señor Ortega,

como lle chaman os seus empregados, puxo un soño, as gañas, e unha idea que revolucionaría o

mundo da moda tal como o viviramos ata entón. Poñamos un exemplo. Chegas un día a unha das

tendas do grupo, (Zara, Pull and Bear, Stradivarius…) ves unha prenda, e pensas, “mellor a compro

a semana que ven, que hoxe non teño cartos”. Hai un 90% de posibilidades de que á semana

que ven esa prenda desapareza. Este é o sistema de Zara: pequenos lotes de produtos continuamente

renovados para poder chegar aos gustos de todos os consumidores. Outra das características

non tan innovadoras da factoría, senón máis ben atrasada, é a produción, que parece

semellar ao taylorismo da 2ª Revolución Industrial. Cando alguén prancha un brazo dunha chaqueta,

outra persoa tócalle a espalda e así sucesivamente.

Todo isto tivemos o pracer de contémplalo dende o seu corazón os alumnos de ciencias sociais

e letras de segundo de bacharelato, xa que, que mellor forma de contemplar o poder da industrialización

que vivíndoo?

Dende o meu punto de vista, contemplei un soño. Corredores longos de cor branca, mostras

de novas coleccións no chan, deseños innovadores, conferencias, xuntas, e ate modelos

de carne e óso. Todo está perfectamente organizado, dende os escaparates, ate os pedidos,

dende a disposición en tenda ate o trato do persoal. Isto é pois o fenómeno mundial baixo o

que vivimos a maior parte da poboación do planeta, a icona do primeiro mundo, a peza máis

clave da globalización.

Andrea Iglesias


LONDRES


INTERCAMBIO CON VENEZIA

Eran as cinco da mañá e xa estábamos en pé.

“Arriba bella ragazza! Tes que coller un

avión!”

Quizais o medo invadise o noso corpo “Como

será a nosa familia? Como me tratarán?”pero

con todo, non superaba as gañas. As gañas de

vivir aventuras, de sorprendernos, de coñecer

un lugar novo e novas experiencias, de

desfrutar...

Foron uns días cheos de emocións. Novas persoas,

novas amizades, novos sabores, pero

sobre todo, novos lugares. Un lugar máxico

afastado das estradas de asfalto e os automóbiles

de gasoil.

Onde o medio de transporte máis común son

as pernas e o máis parecido aos nosos buses

vermellos son os barcos .

Un lugar onde non podes ir pola rúa ser tropezar

con ninguén, onde o paso común é a 50

quilómetros por hora, un lugar onde sen saber

por que todo o mundo ten presa.

Parece que todo o mundo loita por chegar

primeiro a unha meta que non se sabe onde se

atopa.

Para desconectar, xa están os barcos. Unha

posta de sol fronte a illa de Murano, tumbado

nunha lancha motora na lagoa de Venecia, e

todos os problemas desaparecen.

O cambio atopárono os nosos queridos italianos.

A lembranza máis concorrida que permaneceu

foi a da tranquilidade. A nosa cidade,

en comparación cos seus estreses, pareceulles

un fermoso e apracible paraíso.

E así foron, uns quince días sen respirar, sen

descansar nin un segundo. Os nosos novos

amigos pareceron quedar contentos, e nos,

xunto con algunha dor de cabeza e algún desgusto,

aliviámonos a base de manter esta gran

lembranza.

Andrea Iglesias Peiteado 2ºBach A



EXCURSIÓN CAMBADOS, A LANZADA, PONTEVEDRA

O día 5 de maio, saímos do instituto

ás oito e media da mañá. A

primeira parada fixémola en Cambados,

onde visitamos a mítica

praza de Fefiñáns, co seu pazo

señorial e a casa na que naceu o

poeta Ramón Cabanillas. Despois

de dar unha volta pola zona histórica

de Cambados, vila mariñeira

con fermosas casa de pedra, tivemos

un pequeno descanso.

Cando retomamos a nosa viaxe, a seguinte parada sería a

praia da Lanzada onde demos un pequeno paseo cara á

emida e desfrutamos das preciosas vistas que nos regalan

habitualmente as paisaxes da costa galega.


Cando finalizamos a nosa visita a esta praia, subimos outra vez ao autobús,

a próxima parada foi un miradoiro dende o cal se vía o pobo galego

de Raxó, na miña opinión, a mellor paisaxe da excursión.

Despois desta breve pausa, fomos ata Combarro,

onde comemos e puidemos contemplar

outro dos pobos tan fermosos que ten

a nosa comunidade, unha viliña, con rúas moi

estreitas e moitos hórreos á beira do mar.

Aproximadamente ás tres e media, volvemos ao autobús para dirixirnos a Pontevedra.

Unha vez na cidade, fomos ao Museo de Pontevedra, onde escoitamos dúas charlas sobre

historia de Galicia e sobre Castelao. Ao mellor foi o que máis nos custou a todos, porque

xa estabamos un pouco cansos. Un pouco máis tarde visitamos dúas Igrexas, unha a

de San Francisco, onde se encontra o sepulcro do poeta medieval, Paio Gómez Charinho,

autor de cantigas, e outra igrexa con curiosa fachada redonda, a da Virxe Peregrina.Xa

para rematar, tivemos un anaco para pasear un pouco pola zona máis histórica de Pontevedra,

cidade que recibiu un premio da ONU, o Premio Internacional de Dubái, polas

súas boas prácticas en materia de mobilidade e accesibilidade.

E logo xa emprendemos a nosa viaxe de volta a Coruña.

A verdade, creo que foi unha saída didáctica moi positiva, gozamos de excelentes paisaxes

e aproveitamos moi ben o tempo.

Diego Fernández Alonso 1 Bach. B


OURENSE

UN CLÁSICO:

CULTURA,

ESMORGA E RELAX.

Como todos os anos, para rememorar a lectura da Esmorga feita en 1º de Bach,

o alumnado de 2º visita a cidade onde transcorre a acción da novela de Eduardo

Blanco Amor.

Un roteiro polas rúas e prazas de Ourense, as Burgas e a Catedral incluídas. Sen

esquecer as súas fermosas e elegantes cafeterías, unha visita ao Pazo de Trasalba

onde viviu Otero Pedrayo, co seu espectacular entorno, o seu interior que é museo

na actualidade e as galerías deseñadas por Castelao, para rematar cun relaxante

chapuzón na Chavasqueira se o tempo o permite... e se non tamén.



CORRELINGUA 2015

Un ano máis o alumnado de terceiro participando

con moita marcha no

Correlingua eparticipando no

concurso de camisetas deseñadas,

auténticas obras de arte !



COLABORACIÓNS


CARTA Á ABOA

Añorada Margarida:

Supoño que endexamáis recibirás esta

carta, porque nunca cha enviarei, non tería

sentido. Hai xa varios anos que miña nai me

comunicou que faleceras. Aínda hoxe sigo

sen saber as causas.

Eu era pequena cando me chegou a noticia,

e, como a derradeira vez que te vin tiña

tres anos, non recordo como eras. Oxalá

soubera eu entón que non te volvería a ver,

pois apertaríate moi forte e diríalle a alguen que me sacase unha foto contigo. Pero moito

me temo que daquela eu tomábao todo a risa, pensaría que nun anaquiño (uns días como

moito) veríate. Que inxenuos podemos chegar a ser ¿verdade?

Hai uns días, meu pai envioume algo que che pertenceu a ti. Ao mostrarllo á miña nai, recoñeceuno

ao instante. Trátase dunhas cadeiñas, uns collares, ou como prefiras chamalos.

Unha é un pouco grosa, coa metade dun corazón (sempre me preguntarei quen terá a

outra); e a outra é fina,coa palabra ''Liderazgo''. Xa que teño medo de rompelas, sempre

levo comigo a máis grosa. Dalgunha maneira, sinto que estás xunto a min e que podes ver e

sentir o que eu vexo e sinto.

Ninguén me fala moito de ti, xa que todos te coñeceron moi pouco. Terei que resignarme e

deixar de preguntar por un tempo, posto que a única persoa que estivo xunto a ti toda a súa

vida, está a miles de quilómetros de min.

Só quero que saibas que, tanto se estás convertida en pantasma e podes ler estas palabras,

coma se non, quérote moito e sempre te querrei.

¿Sabes?A única cousa que me soubo dicir miña nai sobre ti, foi o mellor que me podería

ter dito. Queríasme, e estabas orgullosa de min. Con iso abóndame.

Envíoche unha forte aperta e un doce bico a onde queira que esteas.

Ámate moito, a túa 1ª neta: Yenni


INSTRUCIÓNS PARA SOBREVIVIR A UN DÍA

EN 2º ESO B

Se vostede quere sobrevivir a un día na clase de 2º B, por favor, pregámoslle que

siga ao pé da letra estas instrucións.

Cando entre á aula procure facelo antes de que o timbre soe. Xa que se vostede

se encontra xusto entrando na clase nese intre, poderá (e é o máis probable)

verse envolto no que eu chamo “ A Estampida”.Ao se sentar no seu sitio, mire

ben antes e descubra se alguén lle colocou algo na súa cadeira. Cando crea que

todo está correcto, sente. Pode deixar a cazadora nos percheiros, pero iso non

é o máis recomendable, dado que estes, a miúdo, son vítimas de violentos ataques.

A mochila pode deixala en dous lugares: ou no chan ( ao seu carón), ou

ben colgada na cadeira. Se decide deixala no chan, debe ter sumo coidado nos

cambios de clase, pois pode aparecer no outro extremo da aula. Se pola contre

decide poñela no respaldo da cadeira, espero polo ben da mochila, que o

seu compañeiro de atrás non sexa moi inquedo cos seus pés.Evite a toda costa

traer obxectos de valor. Deixe o seu estoxo pechado e preferiblemente na mochila,

alguén pode úsalo como arma mortal. Nos cambios de clase recoméndase

non saír da aula, xa que se algún dos vixias divisa un profesor, “a

estampida” pode volver a suceder.

Alónxese dos individuos máis altos, son os que teñen unha deficiencia mental

(aínda que son simpáticos) e poden chegar a ser agresivos.

E por último, pero non menos importante, se a clase está en silencio total e os

alumnos visiblemente concentrados… corra!!!!

Yennifer Quintana de la Cruz,

Aula situada na parte

dereita do instituto no

andar de abaixo, na

segunda porta, xusto

antes das taquillas.


Ao vento

Vento, meu queridiño,

ninguén repara en ti.

Só nun día caloroso,

verante eles, pillíns.

Non saben que cando chove,

ti moi bromista es.

E que por iso, ás veces,

mollas a todos se ves.

Pero que nunca queres,

facerlles dano ningún.

Que a todo o mundo ti coidas

e non che dan premio algún.

O Sol no verán é malo,

impídeche ir a xogar.

El di ''Ventiño, alí quedo'',

e non poderás voar.

Tampouco eles coñecen,

que tes un lado moi bo.

Que cando camiñan cansos,

dáslles un bo empuxón.

Por todo isto é que escribo,

para que saiban de ti.

E digan a próxima vez

''Ventiño, grazas'' ao fin.

Ynneifer Quintana


Plaxiando Clásicos.

“O MACACONTINA” (a imitación de A. Cunqueiro)

Xa tiña Eufrasio cinco anos, cando comezou a non durmir polas noites. Todo debido ás visitas que

lle facía o Macacontina, un animal que foi visto por primeira vez na serra do Courel por un labrego

de nome Antonio.

Despois da terceira noite sen poder durmir, Eufrasio cóntalle ao seu pai o asunto do seu insomnio.

A pesar dos esforzos de Eufrasio, seu pai non o cre, ate que se tivo que convencer porque unha noite

viuno entrar no cuarto de Eufrasio. O Macacontina tiña cornos grandes como os dos carneiros que

vira Eufrasio nunha viaxe a Cambados, era de pel negra e moita plumaxe detrás da que escondía

multitude de ollos que brillaban na escuridade. Tiña dúas patas coas que, axudándose dos seus

grandes brazos, podía camiñar e trepar.

O pai de Eufrasio, andaba caviloso porque non sabía como axudar ao seu fillo, xa que era unha das

primeiras veces que se vía a Macacontina, andaba preguntando por todo Sada pero ninguén sabía

o remedio contra este animal, ata que no porto, encontrou un mariñeiro que coñecía a un cazador

de Gandrío que xa vira outro Macacontina e sabía como solucionar o asunto...

(David Devesa 4º ESO A)


Maxia, Música, Humor e Teatro xuntos nun só

espectáculo…

Vai arredor de cinco meses naceu en LaTuerka 27 ( local coruñés

situado na R/Doutor Fleming que oferta diversidade de espectáculos)

un grupo de xóvenes artistas, co obxectivo de mesturar

ou fusionar as diversas habilidades artísticas conformando todo

nun só espectáculo.

O grupo está composto por Joshua Bernal, mago con numerosas

actuacións ás súas costas, encargado da sección de maxia infantil

na propia Tuerka entre outras cousas; Carmen Picado, cantautora coruñesa e que recentemente

púxolle banda sonora ao documental “Mil Sorrisos e un Perdón”; Pablo Meixe, humorista

e mimo, participou no programa “Os Aspirantes” e presentou

“Pequenos Fenómenos”,ambos da TVG; e por último

eu, Irene Cerqueiro, actriz, facendo microteatro

na Tuerka e con anos de formación a nivel audiovisual.

Maxia, música, humor e teatro son os catro ingredientes

principais que protagonizan todas e cada unha das

galas e polo xeral a comedia é o xénero dominante.

A día de hoxe cada un ten o seu campo propio pero, sen embargo, tentamos facer todos un

pouco de todo, é dicir, mesturámonos nas diversas áreas o máximo posible. Para nós tamén é

un luxazo poder experimentar as diversas vías que existen de transmitir o arte, tanto por

medio dunha canción, unha obra de teatro, un truco de maxia ou un numero de mímica. Ao final

todo vai ligado ao mesmo fin e cun mesmo obxectivo, chegar a un público.

Pretendemos animar á xente, sobre todo aos máis novos a que arrisquen, que fagan cousas,

que non teñan medo a subirse a un escenario, a que a xente comece a ter interese nunha cultura

que estamos perdendo pouco a pouco, que non se tome o teatro ou calquera outra disciplina

artística coma algo aburrido que só vas ver se che toca nunha excursión do colexio.

Tratamos de enfocalo dun xeito divertido para que o público sempre quede con ganas de volver,

e alégranos saber que cada vez sexa máis xente a que nos segue, gracias de verdade por

este compromiso.

Pola nosa parte prometemos seguir mellorando e sorprendéndovos en cada gala, así que estade

pendentes!

Xa sabedes, empapádevos de cultura, ide ao teatro, a concertos…e como non VINDE A LA-

TUERKA 27! VINDE VER AOS “JÓVENES Y TALENTOSOS”!!

Irene Cerqueiro

1º “Bach” B


EXPOSICIÓNS

E

ACTIVIDADES


DÍA DO LIBRO

Celebración do Día do Libro cunha Feira

Solidaria.

Grazas ao alumnado

pola participación

neste pequeno

mercado solidario.


DÍA DA MULLER

Despois do éxito da exposición do ano pasado, na que figuraban

fotos das profesoras emulando famosas pintoras galegas, este ano

repetiuse a experiencia e as intrépidas profesoras de Moas, novamente

accederon a tomar a personalidade de famosas científicas

e posar disfrazadas para unha nova exposición.

Aquí tedes o resultado.

Para máis información visita a nosa páxina web:

http://iesmontemoas.wix.com/mulleres2015



Grupo de

Teatro

Monte das

Moas

Puro teatro: “ASAMBLEARIAS”

Unha marabilla a representación da

obra de Aristófanes “Asamblearias”.

Dirixidos polo profesor Rafael

Alonso, os rapaces-actores de

Moas fixeron unha magnifica

interpretación, demostrando a

grande actualidade que poden

chegar a ter os clásicos nestes

tempos “modernos”.

Moi ben realizada a posta

en escena, con música

en directo e coidada

iluminación, moi bo

traballo, tamén a cargo

de alumnado do

centro.

Parabéns!



CULTURA


O pasado venres 21 de novembro estreouse

“ A Esmorga”, obra célebreda

literatura de Eduardo Blanco Amor. Á

saída da película, que na miña opinión

está moi ben, gustoume e recomendaríaa,

atopámonos aos actores e ao director,

cos cales temos unha foto e

tivemos unha conversa. Ademais disto,

un agradable e charlatán Karra Elejalde

(O Bocas no filme), contounos o porque

de que Blanco Amor fixera esta historia.

Foi escrita na Arxentina, pero

cando el tiña cinco anos ía camiñando

nunha romaría onde se atopou a un

home morto, chamado O Bocas, tirado

no chan, e ao velo, a súa nai tapoulle os

ollos. Este suceso foi o que inspirou a E.

Blanco Amor para escribir esta obra.

A Esmorga

Yanira Fernández

Esta película ao igual que a obra comeza contándonos as fazañas de tres

amigos, Cibrán, Bocas e Milhomes. Cibrán acaba de desenfadarse coa súa

“moza”, a Raxada( unha ex prostituta coa que convive). Logo disto, Cibrán

vai traballar e polo camiño atópase co Bocas e o Milhomes, que estaban de

esmorga. Estes acaban convencéndoo para que se vaia de esmorga con eles,

pasan todo o día xuntos. Van á taberna da tía Esquilacha, onde a muller avísalles

de que marchen, porque os gardas andan buscando aos homes que deixaron

case morto a un home a noite do xoves na taberna do Chaguazoso.

Marchan de alí cunha botella de aguardente roubada, despois de beber outra

anteriormente. Póñense a andar e ao pouco sacan o tema dos Andrade, un

home rico que marchara do pobo e volvera vir cunha muller moi fermosa, o

Milhomes asegura que a vira unha vez polo que se poñen a andar cara esa

casa. Saltan o muro e ven ao home como lle gritaba a muller, era moi fermosa,

tal e como se dicía, quedaran abraiados, e de súpeto o dono ve que hai alguén

e pega un tiro coa súa escopeta, polo que os amigos saen correndo.


Seguen o seu camiño sen un rumbo fixo, polo que , a molladura que levaban encima e a ansia de

seguir de esmorga, Milhomes propón ir á bodega onde se atopa o seu curmán, o Pega (coñecido

por Cibrán ). Póñense a beber, quítanse a roupa mollada pola chuvia, que é unha constante na obra,

ate que seque, logo disto, comezan a pelexar ate chegar ao que lle podemos chamar

curral, cheo de palla, Cibrán non se dá conta e sen querer tira un candil,

polo que arde todo. Marchan correndo e deixan ao Pega só. Cibrán non

quere ter nada que ver no sucedido o sábado a noite, polo que quere

volver a casa da súa nai. Estes non lle deixan e deciden ir as prostitutas.

Van a Monfortina, unha vella coñecida do Bocas, non os deixan entrar

polo sucedido o sábado, xa que os gardas andan na súa procura, teñen

unha pequena rifa, polo que sen esperalo, aparecen os gardas e teñen que

escapar correndo. Métense nunha igrexa, escondese e líbranse dos gardas.

Seguen ca súa esmorga, e van a casa do Nonó, outro prostíbulo, onde o

Bocas, trata de facerse o home (para que non se sospeite de que é

homosexual, ao igual que o Milhomes ), enlease cunha “señorita”... Os

feitos seguen e remata toda a festa en unha tremenda traxedia que non vou desvelar.

Non contarei o final, pois tanto a novela como a película valen moito a

pena, para ler e ver.


FAHRENHEIT 451

Alguén no seu sano xuízo queimaría billetes de banco en plena rúa? Sería considerado

unha barbaridade, un crime, unha loucura, unha estupidez... Organizaríase un escándalo. Sairía

en todos os xornais. O diñeiro sostén a economía mundial e mantén vivo o sistema. Sen

diñeiro, a sociedade tal e como hoxe a entendemos seguramente caeríase. Pero e se o que

queimaramos fosen uns cantos libros? O mundo reaccionaría igual ante esa perda? É, dalgún

xeito, a incógnita que formula Fahrenheit 451: que sería dunha sociedade onde os libros

estivesen prohibidos, onde ninguén, baixo ningunha circunstancia, estivese autorizado a ler,

nin sequera a posuír libros. Iso si, "polo seu propio ben".

A novela de Bradbury levada ao cine por François Truffaut nos anos sesenta parte desa

premisa. O seu título xa dá unha idea: 451 graos Farenheit é a temperatura á que arde o papel.

Os bombeiros do futuro imaxinado por Bradbury, en canto de apagar incendios, provócanos:

teñen como oficio destruír toda sabedoría, todo inconformismo, queimando a ferramenta máis

útil e universal, os libros. Por que? Porque os lectores teñen unha visión máis crítica do

mundo, teñen criterio, son máis difíciles de manexar... E todo iso podería desestabilizar unha

sociedade baseada nas aparencias, onde ser feliz é unha obriga, por ficticia que sexa a

felicidade do individuo; un individuo forzado a vivir pegado ao televisor, bombardeado día e

noite pola propaganda oficial.

Eu, persoalmente, prefiro os libros ás películas. Fahrenheit 451 non é unha excepción.

Hai anos regaláronme a novela de Ray Bradbury advertíndome de que era un "clásico", un

título imprescindible. Así que empecei a lelo. Ao rematalo, estiven de acordo en que era un

referente literario fundamental, non só en canto ao xénero de ciencia-ficción refírese. A

película de François Truffaut non desmerece esa honra, nin trunca a calidade e orixinalidade da

novela. Como todas as obras futuristas, a idea que o autor ten do porvir é errónea, ou polo

menos esaxerada. Pero hai certas cousas, aspectos concretos da sociedade imaxinaria ideada

por Bradbury, que se cumpren fielmente en 2015.

O libro foi escrito en 1953 (polo tanto, Bradbury aínda ten moi presentes a II Guerra Mundial, e o intento hitleriano

de dominar o mundo, sen esquecer a famosa queima de libros acontecida en Berlín en 1933, preludio do nazismo)

e a película foi estreada en 1966, unha época na cal a tecnoloxía non estaba tan

avanzada e aínda dedicábase pouca atención ás "caixas de luz". Na actualidade, non obstante,

xente de todas as idades pasa máis de catro horas ao día vendo a televisión.

Os mundos imaxinados por Ray Bradbury teñen algo en común. Tanto Crónicas

Marcianas como Fahrenheit 451 plasman os pensamentos e temores que o autor prevé como

cotiáns vinte ou corenta anos despois. Aínda que non estea a describir unha sociedade real,

nas súas obras pon en práctica o famoso " e si...? " expresando unha hipótese de futuro que,

por verosímil, nos fai reflexionar sobre os vicios e virtudes da sociedade na que vivimos e

preguntarnos se realmente, como dicía Clarisse na película, somos felices.

O protagonista de Fahrenheit 451, Guy Montag, é un bombeiro, un funcionario ao

servizo do Estado que traballa queimando libros para evitar que a xente "se deprima e se volva

insociable". Entre os moitos títulos que se citan na novela de Bradbury (e na película

de Truffaut) están Rebelión na granxa, David Copperfield, Madame Bovary, Alicia no País das

Marabillas, A Comedia Humana, O gardián entre o centeo... e destrúense as obras (e, polo

tanto as vidas) de grandes autores como Dickens, Cervantes, Shakespeare,Aristóteles, Lewis

Carroll ou Allan Poe.


Ao prender lume a esas obras, queiman as súas follas, pero tamén a cultura con maiúsculas, as historias e os

pensamentos dos autores que as fixeron posibles.

Se o pensas seriamente, poderíamos considerar criminais ós bombeiros de Fahrenheit 451,

pois matan aos personaxes dos libros que queiman, ao recordo que permanece dos seus

autores e tamén, en parte, aos futuros lectores que poderían lelos. Na película incinéranse

xoias da literatura universal, alegando que fan infelices as persoas. Pero eu creo que ler (e

escribir) é precisamente o que nos mantén vivos, aquilo que nos permite relacionarnos co

mundo máis alá da expresión oral, formándonos e mesmo, en ocasións, adquirindo

coñecementos que logo, se cadra, poderemos poñer en práctica.

Entre as novelas que se queiman na película figura un título de Daniel Defoe, Robinson

Crusoe. Se eu fose un dos homes-libro de Bradbury-Truffaut, gustaríame aprender de memoria

precisamente esta novela, pois sempre me sentín identificado co náufrago protagonista. Tanto

é así, que ás veces me sorprendo a min mesmo pensando que faría eu para sobrevivir nunha

situación extrema, sen recursos, a partir dos produtos da natureza. Son pensamentos que me

asaltan en calquera lugar e circunstancia. De súpeto, sen vir a conto, póñome a pensar como

podería construír un muíño de auga ou cal sería o mellor lugar para levantar un refuxio onde

pasar a noite. Supoño que a causa non é outra que a curiosidade innata do ser humano e o

meu propio instinto de supervivencia, pero para min o culpable ten nome e apelidos, Robinson

Crusoe, ou o que é o mesmo, Daniel Defoe.

MIGUEL FERNÁNDEZ GUERRA – 4ºB


BESTIARIO

Animal moi utilizado sobre todo para competicións de

salto, que con frecuencia se encontra nas beiras dos

lagos e nas charcas. Súa alimentación é a base de

moscas e outros insectos, aínda que tamén de

herba.Os rabalos teñen longas crinas e colas, e as

patas traseiras de cor verde.

Por: Sabela Freire Fraga 2º ESO A

RABALO

Ra + Cabalo

QUENLLAVELLO

Quenlla + Escaravello

Quenllavello (tibullos escarabaius), este animal propio

da selva amazónica é un ser estraño. O insólito

animal ten unhas mandíbulas fortísimas á vez que

ten unha cuncha, alas e aletas. É quen de nadar a

120 quilómetros por hora, aínda que non nada

moito. Aliméntase de paxaros que atrapa subindo ás

árbores. O macho é máis pequeno que a femia, o

que o fai máis rápido, a femia pode medir entre un

e dous metros e o macho entre medio e un. A femia

fai madrigueiras baixo terra usando as aptas dianteiras

para escarvar, posúe unha forte coiraza con

alas por debaixo, pero non as usa moito posto que

non precisa voas para sobrevivir.

Por: Alejandro Vallejo Vérez (2º ESO A)

MORGURO

O morguro é un animal que vive en covas en Australia.

Aliméntase de chupar sangue (as vacas, por

exemplo) e salta polos prados. É de tamaño pequeno,

provisto de ás e patas moi fortes.

Soe saír a cazar polas noites. E ás femias, cando

teñen fillos, pórtanos nunha especie de bolsa exterior.A

súa pel é marrón , pero as ás son escuras. É

un animal bonito pero perigoso.

Por:Victoria Landeira Neira (2º ESO A)

Morcego+Canguro

GARETA

Gato+Bolboreta

Estes animais poden voas e soen saír na primavera.

Teñen grande bigotes. Son son de cores vivas, gústalles

xogar con nobelos de la. Teñen dúas ás e

dúas antenas, catro patas, unha cola pequena e o

corpo cuberto de pelo, este pelo alporizáselle cando

ve algo que non lle gusta e, se fai un movemento

moi brusco, sae voando. Poden ser mascotas, pero

o problema é que duran moi pouco tempo.

Por:Aida Castro Barreira. (2º ESO A)


Mamífero da familia dos bolboretistas.É un animal

terrestre á vez que aéreo.O seu corpo está cuberto

de pelo, é de gran tamaño e está dividido en : cabeza

(cunhas atenas),tórax (con patas e un par de

ás) e abdome.

Desenvolve unha longa metamorfose que comeza

dende una larva que se envolve nun casulo ata o bolbocán

completo.

Vive no interior das flores ou como animal de compañía.A

súa alimentación é moi variada; comen dende o

pole das flores ata a carne e especialmente osos. O

seu carácter é dócil e tranquilo, aínda que se o atacas

pode ser moi agresivo .

Por: Patricia Fernández 1º-ESO-C

BOLBOCÁN

Bolboreta+Can

GAMPÓTAMO

Gamba+Hipopótamo

Animal que habita nas augas frías do Atlántico,

aliméntase de herbas e ten unha gran cola coa que

manterse a flote. Pasa o día durmindo coa boca aberta

polo que con frecuencia se lle pousan paxaros entre os

dentes. Cando sae da auga arrastra a súa cola pola

terra. Estes animais gardan os seus ovos dentro deles

mesmos. Pertence á familia dos “Molusmamifus acuaterus”,

da rama dos “acuaterus”. Soen ser especies

tranquilas e algo lentas, aínda que, cando ven un depredador,

saen nadando a toda presa para non seren

devorados.

Por: Antía López Vázque (2º ESO A)

Animal moi peculiar que ten unhas raias brancas e

negras no lombo. Mamífero que vive na auga e que

posúe un nariz negro para saír á superficie e poder

respirar. Ten dúas patas traseiras pero na parte de

diante ten dúas aletas. Ten na cabeza un pouquiño

de pelo negro e ollos agrisados, o seu tamaño é

medio e o que máis resalta deste animal é a súa

cara de cor gris moi simpática.Son animais moi

agradables, fermosos, obedientes e xoguetóns.

Por: Lucía Conde Viqueira (2º ESO A)

GOLFIBRA

Golfiño+Cebra

MOCANO

Mono+Pelícano

Este animal ten unha gran boca na que pode almacenar

ate un litro de líquido. Pode voas e os seus alimentos

preferidos son os plátanos e os peixes. Non

ten un só hábitat senón dous: as costas cálidas e as

selvas. Na parte superior das súas ás ten unllas

afiadas coas que pode trepar ás árbores apra conseguir

os plátanos, no caso de non poder utilizar as

ás por algunha lesión. Pertece ao grupo dos “Mocunos

prestanus”

Por: Iago Cardalda Mora. (2º ESO A)


Premios

do

alumnado



UNHA VIDA SEN GLUTE (GLUTEN)

Preguntaraste que é a enfermidade celíaca, non si?

Pois é una alerxia ou intolerancia ao glute.

Pero sabes o que é o glute?

O glute é o conxunto de proteínas contido en varios cereais: principalmente o trigo ademais da

avea, o centeo e a cebada. Tamén é o que fai que masas en xeral (biscoitos, empanadas, pan,

etc...) queden esponxosas, así que sen el o resultado é unha masa máis seca e dura.

Segundo a quen lle afecte hai síntomas moi variados dende unha simple dor de barriga ata un

cancro ou problemas de crecemento. Por sorte, cada vez hai máis produtos sen glute, aínda que,

debido á crise son cada vez máis caros.

Ademais, as principais asociacións realizan festas para celíacos en centros sociais ou en capitais

de comunidades autónomas. Só tes que pensar que a maioría de produtos que ti comes os

celíacos non o poden comer como o pan, as empanadas, as lasañas, etc.

Así que xa sabes antes de dicirlle a un celíaco se quere tomar algo pensa no que lle queres dar

xa que agora sabes o que poden e non poden tomar.

Patricia Fernández e Lucía Gándara (1o de ESO)


Pasatempos para xente culta, ou sexa

para xente de Moas

Busca oito obras narrativas do século XX:

X A M O R D E A R T U R C S P

E E O T E R O P E D R A A O A

N O N R E T R I N C O S R G S

A E D T S I N D A A M X T N T

S E L R E L R F V E M O A A Z

Q A S O L A U V I S A F S T U

U C A M O S O O S N B E A E R

E U B C O S A L E I A R L D M

I N L R A R A L O R N R E R N

Z Q A P Q S G M N N A I L O Q

T E R R A B R A V A X N O M A

V E N T O F E R I D O E Q A A

Busca oito nomes de autores do século XX:

C S T A R I S C O L T C O S P

U U O T E R O P E D R A Y O A

N O N C A B A N I L L A S B S

C E D Q S I N D A A M Q O L T

S S L R U L R F V F M U P A Z

Q A F O L E U V I L A E T N U

O C E M O S I O S Y B I N C R

E U R C A S A R E S A Z A O M

I N R R A E A L O A N A T A N

Z Q I P Q S E M N H A N S M Q

A U N X Y R A S T V Y N I O A

N E I R A V I L A S O P Q R A

Elaborados por 4º ESO A


II++++ES MONTE D AS MOAS++++


MOITA VIDA DETRÁS DOS MUROS... SÓ HAI QUE SABER MIRAR...

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!