Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

HORTA ESCOLAR

O alumnado de 4º de EP durante todo o trimestre estiveron coidando a horta

escolar quitando malas herbas, regando… e observaron como foron crecendo

os distintos produtos plantados na nosa horta.

METEOESCOLA

O alumnado de quinto de Primaria explicoulles aos seus compañeiros e

compañeiras de 2º de Primaria o funcionamento da nosa Estación Meteorolóxica.

ACTIVIDADES COLEXIAIS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación desenvolveu actividades de orientación

académico-profesional co alumnado de Secundaria.

En segundo e terceiro de ESO tiveron asesoramento sobre as materias

optativas e itinerarios de cara ao vindeiro curso.

En cuarto de ESO as familias tiveron unha sesión de orientación.

estas actividades complementáronse con charlas e visitas de diferentes

centros: Montecastelo, Castelao e Mendiño que lles facilitaron ao alumnado

toda a información necesaria para axudalos a decidir as opcións ao remate da

ESO.

ÁREA DE CIENCIAS

4º de Educación Infantil

Lectura do libro “La Manzana” (SM).

Os allumnos e alumnas leron e observaron xunto coa súa profesora o libro “A

Mazá”, grazas ao que puideron coñecer que hai dentro dunha froita, como se

transforma a súa semente, como crecen as árbores e os distintos tipos de

bebidas.

6

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol