26.03.2018 Views

boletin T2

BOLETÍN DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 17/18

BOLETÍN DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 17/18

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

3º ciclo

SAÍDA A FUNDACIÓN: “ZAPPING”

O día 15 de xaneiro os alumnos de 4º, 5º e 6º de EP asistimos a unha comedia musical

na que se fixo reflexionar ao alumnado sobre as consecuencias derivadas das eleccións

que facemos na vida. Calquera decisión ten un efecto e os espectadores puideron

aprender a importancia de saber tomar a mellor decisión posible para aprender dos

erros, tanto no ámbito profesional coma no ámbito das relacións persoais coa familia

e os amigos.

ANIMACIÓN Á LECTURA

O día 8 de febreiro o escritor Gonzalo Moure visitou o centro e falounos dos seus

libros, en concreto “Palabras de Caramelo”. Durante máis dunha hora o escritor

conversou co alumnado das súas experiencias e contestou ás preguntas dos rapaces.

Finalizou o acto coa firma do libro.

SAÍDA AO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA (CSMV)

O día 27 de febreiro os alumnos de 5º e 6º de EP asistimos a un concerto didáctico

do grupo de Música Tradicional do CSMV. Coas diferentes interpretacións fixeron un

breve percorrido pola música tradicional. Empregaron gaitas, panderetas, tamboril,

clarinetes, saxos, tuba e zanfonas. Interpretaron temas como por exemplo “Romance”,

“Xota de Paredes” ou “Muñeira do gaiteiro de Ventosela”.

ANIMACIÓN Á LECTURA

O día 16 de marzo os alumnos de 5º e 6ª de EP fixeron unha actividade de animación

á lectura con Sabela Gago.

Os rapaces de 5º de EP interpretaron unha obra na que as galiñas Petipuá, Poliplasta

e Pulchinela discutían constantemente sobre cal delas era a mellor do galiñeiro. Todos

os alumnos, desde dentro ou fóra do escenario, interviñeron na obra dun xeito moi

activo.

Os rapaces de 6º de EP improvisaron unha obra de teatro feita polos propios nenos.

Participaron activamente na obra e divertíronse interpretando os papeis dos personaxes.

EIXO

_Boletin do Colexio Montesol

23

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!