26.03.2018 Views

boletin T2

BOLETÍN DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 17/18

BOLETÍN DO SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO 17/18

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

2º ciclo

SAÍDA AFUNDACIÓN: “ZAPPING”

O día 15 de xaneiro de 2018 os alumnos de 4º de EP asistiron a unha comedia musical

en inglés. Ademais de facernos reflexionar sobre as eleccións da nosa vida e as súas

consecuencias aprendemos o inglés.

DÍA DA PAZ

O 31 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz e a non violencia. O alumnado

de 4º de EP asistiu a unha xornada de convivencia de todo o centro e cantaron a

canción “Color esperanza” baixo a dirección da especialista en música Beatriz.

Vestíronse con camisola, bolsa, sudadeira verde que levaba pegado un corazón

vermello.

ENTROIDO

O 9 de febreiro o alumnado de 4ºA de EP participou no Entroido do colexio cun festival

elaborado polos alumnos no que fixeron distintas interpretacións facendo como un

mini “Got Talent”; 4ºB interpretou cun baile a canción de “Thriller”.

Ademais na aula degustamos distintos postres do Entroido durante a merenda.

Xa no patio participamos no festival do colexio dirixido polo mestre Sendi. Todos os

pais que quixeron puideron presencialo.

SAÍDA ALCAMPO

O alumnado de 4º A visitou o supermercado Alcampo o 22 de febreiro e 4ºB o 23.

Nesta visita aprendimos a diferencia entre un hiper e un supermercado. Tamén nos

ensinaron as distintas dependencias e os labores de cada un, quen se encargaba de

facer o pan, vender o peixe…; como se etiquetaban os alimentos e o sistema de

reciclaxe que seguen. O mellor foi aprender como nos temos que vestir para manipular

os alimentos. Alcampo agasallounos cunha merenda que a tomamos no patio todos

xuntos.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!