Sardomela 20
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
SARDOMELA 20

CEIP O SELLO

2016-2017
“UNHA ANDAINA POR ESPAÑA”

PROXECTO ANUAL DE CENTRO

“OLE MI ARMA”

CCAA DE ANDALUCÍA

4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

“ASTURIES, QUE GUAPINA

YES”

CCAA DE ASTURIAS

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

“OS CHULAPÓNS DA

CAPITAL”

CCAA DE MADRID

4º DE EDUCACIÓN

“POR AQUÍ DALÍ E GAUDÍ”

“CCAA DE CATALUÑA

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

“A NENA DE A MANCHA”

CCAA DE CASTELA A

MANCHA

1º DE EDUCACIÓN

PRIMARIA
ÍNDICE

1.Este ano visitáronnos…

2.Limiar.

3.Magosto e Samaín.

4.Festa de Nadal.

5.Día da PAZ.

6.O rap do Dinoseto.

7.O Entroido.

8.O recuncho de Libroreta.

9.Rosalía-TE.

10.Retranca Galega.

11.Letras Galegas.

12.Os Maios.

13.English.

14.Actividades das aulas.

15.Celebramos o Día de….

16.Día da árbore.

17.Fin de Etapa de 6º de Infantil.

18.Fin de Etapa de 6º de Primaria.
A escritora viguesa An Alfaya,

antiga alumna da escola, falou cos

nosos rapaces de 5º e 6º de

primaria sobre como foron os seus

inicios como escritora.

O Clube Petanca Cabral compartiu

connosco unha xornada, na que

nos ofreceron unhas nocións

básicas de este deporte.

Grazas a Obra Social “La

Caixa” puidemos achegarnos

ao ceo, nun fantástico

planetario que durante unha

semana tivemos instalado no

ximnasio da escola.

Co dúo mosense “As

Maimiñas”, na semana das

Letras Galegas percorremos

algúns países do noso planeta

e sobre todo bailamos e

gozamos.
LIMIAR

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do Ceip O Sello pídeme bosquexar

unhas liñas como lembranza da andaina da revista escolar do Centro, SARDOMELA.

Resposto cun si nostálxico e ilusionante. E matino: Sardomela xa cumpre vinte anos

de vida!

Cando se fan anos, o maxín fai un varrido certeiro e lucido pola existencia do

colexio a través da revistiña, levándonos a aqueles momentos en que esta, naceu cunha

vocación de conciencia ecolóxica, de motivación á lectura e como un medio de expresión

máis.

Foi e é SARDOMELA, un escaparate para contos, debuxos, relatos de actividades;

oferta deportiva e as nosas festas xunto coa dinamización da biblioteca; sempre

blogueando, magosteando… e un feixe de traballos.

Ninguén podería predicir que aquel xermolo tan cativo como verdadeiro e intenso,

chegaría á importancia que acadaría a nosa revista escolar. Todo isto orixinou un

corredor de acceso ás ideas, ás inquedanzas e á creatividade do alumnado a prol da

lingua galega.

Ambicionamos entón, que por entre as páxinas da nosa publicación anual flúa

profundo e maxestuoso un río cheo de colaboración, traballo e amizade. O meu xílgaro

aló no bicarelo da Carballa da Rocha, na Baixa Limia, sempre canta aos catro ventos

que ten que latexar a lembranza do noso, da nosa raíz e da nosa fala.

E xa a piques de rematar o curso , a miña noraboa a toda a Comunidade educativa

do Centro e os meus parabéns e mellores desexos para o alumnado de sexto.

Unha especial lembranza para o ben querido e inesquecible lugar ribeirago dentro

do Val do Fragoso, chamado Sardomela, no barrio de Alsa en Cabral. E tampouco

nos esquecemos do peixiño!

Gozade, pois, todos, do descanso, cos vosos amigos e amigas, coa familia. Pero

non vos esquezades de LER. Que SARDOMELA poida dicir, “parafraseando” a Don

Francisco de Quevedo:

De min só aseguro que

nin o que me comezara a LER

se cansará moito

nin o que me acabase de LER

se arrepentirá tarde.

Gerardo Quintas.

Tomiño, xuño de 2017. Ano de Carlos Casares.

Foi Mestre, Xefe de Estudos e Director do Ceip O SELLO.
CABAZAS MADE IN SPAIN (samaín)

O noso Samaín: exposición de caveiras,

degustación de doces típicos e unha actividade

plástica que relacionou o proxecto anual do centro coa festa.

II OLIMPIACAS (magosto)

A maiores da degustación típica das castañas asadas pasamos

unha divertida mañá xogando coa castaña como protagonista.

EACE
NADAL

Como é costume, polo Nadal, organízase no centro un concuro de debuxo de onde sae

a imaxe que teremos no calendario do ano que está a chegar.

A imaxe seleccionada este ano é a de Irene, unha alumna de 6º.

Tamén celebramon un impresionante festival cheo de bailes, teatros e dramatizacións.

EACE
Paz

“Los sueños cambiaron el destino de los hombres y de las naciones”

Con este mandamento da canción “Seguiremos” de Macaco

comezamos o noso día da Paz.

PAZ 2017

E o rematamos seguros de que os nosos alumnos algún día cumprirán

todos os seus soños

EACE
Os alumnos e alumnas do ceip O Sello

baile.

participamos na elaboración do rap do

dinoseto para a campaña do concello de Vigo

“Reciclando con Dinosetiño e Dinoseto”,

poñéndolle música e voz. Colaboramos

representantes de case todos os cursos de

infantil e primaria e fixemos a coreografía do

A unidade móbil, que ten ao Dinoseto como protagonista, visitará a

43 centros escolares de Vigo donde hai máis de 3.500 alumnos.

O noso centro foi i primeiro que visitaron e foi, para todos, unha

actividade moi interesante, aprendemos un pouco máis sobre a

reciclaxe.

O Obxectivo desta campaña é concienciar aos escolares da

importancia de reciclar e manter limpa a cidade.

A través de xogos e cancións os nenos e nenas toman conciencia

da importancia da reciclaxe.

Se queres escoitar o rap do Dinoseto podes facelo na páxina web do

noso centro e na seguinte dirección de youtube:

https://www.youtube.com/watch?v=4Q3NFFAY9₀
O ENTROIDO NA PENÍNSULA

Un ano mais, como ben sendo tradición,

o noso meco “Don Sardomelo”,

organizou unha semana de troula e

festa para festexar o entroido que tanto

nos gusta. Estas foron as súas ordes

ao longo da semana.
EDUCACIÓN INFANTIL. ANDALUCÍA

1º EP. CASTELA A MANCHA

4º EP. MADRID

2º EP. ASTURIAS

5º EP. PAÍS VASCO

3º EP. CATALUÑA

6º EP. VALENCIA
O RECUNCHO

DE LIBRORETA

Este ano, como resultado dun gran traballo por parte do equipo, a nosa

biblioteca entrou a formar parte do proxecto PLAMBE. Grazas a dotación

económica acadada puidemos seguir remodelando o espazo, así coma

mellorando e ampliando os recursos bibliográficos, audiovisuais e

tecnolóxicos.

Todo isto conseguiu que a biblioteca converterase nun dos recunchos

favoritos do noso alumnado. O esforzo mereceu a pena!

Ademais seguimos deseñando e realizando actividades, que fomentan o

hábito lector, e que contribúen tanto ao desenvolvemento das

competencias clave do noso alumnado coma ao desenrolo dos proxectos do

centro e das aulas.

Mochilas

viaxeiras,

escolmas

bibliográficas,

venres ao sol,

apadriñamento

lector,

empréstito

semanal...
Unha das actividades da biblioteca que tivo unha gran acollida, foron os

versos de amor e amizade. Baixo o lema “Quéreme en verso”, foron moitos

os poemas compostos tanto por parte do alumnado como da familias.

Resultou complicado elixir aos premiados. Pero finalmente os agraciados

foron...

Alicia Miranda

2º Primaria

Este ano, dende a

biblioteca

organizamos o “I

Recital de Poesía”.

Os nenos

pertencentes ao

Clube de Lectura e

ao Voluntariado

Lector foron os

encargados de levar

a cabo este

proxecto. Foi una

nova e gratificante

experiencia para

todos.

María Yolanda

Alvárez.

Nai de Isis Espiau

4º Infantil

Noé San Segundo

4º Primaria
A biblioteca ademais de ser o lugar do cole onde se realizan múltiples

actividades, é tamén onde recibimos a maioría das nosas visitas. Este ano,

pola Semana do Libro visitounos o cantante Héctor Lorenzo, que

animounos coas cancións do seu conto musicado “Cousas de Papá”.

Tampouco podíamos deixar de acudir a

nosa cita anual ao Salón do Libro de

Pontevedra. Alí esperábamos ORBIL, a

mascota do salón. Baixo o lema “O

mundo que queremos”, gozamos dunha

morea de experiencias e dunha

fantástica obra de teatro. Ademais

tamén houbo tempo para merendar e

xogar un pouco xunto aos amigos.
CLUBE DE LECTURA

Por segundo ano consecutivo o clube de lectura “Crazy polos books”

comezou a súa andaina con moita gana e ilusión.

En primeiro lugar a través do conto “Sabela e as zocas máxicas” do

Proxecto Terra, os membros do clube convertéronse en mestres realizando

tarefas e xogos para os mais cativos do cole, como unha procura do

tesouro.

Co inicio do 2º trimestre comezamos ca lectura da obra “Mil cousas

poden pasar I” de Jacobo Fernández Serrano, ilustrador do Salón do

Libro de Pontevedra deste curso.

XINCANA DE XOGOS

Os membros do Clube de lectura e do Voluntariado lector participaron

nunha “Xincana literaria” organizada polo IES Ricardo Mella. Unha

experiencia única que esperamos volver repetir.
ROSALIA-TE

Este ano, dende o equipo de dinamización da

Lingua Galega quixemos volver a homenaxear

a nosa autora mais relevante, Rosalía de

Castro, na data do seu nacemento, o 24 de

febreiro. Moitas foron as actividades

programadas, e grazas a colaboración dos

mestres e das familias puidéronse levar a

cabo todas elas.

Lectura do manifesto

Photocall de grupos e de familias coas

máscaras rosalianas.

Poema musicado “Negra

Sombra”, interpretado

polos mestres Manuel e

Lidia, e Diego, de 2º de

primaria na percusión.

“Mannequin Challengue” realizado por todo

o alumnado e mestres do cole, e recitado

conxunto do poema “Negra Sombra”.

Un gran traballo en equipo!!
Durante o mes de abril o EDLG convocou

o “I CERTAME DE RETRANCA GA-

LEGA” coa finalidade de fomentar o uso

da nosa lingua.

Os participantes tiveron que escoller un

refrán ou dito popular e entre todos os

presentados, tres foron os premiados:

Uxía Centelles Martínez (6º EP)

Ainara Pereira Pérez (5º EI)

Rubén Alonso Martínez (4º EP)

EDLG
O 2017 é o ano de Carlos Casares Mouriño, escritor ourensán protagonista

das Letras Galegas, ao que ao longo deste curso adicámoslle numerosas

actividades co fin de achegarnos a súa vida e obra.

Unha das propostas do EDLG consistiu en asignar a cada aula un conto

da literatura infantil de Casares, e tras a súa lectura e comprensión, recreáronse

as portadas deses contos.

Ademais os voluntarios da Biblioteca

xunto cun axudante de excepción,

Manuel de 1º de EP, fixeron

algúns dos protagonistas da obra

de Casares como Toribio, Lolo, o

can Rin, o lobo Crispín, a galiña

azul, o galo de Antioquía ou o Principiño.

EN GALEGO SÍ,XA!

Na semana das Letras Galegas

propuxémoslle a toda a comunidade

educativa que falase galego durante

a xornada escolar. A ambientación

do colexio contribuíu á

posta en práctica desta iniciativa.

EDLG
Con motivo desta efeméride, os Equipos de Dinamización da Lingua

Galega e de Biblioteca en colaboración coa ANPA, convidaron a Mai e a

Miña, “AS MAIMIÑAS”, co fin de pasar un bo rato cantando en galego

e bailando todos xuntos sen perder de vista o fío conductor da peculiar

viaxe polo mundo desta simpática parella.

Os alumnos de 5º de EP faláronnos

da vida e obra do autor protagonista

deste día.

Algúns mestres e alumnos do IES Carlos Casares visitaron o noso

centro para desenvolver unha serie de actividades simultáneas en cada

aula, adaptadas ás diferentes idades e relacionadas con Casares.

Versión on line do

“Xogo de Leoncio”.

“Xogo de Leoncio” baseado na

obra A galiña azul.

EDLG

Xogo de mesa “O tren de Casares”.
AS NOSAS COPLAS AO

UNHA ANDAINA POR ESPAÑA

ESTRIBILLO

E LLE DEMOS MOITA CAÑA

COMEZAMOS EN SETEMBRO

E SEGUIMOS APRENDENDO.

E. I.

AGORA VIMOS OS PEQUENOS

CHEGAMOS DE ANDALUCÍA

TRAEMOS MOITA FESTA

CARGADIÑOS DE LEDICIA.

ESTRIBILLO

A XIRALDA DE SEVILLA,

A ALHAMBRA DE GRANADA,

CÓRDOBA TEN A MEZQUITA

MAIS NON TEÑEN EMPANADA.

ESTRIBILLO

3º E.P.

TEMOS FRONTEIRA CON FRANCIA

E CON MOITA ELEGANCIA

ESTE CURSO TRABALLAMOS

CATALUÑA VOS MOSTRAMOS.

ESTRIBILLO

SE AQUÍ VIDES DE VIAXE

NON DEBEDES DE ESQUECER

A SAGRADA FAMILIA

A TEDES QUE COÑECER..

ESTRIBILLO

1º E.P.

HAI QUE MANCHA TAN PESADA!

LEVO NO MEU VESTIDIÑO

AO CHEGAR A COMPOSTELA

A LAVO NUN REGATIÑO.

ESTRIBILLO

DÍN QUE ALÍ HAI UN SANTIÑO

QUE FIXÉRONNO PATRÓN

E XENTE DE TODO O MUNDO

VAI EN PEREGRINACIÓN...

ESTRIBILLO

4º E. P.

OS DE CUARTO DO COLEXIO

UN CHOTIS IMOS BAILAR

PORQUE ESTAMOS TRABALLANDO

MADRID QUE É CAPITAL.

ESTRIBILLO

OSO E MADROÑO, TORRES KIO,

CIBELES E PORTA DE ALCALÁ,

MUSEO DO PRADO E RETIRO

SEMPRE HAI QUE VISITAR...

ESTRIBILLO

6º E.P.

2º E. P.

A NOSA QUERIDA ASTURIAS,

TEN AS COSTAS E OS PRADOS,

TEN MARISQUIÑO E FABES

E SIDRIÑA “PRA” BAÑALOS.

ESTRIBILLO

AGUIAS E OSOS PARDOS,

REBECOS E SALAMANDRAS,

SON ALGÚNS DOS ANIMAIS

QUE VEREDES NAS MONTAÑAS.

ESTRIBILLO

5º E. P.

OS VASCOS PARA O CAMIÑO

DECIDIMOS COMEZAR

TOMÁNDOLLE UN PINCHIÑO

PARA PODER AGUANTAR.

ESTRIBILLO

DILLE IÑAKI: CANTO QUEDA?

DILLE PATXI: POUCO XA!

CON SEMELLANTE MOCHILA

EU NON DOU UN PASO MAIS!

ESTRIBILLO

CAMIÑANDO POR VALENCIA

NOS VESTIMOS DE FALLEIROS

FESTEXANDO A CONCIENCIA

E VIÑERON OS BOMBEIROS.

A PAELLA NO BANDULLO

REFRESCADOS CON HORCHATA

E BRINDAMOS CON ORGULLO

“PRA” SEGUIR A CAMINATA.

ESTRIBILLO

EDLG

EDLG

ESTRIBILLO
ENGLISH CORNER

THIS YEAR WE COULD LEARN ABOUT AMERICAN

CULTURE: TRADITIONS, FESTIVALS, WAY OF LIFE, SONGS,

GAMES,VOCABULARY AND SOMETHING ELSE.

THANKSGIVING DAY

HERE WE PLAYED….GUESS MY JOB (6TH GRADE)

THANK YOU MARLEY FOR ALL WE LEARNED WITH YOU

ALONG THIS COURSE AT SCHOOL.
OS CABALEIROS BUSCABAN CASTELOS… PERO

SÓ ATOPARON MASCOTAS… E CON MOITO

SALERO DIXÉRONLLES: OLÉ MI ARMA!

Durante este curso, os cativos de Ed. Infantil traballamos a reo nos

diferentes proxectos propostos. Aquí tedes unha mostra do ben que o

pasamos.

Esperamos que vos guste!

A porta do castelo das Abelliñas.

Obradoiro medieval.

Día de Andalucía.

Os Mouchos elaborando un castelo.

Canta arte teñen!!!

ED. INFANTIL
OS GUERREIROS DE TERRACOTA

En febreiro visitamos a exposición “Os

guerreiros de terracota”, exército do

primeiro emperador de China de máis

de 2000 anos de antiguedade. Alí,

atopámonos con máis de 100 réplicas

a tamaño real dos Guerreiros de Xi’an,

que foron declarados Patrimonio da

Humanidade en 1987, entre eles:

gobernadores, oficiais e guerreiros de

diverso rango. Ademais vimos cabalos e

diversas armas de combate para a

guerra, así como diferentes utensilios de

arte e das costumes e vida destes

guerreiros.

1º EP
Como cada mes de novembro conmemorouse

o "Mes da Ciencia en

Galego nas Bibliotecas”.

Libroreta ofreceu ao noso alumnado

diferentes recursos para poder

investigar e experimentar.

Os mais intrépidos foron os nosos

cativos de Infantil que gozaron

realizando diferentes experimentos:

pantasmas espumosos,

caraveis tinxidos, globos inflados

con botellas, mensaxes ocultas,

ovos de goma...

Para rematar, elaboraron entre

todos un dossier recompilatorio

dos Obradoiros levados

a cabo durante este mes,

que xa forma parte dos fondos

documentais da nosa Biblioteca.

EDLG
VITRASA

Os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria visitamos a

empresa de transporte Vitrasa. Demos un paseo polas distintas

instalacións e puidemos ver os talleres mecánicos, os talleres

electrónicos e a estación de control dende donde controlan todos os

autobuses. Pasámolo bomba!

“PULGARCITO”

Todos os anos, A Fundación organiza unha chea

de actividades. Este ano acudimos á obra de teatro

“Pulgarcito”. Un conto clásico que xa coñecemos

todos, pero contado un pouquiño

diferente: dende o punto de vista

dunha persoa cunha enfermidade que se chama

Alzheimer.

CONCURSO “DINOSETOJOYAS”

O noso compañeiro de 3º de primaria,

Lucas, quedou finalista no concurso

“Dinosetojoyas” que organizou a Escola

Técnica de Xoiería do Atlántico que, por

certo, está moi preto do noso cole.

3º EDUCACIÓN PRIMARIA
A MARABILLOSA HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA

O alumnado de 4º, 5º e

6º de Primaria disfrutou dun concerto

didáctico no Auditorio Teatro AFundación Vigo. Os protagonistas de

esta función son o dúo Fetén Fetén,co obxetivo de que os nenos

emprenderan unha viaxe a través dalgúns dos instrumentos máis

insólitos da historia da música popular europea. Aprendendo que non

é necesario gastar diñeiro para facer música.

INVESTIGAMOS, PRANTAMOS E COCIÑAMOS

ALMORZOS SAUDABLES

O alumnado de 3º, 4º e 5º deleitouse dun excelente almorzo

composto de leite, tostas con mel e un zume de laranxa natural que

nos deu moita forza para rematar o día ao 100%.
FARO DA ESCOLA

Neste curso, o alumnado de sexto e mais quinto traballaron

duramente (case sempre)...unha gran carga foi facer o noso propio

Faro. Poucos somos pero o logro quedou aquí amosado...nesta

portada de Faro na Escola.

Neste pequeno xornal

puidemos traballar co noso

entorno, indagar sobre a boa

alimentación e incluso

entrevistar a unha ex-alumna

do Sello agora recoñecida

escritora: An Alfaya.

Aprendemos a traballar en

equipo e a saber como é de

dura a profesión de xornalista. Tamén grazas a saída ao mercado de

Cabral puidemos coñecer datos dos nosos veciños profesionais da

venta de produtos frescos e valorar éstos nunha alimentación

saudable.
O DÍA DE…

Este curso, dentro do Proxecto Anual da escola, celebramos os diferentes días

das comunidades autónomas traballadas en cada aula.

O día 9 de outubro celebramos o día da CCAA de Valencia. Os nenos e nenas

de 6º de Primaria contáronos varias curiosidades da súa comunidade e

agasalláronnos cun anaco de rico turrón con améndoas de Xixona.

O alumnado de 5º de

Primaria, o 25 de outubro,

día da CCAA do País

Vasco agasallounos cun

delicioso “pintxo”. Sen

dúbida tiveron unha gran

acollida.

Os mais

cativos do cole,

con moito arte

prepararon o

28 de febreiro,

día da CCAA

de Andalucía

un delicioso

pan con aceite

e olivas.

Ademais

agasalláronnos

a todos cun

precioso

abano.
O 2 de maio o alumnado de 4º de primaria

convidounos a vivir a experiencia das campás da

Porta do Sol, tradición histórica da CCAA de

Madrid. Ademais repartiunos un fermoso caravel.

Pasámolo xenial. Non hai cousa que nos guste

mais aos galegos que a festa!!

Por último, o 31 de maio

celebramos o día da

CCAA de Castela A

Mancha. E que mellor

forma de facelo que

saboreando un delicioso

queixo manchego.

Ademais o alumnado de

1º agasallounos a todos

cunhas aspas de muíños

para por na solapa.
DÍA DA ÁRBORE

Como cada mes de xuño, asistimos a nosa cita no CEE Saladino Cortizo

compartindo cos seus membros xunto ao CEIP Carballal e aos membros da

Mancomunidade de Cabral, unha entrañable xornada de convivencia.

Este curso, o CEIP O Sello, foi o encargado da elaboración

do cartel que conmemora a XX Edición

desta celebración. Con tal motivo, convocamos un

concurso no que participaron todos os alumnos

do colexio sendo a gañadora unha alumna de 4º

de E. Primaria, Xiana Cameselle Pino.

O Photocall tamén foi cousa nosa, e

esta árbore florida converteuse nun

punto de encontro para retratarse

xunto a ela e gardar así un bonito

recordo deste día.

EDLG
6º ED. INFANTIL

GRAZAS, PEQUES!

Meus queridos nenos esforzástesvos moito para chegar ata

aquí pero pasiño a pasiño como boas tartarugas,

conseguímolo.

Este é un dos momentos no que me sinto orgullosa de ser a

vosa mestra e quero darvos as grazas por tantas boas

experiencias que pasamos xuntos.

Grazas por agasallarme todos os días coas vosos sorisos e

achuchóns, por compartir as vosas mañás comigo, por

contarme os vosos segredos, por facerme sentir importante

nas vosas vidas, por encher de ledicia cada día...

Cantas cousas me destes sen vos dar conta!

Lembrades as veces que rimos porque atopabamos contos

divertidos?

E cantas veces me chamastes mamá e incluso avoa? Que

importante me faciades sentir!

En fin, son moitos momentos compartidos nos que houbo

risas e algún choro, momentos que nunca esquecerei e que

sempre ocuparán un cachiño do meu corazón.

Quérovos moito, meus nenos!

Raquel Iglesias Caneiro
CAMIÑO A SECUNDARIA

O vindeiro ano deixaremos este centro e tanto a mestra como nos

queremos deixar unhas palabras na nosa derradeira revista

Sardomela como alumnos.
“UNHA ANDAINA POR ESPAÑA”

PROXECTO ANUAL DE CENTRO

“OLE MI ARMA”

CCAA DE ANDALUCÍA

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

“PAELLA, PA´EL E PA´ ELA”

CCAA DE VALENCIA

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

“PINTXO POTE”

CCAA DO PAÍS VASCO

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

“OLE MI ARMA”

CCAA DE ANDALUCÍA

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL
TODOS CON ROSALÍA