You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
F E B R E I R O 2 0 1 7

Mulleres

pioneiras

I N F O R M A C I Ó N B Á S I C A

Katrine Switzer

Valentina Tereshkova

Amelia Earhart

María Teresa de Filippis

Dian Fossey

Sofía Ionnescu
1ª muller en correr unha maratón

Switzer

Katrine

Kathrine Switzer (Amberg, 5 de enero de 1947) é unha escritora, comentarista de televisión e

maratonista estadounidense, máis coñecida por ser a primeira muller en correr unha maratón (a

maratón de Boston) cun dorsal.

Esta maratón estaba destinada exclusivamente aos homes, pero logrou inscribirse como KV Switzer na

Maratón de Boston de 1967, saíndo co dorsal 261 e cruzando a liña de meta 4 horas e 20 minutos

despois.

Durante a carreira, un dos comisarios, Jack Semple, que ademais exercía de codirector da carreira,

percatouse da presenza de Katrine na carreira e intentou detela berrando: "Sal da miña carreira e

devólveme o dorsal". Pero a colaboración do seu mozo e de algúns corredores, que a escoltaron ata a

meta, impediu que a atleta fose retirada da competición.

En el transcurso de la carrera, uno de los comisarios, llamado Jock Semple, que ejercía de codirector de

la carrera, detectando que Kathrine Switzer era, efectivamente, una mujer, intentó detenerla, salió

detrás de ella y le gritó: "¡Sal de mi carrera y devuélveme el dorsal!". Pero la colaboración de su novio y

de algunos corredores, que la escoltaron hasta la meta, impidió que la atleta fuera retirada de la

competición.

Switzer gañou a maratón de Nueva York de 1974 e quedou segunda na maratón de Boston de 1975,

onde logrou a súa mellor marca cun tempo de dúas horas, 51 minutos e 37 segundos.

Enlaces de interese:

http://www.soymaratonista.com/32552/kathrine-switzer-una-mujer-que-hizo-historia

https://www.youtube.com/watch?v=fOGXvBAmTsY&list=PLXEz6ievRyFVecK7uEniA5qluc25Pjl3Z

https://www.youtube.com/watch?v=yAXkjY5EPTI&list=PLXEz6ievRyFVecK7uEniA5qluc25Pjl3Z&index=24
Tereshkova

1ª muller astronauta

Valentina

Valentina Tereshkova naceu en Rusia o 6 de marzo de 1937). É unha enxeñeira rusa e foi a primeira

muller que viaxou ao espazo exterior (o 16 de xuño de 1963 a bordo da nave Vostok 6).

Tras abandoar os seus estudos, traballou nunha fábrica de neumáticos e máis tarde estudou enxeñería.

No ano 1962 foi seleccionada para o seu ingreso no corpo feminino de cosmonautas. De entre máis de

catrocentas candidatas, so cinco foron seleccionadas.

O 16 de xuño de 1963, con 26 anos e a bordo do Vostok 6, convertiuse na primeira muller en viaxar ao

espazo. O seu nome en clave para a misión foi Chaika (Gaivota).

Aínda que así estaba previsto, non selle permitiu tomar o control manual da nave e tiveron que pasar

19 anosata que outra muller viaxara ao espazo. Ningunha das catro cosmonautas do grupo de

Tereskova viaxou ao espazo.

Tras a misión espacial, estudou na Academia da Forza Aérea de Zhukovski e graduouse como

enxeñeira espacial en 1969. Ese mesmo ano, o grupo de cosmonautas feminino disolveuse. No ano 1977

recibiu o doctorado en enxeñería.

En 1997 retirouse da forza aérea e do corpo de cosmonautas.

Enlaces de interese:

http://www.erroreshistoricos.com/curiosidades-historicas/la-primera-vez-en-la-historia/1111-la-primera-mujer-astronautavalentina-tereshkova.html

https://www.youtube.com/watch?v=Eq-dhztIiAs
1ª muller aviadora

Earhart

Amelia

Amelia Mary Earhart, naceu en Atchinson (Kansas) o 24 de xullo de 1897 e finou no océano Pacífico o

2 de xullo de 1937, foi unha aviadora estadounidense, célebre polas súas marcas de voo e por tentar a

primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial.

Amelia deu mostras dunha personalidade inqueda e audaz que se involucraba en actividades propias

dos mozos: escalaba árbores, deslizábase en zorra e disparaba a ratas cun rifle. Tamén tiña como

pasatempo reunir recortes de xornais de mulleres famosas que sobresaían en actividades tradicionais

dos homes.

En 1920 asistiu xunto coa súa familia a un espectáculo aéreo en California e quedou prendida dos

avións. Conseguiu que a levasen a bordo dun biplano no que voou por 10 minutos sobre Os Ánxeles,

as súas palabras acerca desta experiencia foron: axiña que como despegamos eu sabía que tería que

voar de agora en diante.

En outubro de 1922 tivo o seu primeiro récord de altitude ao voar a 14.000 pés de altura. En 1925

uniuse á Asociación Aeronáutica Nacional. Investiu diñeiro para construír unha pista de aterraxe,

vendeu avións e promoveu a aviación especialmente en mulleres. Xa comezaba a facerse dun nome na

sociedade. O Boston Globe recoñecíaa como unha das mellores pilotos dos Estados Unidos.

O 26 de abril de 1927, o capitán H.H. Railey preguntoulle se quería ser a primeira muller en cruzar o

Atlántico. Wilmer Stultz e Louis Gordon serían os que pilotaran o avión, , ao que chamaron Amizade

e Amelia foi nomeada comandante do voo.

Despegaron o 3 de xuño de 1928 e arribaron en Berry Pourt no sur de Gales (xa con pouca gasolina)

e non en Irlanda como fora planeado. A mesma Amelia recoñeceu que todo o traballo fixérono os

pilotos , pero ao arribar os reporteiros ignoráronos e abordárona a ela. Recibiu felicitacións do mesmo

presidente Coolidge.

A súa fama creceu nos medios de comunicación e comezou a dar presentacións públicas grazas ao

traballo de George Putnam. Axudouna a publicar o seu libro Twenty Hours, Forty Minutes, e

acompañábaa a todas partes. Foi tanta a unión de ambos os dous que acabaron casando en 1931.
Continuou impulsando a aviación entre as mulleres. Fundou a organización as noventa e nove na súa

habitación de hotel en Cleveland con outras pilotos, pois incluía a 99 membros. e foi a súa primeira

presidenta. A súa carreira como aviadora non foi interrompida: crebou marcas de velocidade para

mulleres.

.O 20 de maio realizou un voo soa polo Atlántico exactamente 5 anos logo da súa primeira vez.

Posto que ela non tomaba café ou té, mantíñase esperta cheirando sales. Só levaba un termo con sopa

e unha lata de mollo de tomate. Chegou fóra do punto planeado en Londonderry no norte de Irlanda.

Baixando do avión preguntoulle a un home que se achegaba e tiveron a seguinte conversación: Onde

estou?... no pasteiro de Gallegher... vés de lonxe?... de América respondeu ela. Impuxo máis marcas :

primeira muller en facer un voo solitario no Atlántico, primeira persoa en facelo dúas veces, a distancia

máis longa voada por unha muller sen parar, récord por cruzalo no menor tempo.

Os recoñecementos acumuláronse: fixo un tour por Europa, en New York fixo un percorrido baixo

choiva de papeis, o presidente Hoover condecorouna coa medalla dourada especial da National

Geographic Society, recibiu chaves da cidade de moitas partes, foi votada a muller máis destacada o

ano. O congreso a condecorou coa Distinguished Flying Cros dada por primeira vez a unha muller.

En 1934 anunciou que a próxima aventura seria un voo a través do Pacífico desde Hawai a California

e despois a Washington, dez pilotos intentárono e morreron. Saíu de Honolulu o 11 de xaneiro de 1935

e aterro en Oakland, ante unha multitude que a vitoreaba. Roosevelt envioulle os seus parabéns. Ese

mesmo ano realizou a primeira viaxe solitaria dos Ánxeles a Cidade de México e de alí a Newark.

Xa en 1935 comezou a formularse os plans para facer unha viaxe ao redor do mundo. Marcaría dous

fitos: a primeira muller en facelo e a maior distancia posible circunnavegando o globo no seu ecuador.

Segundo ela era o voo que lle quedaba por realizar. Pero non puido rematar a súa viaxe.

O seu aeroplano caeu de 35 a 100 millas da costa da illa Howland, albiscouse unha chalupa pero non

se atopou nada.

En vida Amelia regularmente enviaba cartas a George, nunha delas escribiu: por favor debes saber

que son consciente dos perigos, quero facelo porque o desexo. As mulleres deben intentar facer cousas

como o fixeron os homes. E cando fallen, o seu fracaso non debe ser senón un reto para outras.

Enlaces de interese:

https://www.youtube.com/watch?v=5GxIjgIuOjQ

Amelia. Colección Miranda. Edelvives (2016)
Mª

1ª muller piloto de Fórmula 1

Filippis

Teresa

María Teresa de Filippis, naceu en Nápoles en 1926 e finou en Lombardía no 2016. Foi unha piloto de

carreiras italiana e a primeira muller en competir na Fórmula Un.

Á idade de 22 anos, de Filippis comezou a súa carreira no automobilismo. Gañou a súa primeira

carreira, pilotando un Fiat 500 nunha carreira de 10 quilómetros entre Salerno e Cava de 'Tirreni.

Pasou a pilotar no campionato italiano de automóbiles deportivos, terminando segunda na tempada

1954. Ao ver o seu potencial, Maserati fichouna como piloto oficial.

De Filippis participou en varios eventos de carreiras de motor.. Antes de darlle a oportunidade de

pilotar na Fórmula Un, terminou segunda nunha carreira de coches deportivos de apoio ao Gran

Premio de Nápoles de 1956, pilotando un Maserati 200S.

O 18 de maio 1958 de Filippis tivo a oportunidade de participar no Gran Premio de Mónaco. Dos 31

participantes só a metade estableceron un tempo o suficientemente bo para cualificar, De Filippis

quedou fora da carreira xunto ao debutante e futuro presidente da Formula One Management Bernie

Ecclestone.

O Gran Premio de Bélxica de 1958 permitiu a todos os pilotos competir sen ningún límite de tempo de

cualificación. De Filippis clasificouse no último lugar, a case 44 segundos de Tony Brooks o pole position.

Malia que dobrárona dúas veces na carreira de 24 voltas amañouse para terminar, aínda que no

décimo e último lugar despois de que os outros nove coches non puideran terminar. Foi a única vez

que rematou unha carreira.

En 1959, no Gran Premio de Mónaco foi o seu último intento de cualificar nun Gran Premio, aínda que

ela continuou en activo no automobilismo.

En 1958 De Filippis deixou os circuítos e deu as costas ás carreiras de motor durante 20 anos.

Mantívose afastada de todas as formas de automobilismo ata 1979 cando se uniu ao Club

Internacional de ex Pilotos de Gran Premio de F1, tomando o papel de Vicepresidenta en 1997.

De Filippis foi unha pioneira no automobilismo, un deporte dominado polos homes, ningunha muller

volvería a correr na Fórmula Un durante os seguintes 15 anos.

Enlaces de interese:

https://www.youtube.com/watch?v=XJOBgQDqkpA
1ª muller primatóloga

Fossey

Dianne

Diane Fossey naceu o 16 de xaneiro de 1932 nos Estados Unidos e morreu en Ruanda o 26 de

Decembro de 1985. Foi unha zoóloga recoñecida pola súa labor científica e conservacionista cos gorilas

das montañas Virunga (Ruanda e Congo).

Graduouse en Terapia Ocupacional en 1954 e pasou varioa anos traballando nun hospital de Kentucky.

Influida por George Schaller, importante zoólogo adicado ao estudo dos gorilas, Fossey viaxou a

Áfricano ano 1963 onde observou e estudou aos gorilas das montañas no seu hábitat natural e

coñeceu ao arqueólogo británico Louis Leaky de quen aprendeu a importancia do estudo dos grandes

simios para comprender a volución humana.

A súa paciencia e observación meticulosa dos gorilas permitíronlle comprender e imitar o seu

comportamento, gañándose a aceptación de varios grupos. Aprendeu a coñecer as características

únicas de cada individuo, chegando a ter con eles unha relación de confianza e afecto.

Karisoke, o seu lugar de estudo, convertiuse en centro internacional de investigación sobre gorilas. No

ano 1974 recibiu o grado de doctora en Zooloxía pola Universidade de Cambridge.

En 1983 publica Gorilas na néboa, onde expón as súas observacións e a súa relación cos gorilas en

todos os seus anos de estudos de campo.

Durante toda a súa vida, Fossey enfrontouse a actividade dos cazadores furtivos que estaban levando

a especie dos gorilas da montaña a súa extinción. Esta loita creoulle moitos inimigos e sospeitase que foi

o motivo do seu asasinato en 1985.

O seu traballo contribuiu en gran parte a recuperación da poboación de gorilas e a desmitificación do

seu comportamento violento.

En 1988 a vida e obra de Fosse foi retratada na película Gorilas en la niebla (Gorillas in the Mist),

dirixida por Michael Apted eprotagonizada por Sigourney Weaver.

Enlaces de interese:

https://gorillafund.org/who-we-are/dian-fossey/

https://www.youtube.com/watch?v=xj02s-zIuss

Película "Gorilas en la niebla"
1ª muller neurocirurxán

Ionescu

Sofía

Sofía Ionescu-Ogrezeanu naceu o 25 de abril de 1920 e morreu o 21 de marzo de 2008. Foi unha

neurocirurxiá rumana e considerase a primeira muller neurocirxiá do mundo. Filla dun caixeiro de

banco e unha ama de casa.

O interese de Ionescu pola mediciña comezou despois de coñecer ao pai dun dos seus mellores amigos,

o Dr. Dimitru. A morte dun dos seus amigos da escola, que morreu en París debido a unha infección

despois dunha cirurxía cerebral, impulsou a Ionescu a entrar na escola de Mediciña.

Co apoio da súa nai, entra na escola de mediciña en Bucarest no 1939. No seu primeiro ano de

prácticas, estudou oftalmoloxía. Durante unhas vocacións, ofreceuse como voluntaria para coidar de

sovieticos prisioneiros nun hospital en Falticeni. Entrou no servizo de cirurxía do hospital, facendo as

súas primeiras operación quirúrxicas, sobre todo amputacións.

En outubro de 1943 converteuse en interna no Hospital Nr. 9 en Bucarest. Durante o bombardeo de

Bucarest, viuse obrigada a realizar unha cirurxía cerebral de emerxencia a un rapaz ferido debido a

falta de persoal médico. En 1945 recibiu a certificación en mediciña e cirurxía.

Con 47 anos xa era unha neurocirurxiá no hospital Nr. 9, formando equipo con Ionel Ionescu e

Constantin Arseni, e baixo a dirección de Dumitru Bagdasar. Eles formaron o primeiro equipo

neurolóxico de Rumanía. Foron chamados "O equipo de ouro" e axudaron a desenvolver a

neurocirurxía en Rumanía.

Enlaces de interese:

https://gorillafund.org/who-we-are/dian-fossey/

https://www.youtube.com/watch?v=xj02s-zIuss

Película "Gorilas en la niebla"