12.04.2017 Views

catalogo2017abril

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ÍNDICE

100 ANOS DE PERDÓN

100 METROS

ANGÉLICA (UNHA TRAXEDIA)

BAIXO A AREA

BALLERINA

ELLE

ESQUECE MONELOS

EU, DANIEL BLAKE

FRANTZ

FUOCOAMMARE - LUME NO MAR

LOBOS SUCIOS

MANUEL VILARIÑO. SER LUZ

MARÍA (E OS DEMAIS)

MIGAS DE PAN

MIMOSAS

NERUDA

OS DÍAS AFOGADOS

PELERINAXES

PIEDAD

POZOAMARGO

PSICONAUTAS, OS NENOS ESQUECIDOS

SICIXIA

SIEMBRA

TONI ERDMANN

TORO

TORRE DE BREOGHÁN

UN AMOR DE VERÁN

100 ANOS DE PERDÓN

Thriller / 95 minutos / 2016 / España, Francia, Arxentina / Maiores 12 anos

Director: Daniel Calparsoro

Produtores: EMMA Lustres, Borja Pena, Juan Gordon

Con Luis Tosar, Rodrigo de la Serna, Raúl Arévalo

www.vacafilms.com/cien-anos-de-perdon

Quen rouba a quen?

Unha mañá chuviosa. Seis homes armados asaltan a sede central dun banco de Valencia. O que ía ser un

roubo limpo e fácil pronto se complica cando a directora da sucursal desvela un segredo oculto nunha das

caixas de seguridade. Os ánimos acéndense entre os líderes da banda e a sospeita esténdese dentro e fóra

do banco ata chegar a poñer en xaque o Goberno do país.

FESTIvAIS e premIOS

Premio ao mellor actor. Premios Mestre Mateo 2017

European Perspectives, Edinburgh International Film Festival 2016. Reino Unido

Lexus Ibero American Feature Film Competition. Miami International Film Festival 2016. Estados Unidos

Thriller section. Fantasy Filmfest 2016. Alemaña

Beaunne Festival Intl. du Film Policier 2016. Francia

CONTRATACIÓN: 881 917 566

info@vacafilms.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

100 METROS

Comedia dramática / 105 minutos / 2016 / España / Maiores 12 anos

Director: Marcel Barrena

Produtores: Carlos Fernández, lAura Fernández, Tino nAvarro

Con Dani Rovira, Karra Elejalde, Alexandra Jiménez

www.filmax.com/peliculas/100-metros.60

Comedia dramática baseada nunha historia real.

Ramón, pai de familia xa na treintena, vive para o traballo ata que o seu corpo empeza a fallar. Diagnosticado

de esclerose múltiple, todos os prognósticos parecen indicar que nun ano non será capaz de camiñar nin

cen metros.

Festivais e PREMIOS

Nomeado ao mellor actor de reparto. Premios Goya 2017

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

ANGÉLICA (UNHA TRAXEDIA)

Documental / 83 minutos / 2016 / España / Maiores 7 anos

Director: Manuel Fernández-Valdés

Produtores: Esther Rodríguez Sánchez, Manuel FernánDEz-Valdés

www.ordenpropia.com

Documental que chega á raíz dunha das directoras e actrices teatrais

máis premiadas e recoñecidas de Europa.

Angélica Liddell prepara a súa seguinte obra e Manuel Fernández-Valdés proponse retratala nunha película.

Liddell converteuse nunha das principais dramaturgas europeas, cun teatro autobiográfico no que expón a

súa dor máis íntima. Unha decisión que afecta á esencia da súa maneira de traballar e a todas as persoas

que traballan con ela. Cada cal deberá decidir ata onde está disposto a chegar ao seu lado. O director da

película non permanecerá alleo á experiencia.

Festivais e PREMIOS

Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires 2016. Arxentina

DocLisboa 2016. Portugal

Festival de Tokio de Artes Escénicas 2016. Xapón

Festival Internacional de Cine de Ourense 2016

CONTRATACIÓN: 670 558 330

ordenpropia@gmail.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

BAIXO A AREA

Drama, bélica / 100 minutos / 2015 / Dinamarca / Maiores 16 anos

Director: Martin zAndvliet

Produtor: MiKAEl Christian Rieks

Con Rolan Moller, Louis HoFMAnn, lAura Bro

www.acontracorrientefilms.com/pelicula/635/land-of-mine-bajo-la-arena

A guerra non acaba cando se asina a paz.

Cando Alemaña se rendeu en 1945, na costa occidental danesa comezou outra dura batalla: a dos novos

soldados alemáns que foron obrigados a retirar miles de minas enterradas na area polo exército nazi.

Festivais e PREMIOS

Premio ao mellor vestiario e á mellor fotografía. Premios do Cine Europeo 2016

Premio do público. Festival de Xixón 2016

Premio á mellor película, á mellor dirección, ao mellor guión orixinal, mellor fotografía, mellor montaxe.

Premios Robert (Academia do Cine Danés) 2016. Dinamarca

Nomeada á mellor película de fala non inglesa. Óscar 2016. Estados Unidos

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

BALLERINA

Animación / 89 minutos / 2016 / Francia / Maiores 6 anos

Director: Éric Warin, Éric SuMMErs

Produtores: Laurent zEitoun, Yann zEnou

www.acontracorrientefilms.com/pelicula/630/ballerina

A historia de Felicia e Víctor, dous orfos que escapan da institución

na que viven para tentar cumprir os seus soños.

Felicia é unha nena que, tras perder aos seus pais, vive nun orfanato na súa Bretaña natal. A súa paixón é

a danza e soña con converterse nunha bailarina profesional. Para conseguilo foxe coa axuda do seu amigo

Víctor e viaxa ata o París de 1879. Alí farase pasar por outra persoa para conseguir entrar como alumna da

Grand Opera House e así loitar por ter a vida que desexa.

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

ELLE

Thriller, drama / 130 minutos / 2016 / Francia / Maiores 16 anos

Director: Paul vErhoeven

Produtores: Said Ben sAid, Michel Merkt

Con IsABElle Huppert, lAurent lAFiTTE, Charles Berling

www.avalon.me/distribucion/catalogo/elle

Mirada completamente corrosiva aos caprichos do desexo.

Michèle Leblanc é unha muller indestrutible. De forte personalidade e cun gran carácter para afrontar a

realidade, as cousas cambian, non obstante, cando é asaltada e violada por un individuo no salón da súa

casa. Despois dese incidente, Michelle decide non chamar a policía e continuar coa súa vida como si non

tivera ocurrido nada, pero sempre con medo de que aquel individuo puidese regresar.

Festivais e PREMIOS

Nomeada á mellor actriz. Premios Óscar 2016. Estados Unidos

Premio á mellor actriz dramática e á mellor película de fala non inglesa. Globos de Ouro 2016. Estados

Unidos

Premio á mellor actriz e á mellor película. Premios César (Academia do Cine Francés) 2016. Francia

CONTRATACIÓN: 913 664 364

ecosta@avalon.me

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

ESQUECE MONELOS

Documental / 76 minutos / 2016 / España / Maiores 7 anos

Directora: Ángeles Huerta

Produtores: Marta Eiriz, Gaspar Broullón, José Manuel Bazarra

www.esquecemonelos.com

O que non se di non fai parte da historia.

Hai máis neuronas nun cerebro humano ca partículas no universo. Pero se as puxésemos unha trala outra,

se intentásemos ordenalas dende o noso nacemento ata o día de hoxe, o único que veriamos sería un

pequeno río. Un río insignificante e ao mesmo tempo infinito. Baixo as rúas da Coruña hai un río que moitos

non recordan, pero que de cando en vez se desborda reclamando o que unha vez foi a súa conca.

Festivais e PREMIOS

Premio ao mellor documental, á mellor dirección de fotografía e á mellor montaxe. Premios Mestre

Mateo 2017

CONTRATACIÓN: 692 875 162

marta@dangadanga.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

EU, DANIEL BLAKE

Drama / 100 minutos / 2016 / Reino Unido / Maiores 12 anos

Director: Ken LoACh

Produtora: rEBECCA O´Brien

Con hAYle Squires, nATAlie Ann jAMieson, Dave Johns

www.caramelfilms.es/site/sinopsis/yo_daniel_blake

Última película dun dos poucos directores dúas veces galardoado

coa Palma de Ouro no Festival de Cannes.

Por primeira vez na súa vida, vítima de problemas cardíacos, Daniel Blake, carpinteiro inglés de 59 anos,

vese obrigado a acudir ás axudas sociais. Pese a que o médico lle ha prohibe traballar, a administración

obrígao a buscar un emprego se non desexa recibir unha sanción.

Festivais e PREMIOS

Premio á mellor película, Palma de Ouro. Festival de Cannes 2016. Francia

Premio do Público. Festival de San Sebastián 2016.

Nomeada en 5 categorías. Premios Bafta (Academia Británica das Artes Cinematográficas e da

Televisión) 2016. Reino Unido

Nomeada á mellor película estranxeira. Premios César (Academia do Cine Francés) 2016. Francia

Premio ao mellor actor. British Independent Film Awards 2016. Reino Unido

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

FRANTZ

Drama / 113 minutos / 2016 / Francia / Maiores 7 anos

Director: François Ozon

Produtores: Eric AlTMAYEr, Nicolás AlTMAYEr

Con Pierre Niney, pAula Beer, Marie Gruber

www.golem.es/frantz

Sutil drama ao redor da confluencia de dous sacrificios vitais na

construción dunha ficción aliviadora.

Unha pequena cidade alemá, pouco tempo despois da Primeira Guerra Mundial. Anna vai visitar todos os

días a tumba do seu prometido Frantz, asasinado en Francia. Un día, Adrien, un misterioso mozo francés,

tamén deixa flores na sepultura. A súa presenza suscitará reaccións imprevisibles nun ambiente marcado

pola derrota de Alemaña.

Festivais e PREMIOS

Premio á mellor actriz nova. Festival de Venecia 2016. Italia

Nomeada en 11 categorías. Premios César (Academia do Cine Francés) 2016. Francia

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

FUOCOAMMARE - LUME NO MAR

Documental, drama / 108 minutos / 2016 / Italia / Maiores 7 anos

Director: Gianfranco Rosi

Produtores: DonATElla pAlermo, Gianfranco Rosi

Con María Costa, Pietro Bartolo, sAMuele Caruana

www.caramelfilms.es/site/sinopsis/fuego_en_el_mar

Lampedusa, a fronteira máis simbólica de Europa que nos últimos

20 anos atravesan miles de inmigrantes en busca da liberdade.

A illa de Lampedusa é o punto máis meridional de Italia, covertido desde 1990 nun lugar de desembarco

masivo de inmigrantes ilegais procedentes de terras africanas. En pouco máis de 20 anos, máis de 20.000

persoas afogaron durante a travesía para alcanzar o que para moitos supón vía de entrada a Europa, e que

lles debería permitir fuxir da guerra e a fame.

Festivais e PREMIOS

Premio á mellor película, León de Ouro. Festival de Berlín 2016. Alemaña

Premio ao mellor documental. Premios do Cine Europeo 2016

Nomeada ao mellor documental. Premios César (Academia do Cine Francés) 2016. Francia

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

LOBOS SUCIOS

Thriller / 105 minutos / 2016 / España, Bélxica / Maiores 12 anos

Director: Simón Casas DE Miguel

Produtores: Juan DE Dios sErrano, Jordi MendiETA, John Engel

Con Marian Álvarez, Manuela Vellés, Ricardo DE Barreiro

www.syldaviacinema.info/lobos-sucios

Poden dúas pobres mineiras cambiar o curso da Segunda Guerra

Mundial?

No medio dunha atmosfera máxica, nunha mina explotada polos nazis chamada a “cidade dos alemáns”,

perdida nas montañas galegas e que tamén se usaba como cárcere, Lobos Sucios conta unha historia de

supervivencia, espionaxe e amor. Mentres Europa morría na Segunda Guerra Mundial, na “neutral” España

tamén se libraban batallas estratéxicas moi importantes para esa gran guerra.

En Galicia achábase o mineral ideal para construír e volver case indestrutible o armamento nazi: o volfram

(ou tungsteno). E o wolframio era considerado polos nazis case a pedra filosofal. Nunha terra pobre que

pasaba fame, e onde os nazis eran considerados uns auténticos benefactores, dous mineiras atrevéronse

a plantarlles cara.

CONTRATACIÓN: 911 023 024

eoliete@syldaviacinema.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

MANUEL VILARIÑO. SER LUZ

Documental / 70 minutos / 2016 / España / Todos os públicos

Director: José Manuel Mouriño

Produtor: José Manuel Mouriño

Con Manuel Vilariño, Eugenio Linares, FriEDrich Bramsteidl

www.serluz.es

Aproximación en imaxe á obra do fotógrafo galego Manuel Vilariño

(Premio Nacional de fotografía en 2008).

Comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, Tectónica, a exposición de Manuel Vilariño que o CGAC

acolleu en 2015, indagaba no “universo creativo e poético” do artista, os materiais e as súas fontes de

inspiración. Esa exposición é agora o punto de partida de Ser luz, un documental ensaístico que, en certo

xeito, a prolonga, propóndonos sutís relacións entre o traballo do fotógrafo e os dun ferreiro, un fareiro, un

astrónomo ou un proxeccionista cinematográfico. O final do camiño non podía ser outro que José Ángel

Valente, o poeta que, canda María Zambrano, máis pegada deixou na obra de Vilariño. Milagrosamente,

ese traballo coa luz ou coas palabras adquire vida propia nas mans de José Manuel Mouriño; e tamén unha

singular beleza.

Festivais e PREMIOS

Panorama Galicia. Play Doc-Festival Internacional de Documentais de Tui 2017

Festival Internacional de Cine Buenos Aires 2017. Arxentina

Competición Iberoamericana. Festival Internacional de Cine de Ourense 2016

CONTRATACIÓN: 660 444 299

madeleineproducciones@gmail.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

MARÍA (E OS DEMAIS)

Comedia dramática / 96 minutos / 2016 / España / Maiores 7 anos

Director: Nely rEGuera

Produtores: Luisa Romeo, María zAMora, sTEFAn sChmitz

Con Bárbara lEnnie, José Ángel Egido, pABlo Derqui

www.avalon.me/distribucion/catalogo/maria-y-los-demas

María sempre foi o alicerce da súa familia, pero chegou o momento

de vivir a súa propia vida.

Desde que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsable e controladora,

sempre foi o alicerce da familia e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con

Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se derruba. Chegou o momento de

atreverse a vivir a súa propia vida.

Festivais e PREMIOS

Premio á mellor película, á mellor actriz, ao mellor guión, á mellor música orixinal e ao mellor son. Premios

Mestre Mateo 2017

Premio á mellor actriz e nomeada á mellor comedia. Premios Feroz 2017

Nomeada á mellor dirección novel e á mellor actriz. Premios Goya 2017

Nomeada á mellor actriz. Premios Forqué 2017

Premio do xurado da crítica e mención especial do Xurado Internacional. Festival Internacional de

Cinema de Tarragona – REC 2016

Premio especial do xurado. Festival do Cine e a Palabra – CIBRA 2016. Toledo

CONTRATACIÓN: 913 664 364

ecosta@avalon.me

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

MIGAS DE PAN

Drama / 105 minutos / 2016 / España, Uruguai / Maiores 16 anos

Directora: Manane Rodríguez

Produtor: Cecilia Ibáñez, xAvier Bermúdez

Con Cecilia Roth, Justina Bustos, Quique FeRnández

www.migasdepanpelicula.com

Drama inspirado no relato de Liliana Pereira, unha ex presa política da

última ditadura de Uruguai (1973-1985).

Liliana Pereira regresa ao seu país. Alí terá que enfrontarse a un pasado que lle supuxo persecución, presidio

e a perda da custodia do seu fillo. Vítima xunto con outras mulleres, dunha agresión sistemática, Liliana ten

que elixir entre o que lle pide o seu corazón e o que lle dita a súa conciencia.

CONTRATACIÓN: 917 370 247

miguelangelgarcia@super8.es

mposicin

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

MIMOSAS

Aventuras / 96 minutos / 2016 / España, Francia, Marrocos, Qatar / Maiores 7 anos

Director: Oliver lAxe

Produtores: Felipe lAGE Coro, lAMia Chraibi, Julie GAYET

Con AhMED hAMMoud, Shakib Ben oMAr, sAïd Aagli

www.mimosasfilm.com

“Intensa, marabillosa, esencial, a maior experiencia espiritual de

Cannes” (Bande à Part).

Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir ao patriarca moribundo ao

pobo en que naceu, onde espera atopar ao fin repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed

e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño. Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón

entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa

cumprida a promesa da tribo. Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto,

mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que «as mulas voen» para atravesar as infranqueables montañas e

transformar coa súa fe o destino da expedición.

Festivais e PREMIOS

Premio á mellor dirección e á mellor dirección de produción. Premios Mestre Mateo 2017

Gran Prix Nespresso. Semana da Crítica. Festival de Cannes 2016. Francia

Premio especial do xurado. Festival de Cine Europeo de Sevilla 2016.

Golden Pyramid for Best Film e premio ao mellor actor. Cairo International Film Festival 2016. Exipto

CONTRATACIÓN: 981 560 250

distribucion@numax.org

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

NERUDA

Drama / 107 minutos / 2016 / España, Francia, Chile / Maiores 12 anos

Director: pABlo lArraín

Produtores: Fernanda DEl Nido, Juan DE Dios lArraín, Álex Zito

Con Luis GnECCo, Gael García Bernal, MerCEDEs Morán

www.wandavision.com/site/sinopsis/neruda

Baseada na persecución política que o poeta e entón senador

comunista Pablo Neruda experimentou durante o goberno de Gabriel

González Videla.

En 1948, o senador e escritor Pablo Neruda acusa o goberno chileno de traizoar aos comunistas no

Congreso. O presidente González Videla desafórao e ordena a súa captura. O poeta emprende a fuxida do

país xunto á súa muller.

Festivais e PREMIOS

Premio á mellor película, mellor montaxe, mellor deseño de produción, mellor vestiario. Premio

Iberoamericano de Cine Fénix 2016

Nomeada á mellor película de fala non inglesa. Globos de Ouro 2016. Estados Unidos

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

OS DÍAS AFOGADOS

Documental / 86 minutos / 2015 / España / Todos os públicos

Directores: César Souto, Luis Avilés

Produtor: Iván Patiño

https://osdiasafogados.com

Foron eles os que hai 50 anos comezaron a rodar, sen sabelo, Os

días Afogados.

Despois de 20 anos sepultada baixo as augas do encoro de Lindoso (Portugal), a aldea de Aceredo (Lobios,

Ourense) quedaba ao descuberto a finais de 2012 debido a baixada inesperada do nivel da presa. Do fondo

do encoro emerxían as ruínas do que foi, en tempos, un dos lugares con máis vida de toda a Baixa Limia,

unha ocasión que aproveitaron os antigos veciños de Aceredo para reencontrarse coa aldea da que foron

expulsados. Tomando como fío condutor da historia a Paco Villalonga, veciño de Aceredo que anos antes

gravara a paulatina agonía, o documental recolle os testemuños dos veciños afectados para reconstruír o

transo que supuso abandonar o lugar onde tiñan as súas raíces.

FeSTIvAIS e premIOS

Premio ao mellor documental. Premios Mestre Mateo 2016.

Premio do público e mención especial do xurado. Mostra Internacional de Cine Etnográfico. Museo do

Pobo Galego 2016

Premio do público e mención especial do xurado. Festival de Cine Documental de Alcances de Cádiz 2016

Premio á mellor longametraxe latinoamericana. Festival Internacional de Documentais de Santiago de

Chile 2016. Chile

Premio ao mellor documental nacional. XI MiradasDoc. Guía de Isora (Tenerife) 2017

CONTRATACIÓN: 661 929 106

amanitafilms@gmail.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

PELERINAXES

Ficción-documental / 74 minutos / 2016 / España / Todos os públicos

Director: Simone Saibene

Produtor: Simone SAibene

Con Carmen Méndez, Isabel RiSCo, Xoel Yáñez

www.facebook.com/noveolas

“Santo Andrés de Teixido: a única peregrinación que nos queda aos

galegos”. A. Cunqueiro

Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual, percorre as oito etapas do Camiño entre Ourense e

Santo Andrés de Teixido para acabar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero

Pedrayo xunto cun compañeiro, morto nun accidente. A obra de Otero Pedrayo narra o camiño que realizou

xunto a Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, desde Ourense a Santo Andrés de Teixido, en 1927.

Mestura entre ficción e documental, no filme conflúen o cinema on the road, a literatura de viaxes e a

literatura galega.

FESTIvAIS e premIOS

Creative Documentaries. 14º International Independent Festival Dhaka 2016. Bangladesh

CinéFil. Festival Interceltique de Lorient 2016. Francia

Festival de Cornouaille 2016. Francia

CONTRATACIÓN: 662 012 994

noveolasproducciones@gmail.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

PIEDAD

Documental / 71 minutos / 2016 / España / Todos os públicos

Director: oTTo Roca

Produtor: Marcos Nine

Con PiEDAD Ferreiro, AMADEo Ferreiro

www.facebook.com/PIEDAD.FilmeDocumental

Na nova vida de Piedad non se sabe que é verdade, que é recordo e

que é froito da súa imaxinación.

Piedad viviu gran parte da súa vida en Leiroso, unha pequena aldea do Bierzo, illada do mundo urbano na

compaña do seu home. Tras o falecemento do seu marido, Piedad convértese na única habitante da aldea.

Pouco despois o alzhéimer aparece na súa vida. A progresión da enfermidade leva ao seu fillo menor,

Amadeo, a levala a vivir con eles á Coruña, o que provocará un cambio radical na vida de Piedad, no seu día

a día e no seu ámbito familiar. Na súa nova vida xa non sabe que é realidade, que é recordo e que é produto

da súa enfermidade.

CONTRATACIÓN: 627 317 892

marcosnine@gmail.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

POZOAMARGO

Drama / 99 minutos / 2015 / España, México / Maiores 18 anos

Director: Enrique Rivero

Produtores: Paula hErrera, Gerardo Morán, Felipe lAGE Coro

Con Jesús Gallego, nATAlia DE Molina, Xuaco Carballido

www.facebook.com/Pozoamargofilm

Unha película sobre a culpa e as súas consequencias.

Tras descubrir que padece unha enfermidade venérea, Jesús decide escapar de si mesmo e refuxiarse no

campo traballando como xornaleiro. Desexo, culpa e penitencia acompañarano nesta nova etapa. Con todo,

os consellos dun ancián, o contacto coa natureza e un accidente que case termina coa súa vida daranlle a

oportunidade de redimir o seu camiño.

Festivais e PREMIOS

Premio á mellor película (Sección Las Nuevas Olas). Festival de Cine Europeo de Sevilla 2016

Mención Especial da Rede Mexicana de Periodistas Cinematográficos. Festival Internacional de Cine

UNAM 2016. México

CONTRATACIÓN: 915 238 295

pablo@margenes.org / annamaria@margenes.org

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

PSICONAUTAS, OS NENOS ESQUECIDOS

Animación para adultos / 76 minutos / 2015 / España

Directores: Alberto Vázquez, pEDro Rivero

Produtores: Farruco Castromán, Luis Tosar

www.facebook.com/Psiconautaslapelicula/?fref=ts

Adaptación cinematográfica animada da novela gráfica homónima

de Alberto Vázquez.

Birdboy e Dinki son dous amigos que decidiron fuxir dunha illa asolada por unha catástrofe ecolóxica.

Birdboy illándose do mundo; Dinki, emprendendo unha arriscada viaxe coa esperanza de que Birdboy a

acompañe.

Festivais e PREMIOS

Mellor película de animación. Premios Goya 2017.

Mellor película de animación. Festival Anilogue 2016. Hungría

Mellor película de animación. LUND International Fantastic Film Festival 2016. Suíza

Mellor película de animación. Reanimania 2016. Armenia

Mellor película de animación. Festival Internacional de Cine de Animación de Sofía 2016. Bulgaria

Mellor película de animación. Festival de Cine de Animación de Stuttgart 2016. Alemaña

CONTRATACIÓN: 976 468 890

enrique@lalunadetantan.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

SICIXIA

Drama / 99 minutos / 2016 / España / Maiores 12 anos

Director: Ignacio Vilar

Produtores: Marina Fariña, iGnacio Vilar

Con Marta lADo, Monti Castiñeiras

www.sicixia.gal / www.vialacteafilmes.gal

Paseo polo amor e a Costa da Morte.

Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons da Costa da Morte. Alí coñece

a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano atlántico e que lle axudará a mergullarase na

indiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán do seu control como

mareas rexidas por una lei superior.

Festivais e PREMIOS

35º Festival Cinema d´Ales-Itinerances 2017. Francia

50º World Fest Houston 2017. Estados Unidos

Premio á mellor actriz. Festival du Film Espagnol de Tolouse 2016. Francia

54º Festival Internacional de Cine de Xixón 2016

CONTRATACIÓN: 986 415 765 / 698 142 367

cinema@vialacteafilmes.gal

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

SIEMBRA

Drama / 82 minutos / 2015 / Alemaña, Colombia / Maiores 12 anos

Directores: ÁnGEla Osorio e Santiago Lozano

Produtores: Gerylee Polanco Uribe, Óscar Ruiz nAvía, Angela Osorio e

SantiAGo Lozano

Con Diego Balanta, Inés Granja, José Luis Preciado

www.elsurfilms.com/siembra

Unha historia humana, lírica e sedutora.

O Turco é un home que deixou atrás a terra para ser forasteiro nunha cidade hostil á que se sente alleo.

Desprazado polo conflito armado, vive en Cali co seu fillo, quen, seducido pola vida urbana, atopa na cidade

un futuro posible.

Festivais e PREMIOS

Premio do público. Novos Cinemas - Festival Internacional de Cine de Pontevedra 2016.

Grand Prix Coup de Coeur. Festival de Cine Latino de Toulouse 2016. Francia

Premio especial do xurado. Festival Internacional de Cine de Cartaxena de Indias 2016. Colombia

Premio da crítica independente Boccalino de Ouro. Festival de Locarno 2015. Suíza

CONTRATACIÓN: 616 569 847 / 692 826 892

elsurfilms@gmail.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

TONI ERDMANN

Comedia dramática / 162 minutos / 2016 / Alemaña, Austria, Suíza / Maiores 16 anos

Directora: Maren Ade

Produtores: Maren Ade, Jonas DornBACh

Con pETEr Simonischek, sAndra Hüller, Lucy Russell

www.golem.es/tonierdmann

Terceiro traballo asombrosamente singular da directora e guionista

alemá Maren Ade, que traslada a magnífica observación humana dos

seus anteriores filmes a un reino delicioso e inesperadamente cómico.

Winfried decide facer unha visita á súa filla Inés, que está traballando en Romanía. Pero nin a moza espera

a chegada sorpresa de seu pai nin el agarda vela tan cambiada. O pai, que ás veces a enfastia e outras a

avergonza un pouco, vai axudala a darlle sentido á súa vida grazas a un personaxe imaxinario: o divertido

Toni Erdmann.

Festivais e PREMIOS

Premios á mellor dirección, mellor guión, mellor actriz e mellor actor. Premios do Cine Europeo 2016

Premio FiprESCI. Festival de Cannes 2016. Francia

Premio FIPRESCI. Festival de San Sebastián 2016

Nomeada á mellor película de fala non inglesa. Óscar 2016. Estados Unidos

Nomeada á mellor película de fala estranxeira. Globos de Ouro 2016. Estados Unidos

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

TORO

Thriller / 100 minutos / 2016 / España / Maiores 16 anos

Director: KiKE Maíllo

Produtores: Farruco castromán, Gabriel Arias, Enrique LóPEz Lavigne, PEPE

Torrescusa

Con Luis Tosar, Mario Casas, José Sacristán

www.zircozine.com/project/toro

Toro, o pasado sempre volve.

Dous irmáns reencóntranse despois de cinco anos. Un estivo no cárcere. O outro roubou a un perigoso

perista e agora foxe xunto a Diana, a súa filla pequena.

Os tres emprenden unha viaxe pola Andalucía violenta, mítica, agreste e salvaxe. Unha viaxe na que aparecen

as vellas feridas do pasado e durante a cal os irmáns se ven obrigados a reconciliarse para salvar a vida.

CONTRATACIÓN: 630 311 102

Jair.Alves@nbcuni.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

TORRE DE BREOGHÁN

Animación, musical / 75 minutos / 2016 / España / Todos os públicos

Director: Jorge Coira

Produtores: Chelo Loureiro, Maruchy Suárez

www.abano.es/gl/producciones/50/torredebreoghán.html

Unha proposta de procura artística que mestura a música, as novas

tecnoloxías e a mitoloxía galega.

Inspirada na historia épica relatada no libro Leabhar Ghabhala Eireann, un documento recollido da tradición

oral irlandesa no século XI e no que se relata que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder milesio, partiu cara á

illa de Irlanda tras divisala desde o alto da torre que levaba o nome do seu pai, a Thor Breoghán, situada na

cidade de Brigantia, actual A Coruña, a banda folk Luar na Lubre conseguiu seducir a Orquesta Sinfónica

de Galicia para montar un innovador espectáculo audiovisual no que a música, como linguaxe universal,

relate esta historia.

Estudosos do tema afirmaban que a torre era a Torre de Hércules. Xenetistas de Oxford confirmaron que

o ADN maioritario dos ingleses procede de tribos navegantes do no da Península Ibérica, o que ofrece

verosimilitude científica ao mito de Breoghán.

CONTRATACIÓN: 915 903 920

mariagonzalez@feelsales.com

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

UN AMOR DE VERÁN

Drama / 105 minutos / 2015 / Francia, Bélxica / Maiores 16 anos

Directora: Catherine Corsini

Produtora: ElisABETh Pérez

Con Cécile DE France, Izïa Higelin, Noémie lEvosky

www.golem.es/unamordeverano

Minuciosa, atinada e nunca esaxerada reconstrución dunha época.

1971. Delphine, filla de campesiños, marcha a París para fuxir do xugo familiar e conseguir emanciparse

economicamente. Carole é parisiense, vive con Manuel e defende activamente os principios do feminismo.

Delphine e Carole coñécense. A súa historia de amor cambiará as súas vidas.

Festivais e PREMIOS

Nomeada á mellor actriz principal e mellor actriz de reparto. Premios César (Academia do Cine Francés)

2015. Francia

Premio Piazza Grande. Festival Internacional de Cine de Locarno 2015. Suíza

CONTRATACIÓN: 986 435 111

pablobanos@banosfilms.net

VER TRAILER

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

www.agadic.gal/cinemasdegalicia

Concepto e deseño: Paula Cantero - wwww.origamiestudio.com

Ilustración: Pablo Dávila - www.pablodavila.com

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!