20.12.2016 Views

COMPOSTELÁ

DBVsSx

DBVsSx

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

AVOGACÍA

COMPOSTELÁ

Nº 16 Decembro 2016

Exemplar gratuíto

Ilustre Colexio de Avogados

de Santiago de Compostela

Victoria Ortega,

presidenta do

Consello Xeral

da Avogacía Española

«A avogacía ofrécese a

liderar un pacto de Estado

pola Xustiza, non podemos

seguir esperando a que as

súas eivas se arranxen soas»

NOVAS DA AVOGACÍA

-O colexio de avogados

participa nun programa

de mediación penal pioneiro

en Galicia

-Aprobada unha baixada das

cotas para os colexiados

exercentes residentes en 2017

ESCOLA DE PRÁCTICA XURÍDICA

O alumnado do

Máster de Avogacía,

100% de aprobados

no exame de acceso

á profesión

ACTUALIDADE

A Avogacía de Santiago

lidera a posición

conxunta da cidade

en demanda de novas

unidades xudiciais

para frear o colapso

X

Avogacía

Compostelá

Sumario

Dirección

Evaristo Nogueira Pol

Secretaría técnica

Manuel Arza Galán

Asesoramento lingüístico

Martín Ramos Insua

Contidos

Pablo G. Quintas

(Lupa Comunicación)

Editorial

Novas da Avogacía

O Colexio de Avogados de Santiago participa nun

programa de mediación penal pioneiro en Galicia

posto en marcha en dous xulgados

Lexnet Avogacía inicia a transición cara á plataforma do

Ministerio de Xustiza

O alumnado do Máster de Avogacía, 100% de

aprobados nos exames de acceso á profesión

Actualidade

A Avogacía lidera as reivindicacións da cidade en

defensa de novas unidades xudiciais

Entrevista

Victoria Ortega, presidenta da Avogacía Española: “A

avogacía ofrécese a liderar un pacto de Estado pola

Xustiza, non podemos seguir esperando a que as

súas eivas se arranxen soas”.

Vida Colexial

Festividade de San Raimundo 2016

Cursos e xornadas

Acordos da xunta de goberno, novidades e lexislación

Ao pé da letra

Traballemos como galegos

Actividade nas redes sociais

Actos conmemorativos polo centenario do

falecemento de Eugenio Montero Ríos.

Presentación da biografía

O colexio nos medios

4

5

5

6

8

10

13

19

19

24

26

28

31

32

34

Victoria Ortega, presidenta do Consello Xeral de Avogacía Española

Co patrocinio de:

www.icasantiago.org

Depósito legal: C-3778-2007

Deseño e maquetación: LUPA Comunicación

O Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela non se

fai responsable das opinións expresadas polos seus colaboradores.

Editorial

Estimados/as compañeiros/as:

Evaristo Nogueira Pol

Decano do Ilustre Colexio

de Avogados de Santiago

Rematando xa o ano, está nas vosas mans a edición da nosa revista colexial,

que contén, entre outros temas, unha interesante entrevista á presidenta

do Consello Xeral da Avogacía, quen trata temas importantes da nosa

profesión e da Administración de xustiza en xeral.

Xa no tocante a outros acontecementos que sucederon durante o presente

ano, debo destacar en primeiro lugar os importantes cursos que se desenvolveron

ao longo destes meses. É moi significativa a elevada asistencia

que tiveron, o que motivou que en varios deles mesmo tivésemos que

desprazarnos fóra da sede colexial, por non ter cabida suficiente. Ese

compromiso coa formación constante entendemos que debe ser a senda

para o ano que vén.

Comezou un programa piloto de mediación penal na nosa cidade, no que

os avogados e as avogadas temos un protagonismo capital. Imos esperar o

seu desenvolvemento para facer unha análise máis concreta e detallada,

pero en todo caso creo que debemos ser optimistas e apostar por el. O labor

levado a cabo polas compañeiras da Xunta de Goberno, Patricia López

Arnoso e María Jesús Vieito Mayo, conxuntamente co de Manuel Arza, é

merecedor de eloxios. Foi un traballo encomiable, con moitas horas de

dedicación e con multitude de reunións. Por todo iso, debo agradecerlles

publicamente o seu traballo.

Na próxima xunta xeral, coa aprobación dos orzamentos na súa orde do

día, a Xunta de Goberno propoñerá unha baixada de cotas colexiais. O bo

estado da tesouraría do Colexio permítenos propoñer esta rebaixa, ademais

do mantemento da subvención ao seguro de responsabilidade civil.

Desgraciadamente e botando xa a vista nos xulgados, no día en que

escribo estas liñas seguen pendentes necesidades imperiosas na nosa

cidade: xulgados Social e de Familia. Desde o Colexio non imos deixar de

denunciar esta situación e de seguir insistindo ante as diferentes administracións

para conseguir algo que agora máis que nunca consideramos de

xustiza. Santiago non pode estar discriminada en materia de órganos

xudiciais.

Estaba pendente unha xuntanza co conselleiro de Xustiza para abordar

asuntos da quenda de oficio. Agora que xa se formou goberno, espero que

nun tempo prudencial teñamos esas conversas, das que vos daremos

conta do seu resultado.

Foi un orgullo para o Colexio poder intervir na homenaxe á figura de

Eugenio Montero Rios, á que tamén se fai referencia no contido desta

revista.

Grazas a todos e a todas polas ideas que moitas veces nos trasladades

para, en todo o posible, tratar de mellorar o funcionamento colexial.

En nome da Xunta de Goberno, do persoal do Colexio e no meu propio, só

me queda desexarvos un feliz ano 2017, que veña cheo de saúde e de

traballo, reiterándovos que a Xunta de Goberno está á vosa disposición.

Evaristo Nogueira Pol

Decano

4

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Novas da avogacía

O colexio de avogados participa nun programa de mediación penal

pioneiro en Galicia posto en marcha en dous xulgados

A mediación penal ten como obxectivo unha xustiza restaurativa,

creando un marco equilibrado de diálogo entre as partes afectadas

para lograr unha reparación adecuada do dano causado

Av o g a d o s e

responsables

dos programas

de mediación.

A confiden-

c i a l i d a d e é

unha máxima

da mediación,

o xuíz ou a

xuíza non van

ter coñecemento do que ocorre dentro dese

proceso, só do acordo final, no caso de que

este se alcance.

Coa mediación penal, as dúas partes son

partícipes da solución ao problema que as

enfrontou e ambas poden obter beneficios

importantes. A vítima unha reparación

adecuada ás súas necesidades, “repara-

ción que non sempre é económica”, sinala

María Jesús Vieito, e o procesado, unha

atenuación importante da pena para

impoñer ou evitar (en ocasións un ingreso

en prisión cando xa existe unha sentenza

firme). En definitiva, lógrase unha pacifica-

ción do conflito que subxace, o cal ao cabo

evita condutas reincidentes.

A institución colexial levou a cabo un

esforzo importante para que 23 avogados,

que deben traballar sempre en parella, teñan

unha formación especializada en mediación

penal; unha vía de resolución de conflitos con

moita tradición noutros países europeos e

que tamén noutras comunidades autónomas

se leva realizando con moi bos resultados.

O convenio de colaboración para o

desenvolvemento deste programa piloto

asinárono o Consello Xeral do Poder

Xudicial, a Vicepresidencia da Xunta de

Galicia, a Fiscalía Xeral, o Colexio de

Avogados de Santiago e a Universidade de

Santiago de Compostela.

O Colexio de

Avogados de

Santiago forma

parte dun programa

piloto de

m e d i a c i ó n

penal, actual-

mente en fun-

cionamento en

dous xulgados

da capital galega, unha iniciativa pioneira

en Galicia que se puxo en marcha no mes de

outubro para a solución de conflitos baixo

os principios da xustiza restaurativa.

Os xulgados de instrución número 1 e o

penal número 1 de Santiago forman parte

desta iniciativa, na que o proceso de mediación

penal, que ten carácter intraxudicial, se

inicia a través dunha resolución xudicial que

pode ser adoptada de oficio polo xuíz, ou

ben por petición de calquera das partes

(persoa investigada/acusada/condenada

ou vitima) ou da Fiscalía.

Este proceso só se inicia cando existen

dúas partes identificadas, un infractor e

unha vítima, tendo en conta que os delitos

de violencia de xénero están excluídos da

mediación penal por imperativo legal. Pode

ser con todo unha ferramenta moi útil para

casos de malos tratos familiares, delitos de

lesións, delitos societarios, estafas ou falta

de pagamento de pensións, entre outros.

“Os dous mediadores que se van encar-

gar de cada caso, que actúan con total

imparcialidade, convocan as partes a unha

primeira reunión informativa, na que

ademais de explicarlles en que consiste o

proceso, lémbraselles que a mediación é

voluntaria, gratuíta e confidencial”, aseguran

María Jesús Vieito e Patricia López

Arnoso, da xunta de goberno do Colexio de

Avogacía Compostelá 5

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Novas da Avogacía

Lexnet Abogacía inicia a transición

cara á plataforma do Ministerio de Xustiza

O Pleno do Consello Xeral da

nesta ferramenta tecnolóxica. Isto

Avogacía Española, na sesión do

provocou que se tivese que remitir

21 de outubro, acordou redefinir a aos usuarios a utilizar a plataforsúa

estratexia tecnolóxica, que

ma do Ministerio de Xustiza cada

entre outras cousas implica a

vez que este lanza unha nova

transición de Lexnet Abogacía cara

funcionalidade e que moitos

á plataforma do Ministerio de

avogados necesitasen utilizar

Xustiza.

dúas aplicacións distintas para a

A avogacía asumiu a súa res-

súa comunicación cos xulgados.

ponsabilidade como actor fundamental da Iníciase agora un proceso de negociaxustiza

e, fiel ao seu compromiso de ción co Ministerio de Xustiza para planifimodernización,

desenvolveu Lexnet car e garantir a transición dun sistema ao

Abogacía para axudar os letrados na súa outro. Neste período, as decenas de miles

adaptación á xustiza dixital.

de avogados que empregan Lexnet

Tras un ano de funcionamento cos Abogacía ―cunha media de 15.000 cada

novos requisitos, a avogacía adoptou esta día― poderán seguir utilizando esta

decisión ao considerar que é o momento plataforma, que en ningún caso se descooportuno

para lograr maior eficiencia e nectará ata que este proceso finalice nos

eficacia nas comunicacións electrónicas meses vindeiros.

cos xulgados e tribunais.

Desde ese momento, o Ministerio de

O Pleno da Avogacía valorou, entre Xustiza garantirá o funcionamento e o

outras cuestións, que a homologación soporte do servizo para todos os profesiofeita

polo Ministerio de Xustiza das novas nais da avogacía, tal e como establece a

funcionalidades de Lexnet Abogaciía se Lei 18/2011 reguladora do uso das

produce entre tres e seis meses despois tecnoloxías da información e a comunicade

seren deseñadas e aplicadas polo ción na Administración e xustiza. Acceso a

propio Ministerio, xerando así problemas Lexnet do Ministerio de Xustiza:

de eficiencia e un elevado custo operativo https://lexnet.justicia.es

Enrique Sanz Fernández-Lomana, elixido presidente

da Mutualidade da Avogacía

A nova Xunta de Goberno da Mutualidade da Avogacía elixiu a Enrique Sanz Fernández-

Lomana como novo presidente da entidade aseguradora. Sanz, conselleiro electivo e

tesoureiro do Consello Xeral da Avogacía Española no momento do seu nomeamento, releva

no cargo a Luís de Angulo Rodríguez, quen

estivo á fronte da Mutualidade da Avogacía

desde 1995.

O novo presidente toma a substitución de Luís

de Angulo cun proxecto baseado na continuidade,

tendo en conta que desde 2006 traballou á

beira do ata agora presidente, como vogal da

Xunta de Goberno da Mutualidade e presidente

da Comisión de Auditoria Interna estes tres

últimos anos.

6

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Novas da Avogacía

O alumnado do Máster de Avogacía, 100 % de

aprobados nos exames de acceso á profesión

O 40 % dos matriculados na quinta edición estudaron Dereito fóra da provincia

ano e medio, reciben formación nas materias

Civil e Mercantil, Penal, Laboral e

Administrativo.

O 60 % do profesorado é designado polo

Colexio de Avogados de Santiago, mentres

que o 40 % depende da Universidade de

Santiago de Compostela (USC). O exame de

acceso á avogacía, obrigatorio para exercer

en España, realízase dúas veces ao ano, nos

meses de febreiro e novembro.

A Escola de Práctica Xurídica, dirixida por

Lotario Vilaboy, ocúpase tamén da formación

continua dos colexiados e ten acordos de

colaboración con numerosas administra-

cións públicas e bufetes de avogados para a

realización dos programas de prácticas.

A Escola de Práctica Xurídica desenvolve a

cuarta e a quinta edicións do Máster en

Avogacía, cun total de 115 alumnos que a día

de hoxe preparan na entidade dependente do

Colexio de Avogados de Santiago o exame de

acceso á profesión.

Na quinta edición hai matriculados 57

alumnos, dos que o 40 % fixeron os estudos de

Dereito fóra da provincia da Coruña.

Licenciados e licenciadas en Murcia, Madrid,

Canarias, Barcelona ou Leon escolleron a

escola de Santiago para facer o máster, debido

ao seu alto nivel académico.

Ata o de agora, o 100 % dos alumnos que

fixeron o máster na Escola de Práctica Xurídica

da USC aprobaron o exame de acceso. Durante

8

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

desde solo 41,90€

persona/mes

desde 6,50€

persona/mes

PARA MAS INFORMACIÓN Y CONTRATACIÓN:

JOSÉ ANTONIO CORTÉS

C/Santiago de Guayaquil 7, tlfno 981 563 107

Tlfno 609714194 ( jacortes@tuasesorasisa.es )

Actualidade

A Avogacía de Santiago lidera a posición conxunta da cidade

en demanda de novas unidades xudiciais para frear o colapso

“A decisión do Ministerio de negarlle a Santiago unha nova sala do social

é un agravio e unha gran decepción”, asegura Evaristo Nogueira

Os atrasos para a celebración de xuízos superan os tres anos e todos

os grupos políticos municipais apoian as demandas da avogacía

A Avogacía de Santiago liderou de novo a

posición do conxunto da capital galega en

demanda de novas unidades xudiciais. A

decisión do Ministerio de Xustiza de deixar a

cidade fóra da última repartición foi, en

palabras do decano Evaristo Nogueira, “un

agravio e unha gran decepción”.

Santiago non terá en 2017 a nova sala do

social que vén reclamando desde hai anos. A

pesar do colapso que sofren os seus xulgados,

a capital galega volveu quedar fóra da

repartición despois de que a Comisión Mixta

de Xustiza acordase o pasado mes de novembro,

por unanimidade, a

creación de tres novos

xulgados na Coruña,

Ourense e Vigo, e dúas

prazas de maxistrado en

Galicia. O Colexio de

Avogados de Santiago

considera a decisión

“unha inxustiza”.

“Non poñemos en

dúbida que tanto A

Coruña como Vigo e Ourense necesitan esas

salas, pero o que é un dato obxectivo é que a

situación dos xulgados do Social de Santiago

é dramática e que a nosa reclamación é máis

que xusta», explicou Evaristo Nogueira aos

medios de comunicación.

Para o máximo representante dos avogados

da cidade, “con esta decisión están a esquecerse

dos cidadáns, os que a tomaron terán

que darlles explicacións aos que, por exemplo,

condenan a esperar máis de tres anos para

percibir unha prestación por incapacidade”.

Reaccións políticas

O malestar da avogacía foi respaldado de

forma unánime polos grupos políticos

municipais. “Á cidade interésalle que rememos

todos a un tempo e que demandemos

algo que é xusto", remarcou o alcalde,

Martiño Noriega, quen lembrou a “necesi-

dade” de contar cun novo xulgado debido á

“carga de traballo” dos actuais, que provo-

can “maior lentitude en asuntos sensibles”

como os relacionados con temas laborais.

Pola súa banda, o portavoz do PP no

Concello de Santiago, Agustín Hernández,

indicou que é “unha mala noticia” que

ningunha das novas unidades xudiciais

adxudicadas a Galicia recaia na capital.

Por último, os portavoces do Bloque e

PSdeG en Santiago, Rubén Cela e Paco

Reyes, cualificaron de “absolutamente

impresentable” a deci-

sión de deixar fóra a

Santiago na concesión

das novas unida-

des, o que considera

unha decisión “arbitraria

que non se

corresponde a criterios

obxectivos”.

Postura da Xunta

En relación con este tema, o vicepresidente

da Xunta, Alfonso Rueda, admitiu que en

Galicia “fai falta poñer varios xulgados en

marcha”, pero que isto require unha “autori-

zación do ministerio”, o que permitiu agora

crear cinco novas unidades.

Dadas as cinco unidades posibles, a

Comisión Mixta de Xustiza decidiu crealas

“onde máis falta facían”, dado que había

“máis carga de traballo”. “Se puidésemos

crear seis ou sete, probablemente habería

un xulgado do social en Santiago”, dixo o

vicepresidente.

Con todo, apuntou que, “se o ano que vén

volven poder crear” e os xuíces “din que fai

falta un xulgado do social en Santiago, que

seguramente así será”, a Xunta poñerao “en

marcha” aínda facendo un “desembolso

económico importante”.

10

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Actualidade

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN RECOLLERON A LOITA DOS AVOGADOS DE SANTIAGO

Avogacía Compostelá 11

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

O Colexio de Avogados de Santiago

deséxavos un Feliz Nadal

e un prospero ano 2017!

Entrevista

Victoria Ortega, presidenta da Avogacía Española

«A sociedade non será xusta mentres non sexa igualitaria,

avánzase pero moito máis amodo do que é necesario»

Primeira muller que preside o Consello Xeral da Avogacía Española, Victoria Ortega

considera que a igualdade “non debe ser unha quimera, xa que está na Constitución”.

Conseguir un pacto de Estado pola xustiza, lograr unhas retribucións xustas para os

profesionais da quenda de oficio e que se aprobe o Estatuto xeral da avogacía

española son os tres grandes retos que se marca a medio prazo.

Pregunta.- Chegou vostede ao cargo o pasado R.- A igualdade non é unha quimera, porque non é

mes de xaneiro, que balance fai destes primei- algo que está na nosa imaxinación, que é onde

ros meses á fronte da avogacía española? están por definición as quimeras, senón nos textos

Resposta.- Este período foi un pouco estraño legais, empezando pola Constitución. A sociedade

porque se correspondeu coa crise política e cun non será xusta mentres non sexa igualitaria e,

goberno en funcións que, afortunadamente, xa é aínda que avanzamos moito, é evidente que queda

historia. Con todo, non estivemos parados, todo o moito camiño para que a nosa o sexa. Debe selo,

contrario. Fixemos unha reordenación da estrutura porque pola contra non estaremos nun Estado

do Consello para facelo máis eficiente; estivemos democrático e de Dereito e todos temos a obriga de

traballando con asociacións de xuíces e fiscais contribuír á súa consecución. Avánzase, pero moito

para achegar as nosas ideas de cara a mellorar a máis amodo do que é necesario.

xustiza e, persoalmente, como presidenta, viaxei a P.- Se tivese que enumerar, a día de hoxe, tres

moitos colexios para participar en actos institucio- retos pendentes para a avogacía española, cales

nais e ter un contacto máis directo coas xuntas de serían?

goberno e os colexiados e colexiadas.

R.- Conseguir un pacto de Estado pola xustiza, no

P.- Foi a primeira muller que ocupou a presiden- que xa estamos a traballar e que nos ofrecemos a

cia do CXAE. Segue sendo a igualdade unha liderar e estamos a liderar, lograr unhas retribuquimera

na xustiza e na sociedade en xeral? cións xustas e adecuadas para os profesionais que

Avogacía Compostelá 13

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Victoria Ortega, presidenta do Consello Xeral da Avogacía Española

e conselleira do Consello de Estado

exercen na quenda de oficio e que se aprobe o

Estatuto xeral da avogacía española, que quedou

pendente na anterior lexislatura.

P.- A avogacía demostrou a súa fortaleza cando

se uniu en contra das taxas xudiciais. Debería

dar mostras de unidade con maior frecuencia?

Observa vontade de traballar de forma conxunta

por parte dos avogados?

R.- Os avogados somos individualistas

pola esencia do noso traballo,

pero tamén temos un concepto moi

arraigado do compañeirismo, aínda

que poida parecer contraditorio.

Coas taxas quedou demostrado que

cando hai unidade, somos moito

máis fortes e, efectivamente,

conséguense obxectivos. É certo

que se pode ter un mesmo obxectivo

e tentar logralo de diferentes

formas. A Avogacía institucional

busca sempre o diálogo con outras institucións,

os consensos. E se iso non dá resultado, pois

tamén saímos á rúa, como fixemos coas taxas ou

coa lei de xustiza gratuíta. Creo que todos os

profesionais da avogacía pretendemos o mesmo

para mellorar a nosa profesión e a todos nos

interesa unir forzas.

P.- Tras a eliminación das taxas xudiciais para

as persoas físicas, que outros cambios lexislativos

deberían chegar en España por ser unha

ameaza contra a tutela xudicial efectiva?

R.- As taxas deberían desaparecer na súa

totalidade, desde logo. Para garantir o dereito á

tutela xudicial efectiva, cómpre que se aprobe

unha lei de asistencia xurídica gratuíta que conte

coas achegas e o consenso dos profesionais

implicados. Tamén imos traballar para que se

aprobe unha lei do dereito de defensa que o

ministro, que coñece a nosa demanda, xa

comprometeu hai uns días na súa toma de

posesión.

A finalidade do recoñecemento constitucional

do dereito de defensa é a de poñer fin dunha vez

para sempre a actuacións que, sen base legal,

violan o dereito de defensa, e, ademais, asegurar

os dereitos da cidadanía e a efectiva realización

do principio de contradición e de igualdade entre

as partes, para evitar desequilibrios ou limitacións

que poidan conducir á indefensión.

P.- Será posible ese pacto pola xustiza en

España que se demanda desde a avogacía

desde hai tempo? Considera que hai vontade

política?

R.- Desde logo nel estamos a traballar desde que

tomei posesión con asociacións de xuíces e

fiscais. Levamos demasiado tempo facendo o

diagnóstico da situación da xustiza e non podemos

seguir esperando a que as súas eivas se

“A mediación

ten un gran futuro,

os procedementos

que contribúan a

solucionar conflitos

extraxudicialmente

son moi benvidos”

Entrevista

arranxen soas. Como dicía Julián Marías,

“inquiétame que en España todo o mundo se

pregunte que vai pasar?, en lugar de preguntarse

que imos facer?”. Nós decidimos facer. Ás

veces a vontade política pode brotar das

demandas da cidadanía, e nesta lexislatura

dáse unha situación propicia para lograr

acordos que contribúan a mellorar a

Administración pública.

Os cidadáns deben recuperar a

confianza nas institucións, e non

imos eludir a nosa responsabilida-

de de contribuír a que confíen na

Administración de xustiza.

R.- Cales deben ser as prioridades

dese pacto?

R.- Conseguir que a xustiza sexa

menos lenta, máis transparente,

que se faga máis comprensible

para o cidadán. Isto esixe reformas

de orde procesual, consensuadas; hai que facer

unha reforma global duradeira que se adapte á

realidade, e non ir poñendo parches para

liquidar unha situación concreta. E, naturalmen-

te, hai que investir en medios materiais e

humanos, pero tamén introducir mecanismos

de xestión máis eficientes e efectivos.

R.- Por que o funcionamento ordinario da

Xustiza nunca forma parte das campañas

electorais?

R.- A Xustiza represéntase cunha venda nos

ollos, pero dá a sensación de que quen non a ve,

nin a mira, son os gobernos. Hai problemas da

Xustiza que se veñen arrastrando desde hai

lustros, sen que ningún gobernante os atalle de

verdade. No último dos barómetros que dende a

Avogacía Española lle encargamos a Metroscopia

sobre o estado da Xustiza, un 81 % dos cidadáns

enquisados manifestou que os gobernos mos-

tran máis interese por controlar a xustiza que por

mellorala. Iso é terrible. É incomprensible que

non se quixese reverter esta opinión.

P.- Sente a Avogacía institucional que as súas

demandas son oídas e tidas en conta polos

poderes públicos, polos partidos políticos?

R.- Na maioría dos casos, así é. Aínda que

tamén é certo que cando un goberno ten

maioría absoluta é máis xordo ante as deman-

das cidadás ou dos colectivos profesionais. E se

se dá o caso de maioría absoluta e un ministro

que implanta a Lei de taxas, custa moito máis

facerse oír, aínda que se a razón está da nosa

parte, acábase revertendo a situación. Espero

que o tempo de non escoitar pasase para

sempre. A política ten que facerse sempre

escoitando aos demais.

P.- Como é a relación da avogacía institucional

con outros axentes do sector, como xuíces e

Avogacía Compostelá 15

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Entrevista

sector, está a atoparse a

avogacía con máis problemas

dos previstos?

R.- A dixitalización da xustiza,

a súa modernización desde

un punto de vista tecnolóxico,

é un dos factores que

vimos esixindo para lograr a

Administración de xustiza

que todos desexamos.

Evidentemente, este proceso

non está exento de problemas,

entre outras cousas

porque o mundo xurídico é

bastante refractario ao uso

das tecnoloxías. No Consello,

fieis ao noso compromiso

coa modernización da

xustiza, decidimos desenvol-

velo, por acordo do Pleno, LexnetAbogacía.

Estamos seguros de que sen este impulso

Lexnet non arrincaría porque xa houbera varios

intentos previos que fracasaran. Con todo,

transcorrido case un ano, comprobamos que

supón para nós un elevado custo operativo e

unha excesiva dependencia da plataforma do

Ministerio e decidimos, tamén por acordo do

Pleno, iniciar o proceso de transición cara á

plataforma do Ministerio de Xustiza. Pero todo

se fará dun xeito ordenado e sen prexuízos para

ninguén.

P.- Deuse un paso na formación dos novos

avogados co exame de acceso. Chegan

preparados para exercer a súa función?

R.- Cinco anos despois da posta en marcha do

máster e do exame de acceso, non só deixamos

de ser unha excepción en Europa, senón que

melloramos substancialmente a calidade dos

novos avogados. Pero estamos a traballar para

introducir cambios e lograr que as probas sexan

eminentemente prácticas. A universidade

forma xuristas. O máster debe formar avogados

e avogadas. E demandamos por iso unha

mellora do sistema de acceso para que prime o

profesional sobre o académico. Niso estamos a

traballar co Ministerio e as universidades, en

colaboración cos colexios.

P.- Están os plans de estudos das facultades

fiscais?

R.- Eu diría que fluída e cordial, entendendo que

cada un ten asignado un papel no proceso, pero

todos queremos conseguir unha mellor xustiza e,

como xa dixen, niso estamos a traballar.

P.- Desde diferentes colexios pídese de forma

reiterada un mellor tratamento á quenda de

oficio. Que opina deste tema? Debe aumentar o

investimento en xustiza gratuíta?

R.- Non se pide só desde algúns colexios. Esta é

unha reivindicación unánime de toda a Avogacía.

En 2014, o Consello Xeral da Avogacía, formado

polos decanos e decanas dos 83 colexios de

avogados e outros conselleiros e conselleiras,

ademais de membros das xuntas de goberno,

saímos á rúa coas nosas togas para esixir que a

lei de xustiza gratuíta non se modificase no

sentido que pretendía facelo o Goberno.

Conseguímolo. Hai só uns días, horas antes da

toma de posesión de Rafael Catalá, reuninme

outra vez con el e comprometeuse a efectuar os

pagamentos puntualmente e a crear un grupo de

traballo para solucionar os problemas da quenda

de oficio. Desde logo que debe aumentar o

investimento. Hai casos en que os baremos non

se actualizan desde 2003 e este é un tratamento

intolerable para profesionais que tanto fan para

garantir a paz social.

P.- No Colexio de Avogados de Santiago púxose

en marcha un servizo de mediación

penal, que se une a outro de

mediación civil. É a mediación un

tema para potenciar en España?

R.- Así é. A mediación ten un gran

futuro no noso país e todos os

procedementos que contribúan a

solucionar conflitos extraxudicial-

mente son moi benvidos.

P.- Con respecto ao proceso de

dixitalización e “papel cero” no

“Todos os profesionais

da avogacía

pretendemos

o mesmo para

mellorar a nosa

profesión e a

todos nos interesa

unir forzas”

de dereito adaptados ao século

XXI?

R.- En xeral, a universidade espa-

ñola carga cun exceso de formación

teórica. O ensino, en todos os

niveis, necesita adaptarse ás

necesidades do mundo en que

vivimos. Non falo só da carencia de

medios materiais no ámbito

tecnolóxico, por exemplo, falo

16

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Entrevista

R.- Vivimos un momento en que a

desconfianza nas institucións está

moi estendida. Os colexios han de ter

presente que se deben aos colexia-

dos e aos cidadáns e por tanto a

proximidade aos seus problemas e

necesidades é fundamental.

P.- Considera que a cidadanía

recorre en exceso aos tribunais?

R.- Este é un asunto en que a

avogacía tamén insistiu reiterada-

mente. Antes de acometer calquera reforma na

xustiza, hai que coñecer con rigor as verdadeiras

estatísticas xudiciais para saber o número

exacto de asuntos que chegan aos tribunais

porque hai cifras que non encaixan. En calquera

caso, a cidadanía recorre aos tribunais exactamente

o que a lei lle permite, nin máis nin

menos. E unha gran parte dos asuntos que nos

expoñen os cidadáns non se xudicializan

precisamente polo labor dos avogados.

P.- A xustiza é igual para todos?

R.- Sen dúbida. E o noso compromiso é denunci-

ar calquera intento en sentido contrario.

P.: Considera xusta a imaxe de xustiza politiza-

da que está estendida?

R.- Non. Creo que esta idea é esaxerada e

esténdese interesadamente en ocasións. Eu

confío na independencia dos xuíces e tribunais,

desde logo. A elección dos vogais do Consello

Xeral do Poder Xudicial debe mellorarse, pero

ese non é o barómetro da politización.

tamén dos valores imprescindibles

que deben rexer unha sociedade

plural, democrática e igualitaria.

P.- Que lle diría a un avogado que a

semana que vén inicia a súa

traxectoria?

R.- Que nunca deixe de formarse, que

non crea nunca que o sabe todo. Que

cumpra con todo o rigor as normas

deontolóxicas da avogacía e que non

esqueza xamais que ten unha gran

función social como membro dunha profesión

imprescindible para o sostemento do Estado de

Dereito. E, por suposto, que saiba que ten un

colexio que o apoia e do que debe ser parte activa.

P.- Cre que a profesión da avogacía goza do

prestixio necesario entre a cidadanía?

R.- O aprecio nunca nos parece suficiente. Pero o

certo é que nos barómetros que encargamos a

Metroscopia para comprobar o estado da profesión

e nas enquisas do CIS, a avogacía está entre

as institucións máis valoradas pola cidadanía,

por encima doutros estamentos e, en concreto,

do resto dos estamentos xurídicos, seguramente

debido á nosa clara implicación social e de

defensa dos dereitos dos cidadáns. Con todo, non

nos conformamos e traballamos para conseguir a

excelencia profesional con máis e mellor formación

e con maior rigor deontolóxico.

P.- E os colexios de avogados? En que aspectos

deben mellorar as institucións colexiais, que lle

trasladan os decanos neste sentido?

“Cando un goberno

ten maioría absoluta

é máis xordo ante

as demandas

cidadás ou dos

colectivos

profesionais”

Avogacía Compostelá 17

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Entrevista

BIOGRAFÍA

Victoria Ortega Benito é presidenta do

Consello Xeral da Avogacía Española e

conselleira do Consello de Estado.

Naceu en Palencia, aínda que reside e

exerce en Cantabria desde hai anos. É

doutora en Dereito pola Universidade de

Valladolid e avogada en exercicio desde

1981. Foi decana do Colexio de

Avogados de Cantabria entre 2000 e

2008; vicepresidenta do Consello Xeral

da Avogacía Española, entre 2002 e

2008, e secretaria xeral deste

organismo desde febreiro do 2011 ata

decembro de 2015.

Fo i a d e m a i s u n h a d o s d o c e

conselleiros do Consello Xeral da

Avogacía, elixida polo Pleno do Consello

Xeral da Avogacía Española en febreiro

de 2009 e reelixida en marzo de 2014.

Foi vogal da Comisión institucional para

a determinación, estudo e proposta dos

elementos esenciais da nova Lei de

planta e demarcación xudicial do

Ministerio de Xustiza, creada en maio de

2010.

En canto á súa actividade académica,

Victoria Ortega é profesora titular de

Dereito Procesual na Universidade de Cantabria desde 1992, e realizou diversas

publicacións e textos monográficos sobre Dereito Procesual e Administrativo.

Foi presidenta da Unión Profesional de Cantabria entre 2001 e 2008. En 2009 recibiu a

Gran Cruz ao Mérito no Servizo á Avogacía, e a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort, o

máximo galardón que outorga o Ministerio de Xustiza.

CUESTIONARIO PERSOAL

Que afeccións ten?

anos en Santander e non podo vivir sen

Por encima de calquera outra, o cine sentir o mar preto.

Un libro que aconsella?

Un lugar que recomende como turista.

A montaña máxica (Thomas Mann)

Sicilia

E unha película?

Un personaxe histórico.

O ladrón de bicicletas

Clara Campoamor

-Que comida lle gusta?

Unha frase.

O queixo en todas as súas variedades «As cousas son imposibles mentres o

Unha cidade para vivir?

parecen» (Concepción Arenal)

Santander

Unha canción.

-Mar ou montaña?

«O breve espazo en que non estás»

Mar e montaña. Son palentina de

(Silvio Rodríguez)

nacemento e encántame a montaña E a última: Un desexo.

palentina, pero resido desde hai moitos Que se respecten os Dereitos Humanos

18

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

O Colexio de Avogados de Santiago

celebrou como cada ano a festividade

de San Raimundo de

Peñafort, cun acto central na

Capela Real do Hostal dos Reis

Católicos ao que asistiron máis de

300 persoas e numerosas autoridades

dos ámbitos político, xurídico

e civil da sociedade galega.

Os condecorados nesta ocasión

foron a título póstumo as avogadas

María Milagrosa Rodríguez

Martínez e Antonia Rodríguez

López, as Forzas de Seguridade

que exercen na capital galega e a

Fundación Andrea, que recibiu o VII

Premio Dereitos Humanos da

institución colexial.

O acto foi presidido polo vicepresidente

da Xunta, Alfonso Rueda,

xunto ao presidente do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia

(TSXG), Miguel Ángel Cárdenas,

representantes de todos os grupos

municipais, e outras autoridades

locais e autonómicas.

No seu discurso, o decano dos

avogados composteláns, Evaristo

Nogueira, demandou de novo “un

pacto pola xustiza en España, este

país necesítao de forma urxente

para solucionar os problemas do

sector; fai falta máis que nunca

diálogo entre todos os axentes políticos e sociais”.

Vida colexial - San Raimundo

FESTIVIDADE DE SAN RAIMUNDO DE PEÑAFORT

Os condecorados foron a título póstumo as avogadas María Milagrosa Rodríguez

Martínez e Antonia Rodríguez López, as Forzas de Seguridade e a Fundación Andrea

As persoas que recibiron os galardóns na festividade de San Raimundo 2016

posan antes do comezo do acto na capela real do Hostal dos Reis Católicos

Mesa de autoridades, coa presenza do vicepresidente da Xunta de Galicia,

Alfonso Rueda, durante o acto de entrega de medallas

No apartado de Avogados, o colexio entregou a medalla de Ouro, a título póstumo, a

María Milagrosa Rodríguez Martínez e a Antonia Rodríguez López. O recoñecemento ás

dúas ten en común a súa dedicación á avogacía, o seu extraordinario compañeirismo e a

súa preparación como xuristas.

María Milagrosa Rodríguez incorporouse ao Colexio de Avogados de Santiago no ano

1976, sendo unha das primeiras mulleres avogadas na capital de Galicia. “Involucrada co

estado de dereito e coas liberdades, sen dúbida deixa un legado importante na avogacía

compostelá, que afortunadamente para todos nós continúa exercendo a súa filla

Natalia”, asegurou Nogueira.

Avogacía Compostelá 19

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Vida colexial - San Raimundo

Vista xeral das máis de trescentas persoas que asistiron ao acto central no Hostal dos Reis Católicos e,

na parte inferior da páxina, imaxe de familia dos novos letrados despois da xura

20

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

“Antonia, Toñi, era

unha extraordinaria

avogada e persoa; sempre

cun carácter amable,

riseiro, levou cunha

dignidade estupenda a

súa enfermidade; igual

que no caso de María

Milagrosa, o seu legado

non queda baleiro, xa que

a súa filla Irene manterao

como letrada na nosa

cidade”, manifestou o

decano dos letrados.

Evaristo Nogueira

destacou “o traballo das

mulleres que exercen a

avogacía e son nais, o

que lles supón un esforzo

enorme para compatibilizar

a súa vida familiar e laboral”.

Vida colexial - San Raimundo

Como cada ano, o acto de San Raimundo de Peñafort dos avogados

de Santiago foi un lugar de encontro da sociedade civil, xurídica e política

No apartado de Non Avogados, a medalla de Ouro foi para as Forzas e Corpos de

Seguridade do Estado que operan en Compostela: Corpo Nacional de Policía, Garda Civil e

Policía Local: “As razóns da súa concesión son varias, pero sobre todo concrétanse na

absoluta colaboración e entendemento entre o Colexio de Avogados e aqueles que velan

pola seguridade de toda a cidadanía”.

Por último, a Fundación Andrea recibiu o VII Premio Dereitos Humanos da institución

colexial, “polo coidado dos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais,

dándolles os apoios médicos, humanos e sentimentais precisos para que a súa vida,

unida moitas veces a terribles enfermidades, sexa o máis digna posible, un apoio que

tamén reciben os seus pais e familiares”. Tras a entrega de condecoracións, celebrouse

unha xura de novos avogados e avogadas.

O programa da festividade

de San Raimundo

de Peñafort comezou

cunha misa na Catedral

de Santiago en memoria

dos avogados e avogadas

falecidas no ano

2015, para dar paso ao

acto solemne no Hostal

dus Reis Católicos. A

xo r n a d a p e c h o u s e

cunha cea de confraternización

no Hotel Porta

do Camiño.

Os asistentes á entrega

de medallas conversan

antes do inicio do acto

na capela real do Hostal

dos Reis Católicos de Santiago

Avogacía Compostelá 21

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Vida colexial - San Raimundo

Diferentes imaxes da gala, coa chegada ao acto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda,

a xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago e as persoas que recibiron as distincións

22

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Vida colexial - San Raimundo

Membros da xunta de goberno do Colexio de Avogados

de Santiago, familiares e amigos dos premiados durante

a gala de San Raimundo de Peñafort

Os asistentes á gala aplauden tras escoitar o himno

galego, que puxo o punto final aos actos centrais

da festividade anual dos avogados de Compostela

O acto do ano 2016 tivo momentos moi emotivos pola lembranza das dúas avogadas que foron homenaxeadas.

Despois do acto, os asistentes gozaron dun viño no Hostal dos Reis Católicos

Antes do comezo do acto, varios membros

da xunta de goberno da institución colexial

conversan no salón nobre do Pazo de Fonseca

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda,

e o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo

Nogueira, durante o acto de entrega de medallas

Como é tradicional todos anos na festividade de San

Raimundo, novos avogados e avogadas xuraron cos seus

padriños para comezar a súa traxectoria profesional

Nesta fotografía están tamén parte dos avogados

e avogadas que realizaron a súa xura no acto de San

Raimundo, un dos momentos máis emotivos da gala

Avogacía Compostelá 23

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Vida colexial

Como cada ano, a formación continua foi un dos

aspectos fundamentais da actividade no Colexio

de Avogados de Santiago. Centos de colexiados

e tamén profesionais alleos á institución asistiron

aos cursos e xornadas.

Entre os organizados en 2016, destacou o

Curso de Especialización en Mediación Penal,

desenvolvido durante 50 horas no mes de xullo.

Expertos en mediación penal de toda España

pasaron polo salón de actos do colexio.

Por outra parte, o Pazo de Fonseca acolleu en

abril o acto de despedida dos alumnos e alumnas

da terceira promoción do Máster

Universitario en Avogacía. O curso desenvolveu-

Cursos, xornadas e actividades

se na Escola de Práctica Xurídica, vinculada ao

Colexio de Avogados de Santiago e á Facultade

de Dereito da USC.

Á despedida asistiu o director xeral de

Xustiza, Juan José Martín, representantes

políticos dos diferentes grupos municipais e a

xunta directiva do colexio, encabezada por

Evaristo Nogueira.

O Colexio de Avogados de Santiago ten entre

os seus obxectivos a formación continua dos

profesionais, desde que terminan os seus

estudos universitarios e ao longo de toda a súa

traxectoria. Ademais do máster, organiza durante

todo o ano cursos, xornadas e seminarios.

Premio a Carlos Carnicer por toda unha vida defendendo

os Dereitos Humanos desde a Avogacía

O xurado dos XVIII Premios Dereitos Humanos, dáns. Desde o rexistro de avogados para

que concede o conxunto da Avogacía Española, atender a peticionarios de refuxio e asilo, ao

decidiu conceder un premio extraordinario ao ex que se apuntaron máis de 1.500 letrados,

presidente do Consello Xeral da Avogacía, Carlos promoveuse a protección dos avogados de

Carnicer, polo seu labor na defensa dos dereitos diferentes partes do mundo, especialmente

humanos durante os seus 15 anos de mandato Latinoamérica. Os Premios Dereitos Humanos

e mesmo antes, sendo decano de Zaragoza, da Avogacía creáronse en 1998.

cando foi o impulsor da creación dos primeiros

servizos de orientación xurídica nos colexios de

avogados.

A súa presidencia, de feito, caracterizouse

especialmente por traballar neste sentido e pola

súa sensibilidade sobre estes temas, que se

canalizaron en gran parte a través da Fundación

Avogacía Española, da que é socio de honra, e

que se creou durante o seu mandato.

Nestes 15 anos leváronse a cabo diferentes

iniciativas como os Congresos de Dereitos

Humanos, onde se debate anualmente sobre a

situación das garantías da defensa dos cida-

24

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Vida Colexial

X Xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización

O Colexio de Avogados de Santiago acolleu o pasado 29 de novembro a X Xornada Xustiza e Lingua,

reflexións para a normalización. Entre os obxectivos desta iniciativa, organizada polo Servizo de

Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, estaban como cada ano a reflexión

acerca do proceso de normalización lingüística no ámbito da xustiza e a análise da incidencia das

accións encamiñadas a potenciar a lingua galega no eido xudicial.

A apertura correu a cargo de Evaristo Nogueira, decano do Colexio de Avogados de Santiago;

Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Ligüística, e Juan José Martín Álvarez, director

xeral de Xustiza.

Evaristo Nogueira mostrou a súa satisfacción

polo esforzo da institución colexial na normalización

do uso do galego en todas as súas actividades,

proceso que se comprometeu a continuar.

Valentín García dixo que “aínda quedan pasos por

diante”, pero garantiu que a Xunta desenvolverá

as iniciativas necesarias para que o galego “sexa

unha lingua de uso común na xustiza”.

Na primeira das mesas de debate, O compromiso

de usar o galego na avogacía: un antes e un

despois?, participaron as avogadas colexiadas

Patricia López Arnoso, Milagros Verde Crespo e

Henrique Monteagudo, un dos relatores da xornada

Julia Álvarez Martín.

Nos dous relatorios posteriores, participaron a

xuíza Carmen Pose Amado e Henrique Monteagudo Romero, filólogo e secretario da Real Academia

Galega (RAG). Realizouse tamén un coloquio aberto a todos os asistentes.

A xornada estivo dirixida a profesionais da avogacía, da procuradoría, da xudicatura e da fiscalía,

así como secretarios xudiciais, funcionarios, alumnos das escolas de práctica xurídica, da Facultade

de Dereito, profesionais dos servizos lingüísticos e persoas interesadas en xeral.

O decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira,

presidente do Consello da Avogacía Galega

O decano do Colexio de

Entre as competencias

Avogados de Santiago de

m á i s d e s t a c a d a s d o

C o m p o s t e l a , E v a r i s t o

Consello dá Avogacía

Nogueira, asumiu este ano a

Galega están a coordinapresidencia

do Consello da

ción da acción conxunta

Avogacía Galega, formado

dos sete colexios de avogapolos

sete colexios de avogados de Galicia dos galegos e as relacións do organismo

(Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, coas diferentes administracións, tanto local

Pontevedra, Ferrol e Vigo). Nogueira asume a como autonómica.

presidencia ata finais de 2017.

O decano dos avogados da capital

“É un orgullo e unha responsabilidade galega forma parte tamén da comisión

defender os intereses dos avogados galegos consultiva do Consello Xeral da Avogacía

e da cidadanía en xeral a través dos nosos Española (CXAE) e da súa oficina de repreclientes;

estaremos moi atentos ás novida- sentación, unha novidosa iniciativa posta

des lexislativas que afecten o sector e aos en marcha co obxectivo de fomentar e

primeiros pasos do novo Goberno formado impulsar as relacións institucionais do

en Madrid”, asegura Nogueira, que é tamén Consello cos diferentes axentes da vida

adxunto á presidencia da Avogacía Española. política, xurídica e social.

Avogacía Compostelá 25

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Vida colexial

ACORDO CON CAIXABANK PARA FACILITAR O ACCESO A CRÉDITOS

O Colexio de Avogados de

Santiago e CaixaBank

subscribiron un acordo co

obxectivo de facilitar o

acceso ao crédito dos

colexiados, así como a

outros produtos e servizos

financeiros en condicións

preferentes de mercado. O

convenio foi asinado por

Evaristo Nogueira e por

Ignacio Pascual, director de

banca de institucións.

En virtude deste acordo, os

colexiados dispoñerán

dunha oferta de servizos e produtos financeiros en condicións vantaxosas, deseñados de maneira

específica para atender as súas necesidades profesionais e reforzar a súa competitividade.

Deste xeito, os avogados gozarán, dentro da ampla oferta que lles trasladará a entidade, de

contas libres de comisións, vantaxes no acceso a préstamos e hipotecas, packs de aforro e

diversas solucións para a xestión do patrimonio.

Ignacio Pascual, director de CaixaBank, manifestou tras a sinatura do acordo o interese da entidade

de estar preto de todos os colectivos profesionais da cidade co ánimo de facilitarlles a súa

actividade diaria. Os avogados colexiados poderán beneficiarse a través da rede de oficinas de

CaixaBank en Santiago e área de influencia da carteira de produtos e servizos incluída no convenio.

ACORDOS DA XUNTA DE GOBERNO

Convocatoria de xunta xeral (2ª/2016)

De acordo co establecido nos artigos 88 e 91 do Estatuto do Colexio de Avogados de Santiago de

Compostela e no artigo 58 do Estatuto xeral da avogacía española, a Xunta de Goberno, na

sesión que tivo lugar o 25.10.2016, tomou o acordo de convocar a xunta xeral ordinaria (segunda

do ano 2016) para o día 20 de decembro, ás 20.00 h, conforme á seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última xunta xeral

2. Exame e votación do orzamento para o exercicio 2017

3. Rolda de intervencións

Aprobación do orzamento para 2017

A Xunta de Goberno, na sesión do día 25.10.2016, aprobou o proxecto de orzamento presentado

pola tesourería e a secretaría técnica deste colexio para o ano 2017. O orzamento, que acada un

importe de 859.760 euros, será presentado á Xunta Xeral para a súa aprobación definitiva, se

procede, na sesión do 20.12.2016.

26

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Vida Colexial

O máis destacable neste orzamento é o seguinte:

1. Redución das cotas colexiais

Debido á boa xestión económica dos últimos anos, aprobouse unha baixada das cotas para os

colexiados exercentes residentes, de 40 euros anuais (un 10 % aproximadamente), polo que as

cotas colexiais trimestrais para ano 2017 serán as seguintes:

Ÿ Exercentes residentes: 109,20 € por trimestre (máis censo de letrados do CXAE)

Ÿ Non exercentes: 43,12 por trimestre (máis censo de letrados do CXAE)

2. Cursos de formación gratuítos

Séguese mantendo a partida correspondente á formación, polo que este colexio seguirá a

organizar os cursos necesarios de formación continua dos seus colexiados. Esta formación

continuará sendo gratuíta para os nosos colexiados, a excepción daqueles cursos en que pola

súa especialización e elevado custo se puidese incluír algunha matrícula.

3. Subvención da póliza de responsabilidade civil

Seguirase subvencionando a póliza de responsabilidade civil cunha cantidade de 30.000 euros.

4. Bases de datos en liña na páxina web

Seguiranse mantendo as dúas bases de datos de xurisprudencia na páxina web do colexio (La

Ley e Tirant Lo Blanch), o que supón un desembolso para este colexio de 26.000 euros anuais.

NOVIDADES LEXISLATIVAS

Acordo do 22 de decembro de 2015, da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder

Xudicial, polo que se aproban os modelos normalizados previstos nas leis de axuizamento civil e

de xurisdición voluntaria (BOE núm. 24, do 28.01.2016)

Resolución do 26 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, pola que

se modifican os modelos establecidos na Orde JUS/206/2009, do 28 de xaneiro, pola que se

aproban novos modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos

obrigados á súa publicación, e dáse publicidade ás traducións ás linguas cooficiais propias

de cada comunidade autónoma (BOE núm. 59, do 09.03.2016)

Resolución do 26 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, pola que

se modifica o modelo establecido na Orde JUS/1698/2011, do 13 de xuño, pola que se aproba o

modelo para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais consolidadas, e dáse

publicidade ás traducións das linguas cooficiais propias de cada comunidade autónoma (BOE

núm. 59, do 09.03.2016)

Orde JUS/1625/2016, do 30 de setembro, sobre a tramitación dos procedementos de concesión

da nacionalidade española por residencia (BOE núm. 246, do 11.10.2016)

Orde HAP/1626/2016, do 6 de outubro, pola que se modifica a Orde EHA/3127/2009, do 10 de

novembro, pola que se aproba o modelo 190 para a declaración do resumo anual de retencións e

ingresos a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas sobre rendementos do traballo e

de actividades económicas, premios e determinadas ganancias patrimoniais e imputacións de

renda; e modifícanse así mesmo outras normas tributarias (BOE núm. 246, do 11.10.2016)

Lei 2/2016, do 10 de febreiro,

do solo de Galicia (BOE núm. 81, do 04.04.2016)

Avogacía Compostelá 27

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Ao pé da letra

“Ningún idioma alleo –por ilustre que sexa– poderá expresar en nome do noso os íntimos

sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego, se aínda somos

diferentes e capaces de existir non é máis que por obra e gracia do idioma”.

(Castelao 1886-1950)

Traballemos como galegos

Cómpre indicar que na redacción deste artigo no correspondente rexistro da propiedade en

non foron empregadas nin fontes técnicas nin lingua galega. O que “a priori” parece un caso

científicas, senón que se basea en experiencias sinxelo, na realidade presenta varias complicaprofesionais

e persoais, propias e de compañei- cións.

ros, en relación co uso do galego nos diferentes A primeira dificultade encontrarana no

eidos.

momento de acudir á notaría,

Como punto de partida,

pois en ningunha das reudebemos

afirmar que o

nións preparatorias van ser

emprego do idioma galego está

cuestionados sobre a lingua

presente na Administración,

en que desexan formalizar a

sen que o seu uso sexa algo

súa escritura, o que contravén

inhabitual tanto por parte da o artigo 149 do Decreto do 2

cidadanía como por parte dos

de xuño de 1944, polo que se

operadores xurídicos nas

aproba con carácter definitirelacións

propias do ámbito

vo o Regulamento da organilocal

e do autonómico. Este

zación e réxime do notariado.

camiño normalizador ten o

A realidade é que son moi

seu punto de partida nunha

poucas as ocasións, aínda que

prolixa normativa (Constitu-

cada día é máis habitual por

ción española, Estatuto de

solicitalo así o interesado, en

autonomía, Lei de normaliza-

que se emprega o galego na

ción lingüística...), na política

redacción destes pactos

de normalización lingüística levada a cabo e sucesorios, pois a lingua vehicular no eido

nunha importante sensibilización do funciona- notarial segue a ser o castelán.

riado.

Sendo o pacto de mellora unha figura

Pero, sendo todo isto certo, non o é menos xurídica xenuinamente galega e para galegos,

que aínda dispondo de todas as ferramentas non deixa de ser paradoxal que o idioma

para empregalo e protexelo, o idioma galego empregado na súa redacción sexa na maior

segue a ser unha lingua de uso minoritario e parte dos casos o castelán.

restrinxido en determinados ámbitos.

A segunda dificultade atoparana cando

Pensemos no seguinte suposto: Un pai e un acudan ao rexistro da propiedade corresponfillo

que queren escriturar un pacto de mellora dente, pois aínda que presenten o título en

con entrega de bens e posteriormente inscribilo galego, a inscrición (no tomo, libro ou atado)

28

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Ao pé da letra

Neste campo, é posible utilizar o galego en

todo o proceso, xa que no ámbito da

Administración de xustiza en Galiza existen

moitas normas que abordan o dereito de usar a

lingua propia (por exemplo: artigo 3 da CE,

artigo 231 da LOPX, artigos 142 e 143 LAC e os

artigos 6 e 7 da Lei de normalización

Lingüística, entre outras disposicións norma-

tivas).

Sen entrar a analizar en profundidade o

contido concreto de cada un dos artigos

sinalados, convén afirmar que todos eles lles

recoñecen e garanten aos intervenientes no

proceso o dereito a usar (no ámbito escrito e

oral) calquera das dúas linguas oficiais no

territorio de Galiza. Pero a pesar de que

ninguén pon en dúbida o dereito de usar o

galego na Administración de xustiza, a súa

utilización é minoritaria en comparación co

uso do castelán.

Unha boa parte da responsabilidade do

uso restrinxido e minoritario do galego en

efectuarase sempre en castelán. Isto obedece á

aplicación da lei hipotecaria (preconstitucional),

que evidentemente non recoñece nin

permite o uso de idiomas oficias distintos do

castelán.

Malia que a inscrición é efectuada sempre en

castelán, as certificacións acreditativas poden

ser solicitadas no noso idioma. Non obstante,

de non mediar solicitude expresa, por defecto,

serán realizadas en castelán, polo que esta

lingua novamente volve ser a vehicular.

O anteriormente manifestado supón que

non se está a acadar nos asentamentos destes

rexistros públicos a promoción efectiva do uso

normal do galego, algo que o lexislador claramente

prescribiu no artigo 9.1 da Lei de normalización

lingüística.

Seguindo co noso exemplo, supoñamos que

por motivos de interrupción do tracto sucesivo

non se pode levar a cabo a inscrición rexistral

que pretendían, e que pai e fillo deban acudir a

un expediente de dominio ante o xulgado.

Avogacía Compostelá 29

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Ao pé da letra

sede xudicial recae na

propia Administración,

pois en moitas ocasións

non conta cos recursos

necesarios para empregar

o galego. Así o evidencia

o feito de que a maior

parte dos formularios

con que traballa unicamente

están redactados

en castelán. Agora ben, outra parte da responsabilidade

debemos asumila os letrados e as

letradas, pois dende o primeiro momento

somos quen de decidir a lingua vehicular do

proceso a través dos nosos escritos e das nosas

actuacións orais.

Despois desta sucinta análise dalgúns contextos

que tomamos de exemplo, é doado concluír

que mentres o castelán opera por defecto o

galego faino por rogación, a pesar de que tanto

no Estatuto de autonomía como na propia

Constitución española

parten dun plano de

igualdade en canto a súa

cooficialidade.

Por iso, compañeiras

e compañeiros, sexamos

valentes, e que non só

vivamos como galegos

(como di o famoso

anuncio), senón que

tamén traballemos como galegos usando e

respectando a nosa lingua.

María del Carmen Gesto Beiroa,

colexiada exercente 2923 do ICA de Santiago

Araceli González Vila,

colexiada exercente 2799 do ICA de Santiago

María Vanessa Pérez Vázquez,

colexiada exercente 2153 do ICA de Santiago

Tenza

ou

tenencia?

Para os significados relacionados coa 'posesión de algo', a forma correcta é tenza. A forma

tenencia en galego serve para denominar 'cargo de tenente' ou 'oficina do tenente'.

“A tenza de armas prohibidas será castigada coa pena de cadea de un a tres anos.”

“O concelleiro ocupou a tenencia mentres se ausentou a alcaldesa.”

Ademais, relacionada co primeiro significado existe a forma tedor, -a, especialmente

referida a 'alguén que posúe algunha letra de cambio ou outro valor endosable'.

“Os tomadores e os tedores de letras terán dereito a exixirlles aos asinantes a

exhibición do poder.”

30

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

As redes sociais do colexio contan xa

con máis de 1.400 seguidores

de Peñafort e os actos conmemorati-

vos do centenario do falecemento de

Montero Ríos, coa presentación do

libro que repasa a súa traxectoria.

Outra das novas que recolleron os

medios de comunicación foi a partici-

pación do colexio no programa pioneiro

de mediación penal posto en marcha

en dous xulgados de Compostela o

pasado mes de outubro.

O Colexio de Avogados de Santiago foi

protagonista durante todo o ano 2016

nos medios de comunicación pola súa

posición en defensa de novas infraestruturas

xudiciais para a capital galega,

unha demanda imprescindible para

solucionar o colapso nos xulgados.

Á marxe destes temas, tiveron

repercusión outros acontecementos,

como a festividade de San Raimundo

Avogacía Compostelá 31

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos, homenaxe da cidade

de Santiago no centenario do seu pasamento

A edición do libro sobre a súa vida pecha o ciclo de actividades

conmemorativas nas que participou a avogacía de Compostela

Acto de presentación do libro

Fotografía familiar de Eugenio Montero Ríos

Estatua de Montero Ríos na praza do Obradoiro (1916-1928)

Pleno no Congreso dos Deputados (comezos do s. XX)

O paraninfo da Universidade de Santiago

acolleu no mes de outubro a presentación do

libro sobre a vida e a traxectoria profesional

de Eugenio Montero Ríos, no que participou o

Colexio de Avogados de Santiago.

O decano do colexio, Evaristo Nogueira,

destacou que Montero Ríos foi “un adiantado

ao seu tempo e promulgou a Lei do matrimonio

civil, que supuxo a separación entre igrexa

e Estado”. “Ademais, o Código Penal, por el

promulgado, provocou entre outras cousas a

desaparición das penas que comportaban

castigos físicos”, manifestou.

“Para nós, os avogados de Santiago, foi un

prestixio que fose membro do noso colexio”,

engadiu Nogueira, que destacou que “Galicia

foi e será un viveiro de bos xuristas”.

“Desde a miña condición de decano do

Colexio de Avogados de Compostela, foi un

pracer que a nosa corporación de dereito

público puidese participar na homenaxe a

este xurista; quizás chegue tarde, pero o

recoñecemento ao traballo de Montero Ríos é,

nunca mellor dito, de lei”, rematou.

O libro Eugenio Montero Ríos . Homenaxe

da cidade de Santiago de Compostela no

centenario do seu pasamento: 1914-2014,

pechou o ciclo de actos organizados conxuntamente

pola Universidade de Santiago de

Compostela (USC), o colexio de avogados, o

Ateneo, a Real Sociedade Económica de

Amigos do País e a Cámara de Comercio, coa

colaboración do Concello compostelán e a

Deputación da Coruña.

O ciclo Eugenio Montero Ríos: a

Compostela do seu tempo desenvolveuse no

bienio 2014-2016 co fin de honrar e poñer en

valor a figura de quen está considerado como

un dos xuristas e políticos máis significativos

do seu tempo.

No limiar da obra, Xosé Ramón Pousa

debuxa unha serie de trazos que contextualizan

a relevancia do homenaxeado. Eugenio

Montero Ríos “pragmático e liberal, é moito

máis que o impulsor das grandes reformas

legais de fins do século XIX, que asentaron as

bases da sociedade civil coa creación do

32

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Eugenio Montero Ríos

Rexistro Civil. A lei do

matrimonio civil e a

propia lei penal que, con

p o u c a s v a r i a c i ó n s ,

continúan vixentes. A súa

oratoria, non exenta de

demagoxia decimonónica,

enche as mellores

páxinas dos libros de

sesións do Senado e as

súas inter vencións,

mesmo sobre o Tratado

de París, do que foi

protagonista, recollen

unha visión autocrítica

sobre a colonización de

América, inédita na

España traumatizada

pola perda de Cuba e

Filipinas”.

Modernización

Como se sinala neste novo libro, a pertinencia deste conxunto de actos arredor de Montero

Ríos xustifícase na pretensión de reler a súa vida a súa obra, destacando que “a Compostela

actual non se entende sen a figura intelectual e política deste persoeiro, que modernizou gran

parte da lexislación española e marcou a primeira separación entre a Igrexa e o Estado”.

No plano biográfico, o limiar preséntao como un “compostelán, de orixe humilde, nado na

rúa dos Xasmíns e asentado finalmente no paraíso que el mesmo construíu en Lourizán. Tivo

unha vida política longa, asentada nunha sólida formación intelectual, como catedrático de

Dereito e case toda a vida en Madrid, na práctica profesional e na mentalidade modernizadora

que se fixo palpable en Compostela dende o impulso á primeira Gran Exposición Rexional

ata a transformación das grandes infraestruturas e o apoio a unha universidade que se

moderniza con novas titulacións e edificios”. Tamén destaca Xosé Ramón Pousa como esta

publicación é “a culminación do esforzo cidadán” alentado polas cinco entidades e institucións

promotoras do ciclo.

Os logros de Montero Ríos chegaron nuns anos fundamentais no desenvolvemento e

metamorfose da capital

galega. Montero Ríos

tamén desempeñou un

papel relevante durante a

Restauración como líder

político e como promotor de

construcións civís executadas

baixo o seu “manto

protector”, tal como é o

caso, entre outras, da liña

de ferrocarril Cornes-Carril,

a ampliación e reforma do

edificio da Universidade, a

Escola de Veterinaria, a

Facultade de Medicina e o

Colexio de Xordomudos e

Cegos.

Avogacía Compostelá 33

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

O Colexio nos medios

O Colexio de Avogados de Santiago foi protagonista durante todo o ano nos medios de comunicación pola súa posición

en defensa de temas estratéxicos para a cidade, como a necesidade dun novo xulgado do social ou a oposición

ás taxas xudiciais.

Á marxe destes temas, tiveron repercusión outros acontecementos, como a festividade de San Raimundo de

Peñafort e os actos conmemorativos do centenario do falecemento de Montero Ríos. Outras novas que recolleron os

medios de comunicación foron o incremento nas peticións de xustiza gratuíta ou o funcionamento do servizo de

asistencia ás vítimas de violencia de xénero.

El Colegio de Abogados de Santiago

participa en un programa pionero de

mediación penal en dos juzgados

Evaristo Nogueira: “Compostela está

siendo discriminada sin otro juzgado”

Los abogados homenajean a dos letradas

fallecidas y a las fuerzas de seguridad

Medalla de Oro de la Abogacía

de Santiago para José Seoane

La mediación penal, con gran tradición

en numerosos países europeos,

llega a Compostela

Santiago es la primera ciudad

de Galicia que pone en marcha un

programa para la mediación penal

La Regi n

Los abogados exigen también el final

de las tasas judiciales para

las personas jurídicas

El decano de los abogados

compostelanos asume la presidencia del

Consello da Avogacía

el CorreoGallego.es

La abogacía de la ciudad se cita

en su fiesta anual de San Raimundo

con más de 300 personas en el Hostal

Urgen otro juzgado de Familia

para la capital gallega y más personal

para el actual

Abogados, psicólogos y Concello,

juntos para poner freno a los desahucios

La Abogacía se concentra en Santiago

contra el terrorismo

Las fuerzas de seguridad que ejercen

en Santiago reciben la medalla anual

de los abogados

Nogueira: “La Justicia es la hermana

menor de la Administración porque no

vende votos”

Los abogados de Santiago premian el

trabajo de la Guardia Civil y la Policía

europa press

La Fundación Andrea recibe el premio

Derechos Humanos que otorga la

Abogacía de Santiago

Los abogados compostelanos

celebran su patrón con un acto

al que asistieron 300 personas de

Santiago por las víctimas de París

El Colegio de Abogados participa

en un programa de mediación penal

pionero en Galicia

34

Avogacía Compostelá

Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela

Hyupersa Santiago S.L.

Avda. do Cruceiro da Coruña 250

15703 Santiago de Compostela / Tlf. : 981 93 70 00

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!